Faro de Vigo publica nestes días unhas fermosas estampas de la Alameda, fotos antigas que amosan o antigo esplendor deste magnífico xardín urbano e que, segundo nos conta o periódico local, teñen unha gran acollida por este necrófilo público de Vigo. Contribuímos nós hoxe a esas estampas con estas fotos que ilustran, só nunha pequena parte, a brutalidade coa que se está a tratar o xardín público que, con máis de 100 anos, é o máis antigo de Vigo, e unha das alamedas tradicionais que mellor conservan a súa esencia decimonónica en Galicia.
Nas obras municipais do contorno da Praza de Compostela entrouse a saco no Xardín. Non se ten arbitrado nin unha soa medida de protección, nin correctora, nin de amortecemento do grave impacto que supoñen as obras. Moi pola contra, estase a actuar cun salvaxismo inconcebible nunha cidade á que se lle supón un mínimo de cultura e de respecto polo seu patrimonio. Primeiro foi a colocación das casetas de obras no medio e medio do paseo central. Logo a utilización de calquera parte do espacio do xardín como almacén dos máis variados materiais ou o uso dunha parte do paseo central para aparcamento privado de vehículos. Son incontables os golpes ó arborado e a mutilación de raiceiras de castiñeiros de indias, camelias e magnolias. A referencia ó "xardín pechado" que foi, xa non existe, ó facer desaparecer calquera referencia ós seus antigos límites. O paso de vehículos pesados polo seu interior tense convertido nunha constante, incidindo moi negativamente sobre o sistema de raiceiras das grandes e monumentais árbores, e mesmo sobre a súa futura estabilidade como consecuencia da compactación da terra e as fortes e constantes vibracións. O destrozo irreversible dos sebes é unha práctica habitual que xa nos lles avergonza.
Comezaron por destruir os aligustres de Luis Taboada e aledaños que enchían de arrecendo os paseos pola zona, e que tiñan, canto menos, 50 anos de idade. Total para susbstituílos por vulgares e ridículas arboriñas de camelia. Agora tocoulle á Alameda. Posiblemente sen especial mala intención, soamente cunha descarada e atrevida incultura que obvia a existencia dun xardín histórico.
O remate da incultura e salvaxismo aparece nestes días diante dos nosos ollos: catro grandes illas de reciclaxe , están construíndose no paseo lateral do sur da Alameda, como se dunha vulgar beirarrúa se tratase.
Dende este medio pedimos que se remate con esta barbarie, que se eliminen as illas de reciclaxe e se redacte por profesionais competentes e se execute un rigoroso proxecto de restauración, seguindo estrictamente os criterios internacionalmente admitidos para estes espacios e nomeadamente recollidos na Carta de Florencia.
(clic nas fotos para agrandalas)
Anova non descarta a unión co BNG e lembra que o seu apoio axudou a Pontón
nos resultados das eleccións galegas
-
Antón Sánchez e os alcaldes de Rianxo e Sada, entre as persoas que
acompañarán a Noriega na dirección de Anova.
5 comentarios:
Moitas grazas polas vosas denuncias. É desolador como está deixando Corina este espazo patrimonial. O peor é que os dous partidos da oposición (non sei se existen en Vigo) calan coma petos. Viva a barbarie!
Grazas Brétemas polos teus comentarios e polo teu magnífico e activo blog.
O solprendente en xeral é a actitude absolutamente pasiva desta cidade. Penso que ten moito que ver coa ausencia de espacios nos que reflexionar e debater de xeito independente, sen prexuízos, sen intereses a priori. Pode ser que haxa unha carencia crónica de reflexión sobre o espacio urbano por parte das "forzas vivas", unha ausencia de referencias que impida VER. Penso que é paradigmático, neste sentido, a recuperación, por parte do poder, do discurso sobre a necesidade dos recheos na ría, cando dende hai algúns anos parecía un tema pechado, con amplo consenso entre as forzas políticas e sociais. Se cadra a recuperación do discurso procede da capacidade técnica para salvar os calados que antes facían non rendable un recheo e o inorme encarecemento dos vertidos de entullo de obra (hoxe clasificados e que deben ser xestionados por empresa autorizada). E nós, coa mala conciencia do desarrollismo, aínda dubidamos...
Debemos pelexar pola Alameda, para sabernos, canto menos, algo herdeiros da culta tradición paisaxista do XIX.
Saúdos
¡Esto funciona! (la blog, me refiero). Esta ciudad tiene, al margen de las instituciones que la manipulan, sus propios ritmos revitalizadores. No estaría mal hacer una 'quedada' en la alameda una tarde de éstas a través de ya famoso 'pásalo' ¿os parece?
Felicidades por vuestra tarea.
Felicidades por el trabajo, que estais realizando.
Un exciudadano de Vigo
Creo que aínda non está a cousa madura abondo para un "pásalo". Polo de agora eu o que fago é divulgar o voso blog por onde poido.
Sorte e adiante!
Publicar un comentario