IX ÉPOCA

7.9.05

Ao campo ou á encrucillada

A verdade é que as decisións de ordenación do territorio son complexas e, se un é mal pensado, pode descubrir intereses diversos en tódalas opcións técnicas. Vexan , por exemplo, o caso da futura nova autovía de entrada a Vigo desde Porriño. Concello e Fomento manteñen diferencias sobre cal debe ser o punto de chegada á cidade. Fomento prefire que desemboque na zona do seminario mentras que no Concello inclínanse porque remate no primeiro cinto (Avda do arquitecto Palacios). Estudios de custos avalan a primeira solución e os de tráfico a segunda. A cousa sería doada de solucionar cunha reunión de expertos. Pero precisemos un pouco máis. A solución de Fomento supón colocar un importante fluxo de coches "no campo" ( Auchan en francés, é decir Alcampo) mentras que a solución do Concello supón montar unha encrucillada (Carrefour en francés) na finca do Conde ( ¡outra vez!) Entón a discusión técnica adquiere novas dimensións ligadas ós rendementos económicos de grupos moi influintes. Os políticos terán que ter en conta estes intereses e, por suposto, o interés xeral. Espero que o debate sexa transparente e que poidamos saber as razóns que fundamentan a decisión. Porque pode suceder que trunfe a racionalidade e sexan os técnicos os que den os elementos para a toma de decisión pero álgúns políticos prefiren decidir pola súa conta e cesar ós técnicos que non xustifican as súas posturas.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Finca del Conde: promotor, ING Real Estate, casualmente patrocinador de Vigo05 (ver banderitas). Pendiente de sentencia por la legalidad de la licencia del Centro comercial de la Pastora (F do C). Preguntar a PP y BNG.