IX ÉPOCA

6.9.09

Abel Caballero quere prevaricar co tema das multas

De ser certo o publicado pola Voz de Galicia  e o Faro de Vigo, sobre a pretensión de Abel Caballero de "conxelar" as sancións de tráfico en Vigo, estaríamos diante dunha acción claramente ilegal, e, en consecuencia, diante dun delicto de prevaricación. Abel Caballero e os seus asesores, obsesionados pola imaxe do alcalde na súa tola carreira cara á reelección, perde os papeis continuamente e se esquece, como neste caso, que estamos nun Estado de Dereito. Está no proverbio latino Dura lex, sed lex: o respecto ao principio de legalidade é a columna vertebral do noso sistema democrático. A lei de tráfico obriga, como parte insoslaiable do procedemento sancionador, a notificar ao denunciado para que identifique ao conductor do vehículo no momento da infracción e, de non facelo, prevé un forte recargo no importe da sanción. Este procedemento está sometido a prazos, o que significa que a "conxelación" que "ordea" Abel Caballero non é máis que un eufemismo para un sobreseimento xeral de tódolos expedientes de infracción pola vía de provocar voluntariamente dende a administración a súa prescripción, algo que non só é ilegal, senon moi perigoso para a seguridade vial. Supón  de feito, a impunidade para as infraccións, sexan estas as que sexan, provocando que os animais de sempre, poidan tomar ao asalto as rúas da nosa cidade, conscientes de que as infraccións cos seus vehículos poden non ser tramitadas e acabarán prescritas. Se ademais, o que pretende Caballero é "conxelar" só un tipo de sancións e outras non, estaríamos tamén diante dunha gravísima actuación arbitraria que proscribe expresamente o noso ordeamento xurídico.
Fai "pública" esta medida, ademais, nun momento no que o tema do "perdón" nas multas de tráfico forma parte da crónica penal da nosa Comunidade -como a imputación de varios cargos públicos en Lugo por perdoar sancións- e mesmo do propio concello de Vigo, que recentemente era sometido a investigación por unha multa presuntamente perdoada a un narcotraficante no que estaría presuntamente implicado o ex-xefe da policía local.

O grao de deriva do goberno municipal é xa tal que publicita ata a súa intención de incumprir a legalidade... esperamos que a fiscalía tome nota e actúe, se finalmente se leva á práctica, contra esta iniciativa que, co exclusivo interese de gañar "popularidade" para o almirante Caballero, atenta contra a nosa seguridade vial e contra o Estado de Dereito.

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Si si, pero que bien habla en el programa de tv de televigo, charlas co presidente ou algo así.... jejeje. Al final son todos los políticos iguales, unos perdonan multas, otros hacen oidos sordos y no ven casas ilegales, otros....lo que está claro que si yo tuviese alguna multita de estas no me importaría que me la perdonase.

XERARDO dixo...

Home claro, como non as vai querer retirar si xa encheron o peto a rebosar con os Calviño-booys

Pablo Eifonso dixo...

Xerardo, evidentemente non entendiches, nin penso que queiras entender, o publicado. A teima Calviño-Santi non che deixa ver o bosque, seica.
A medida pretendida, por máis que moitos infractores lle vexan evidentes vantaxes, é, sinxelamente ilegal, e levala á práctica tal e como o enuncia reiteradamente o alcalde, pode ser delicto de prevaricación. Ademáis dunha solemne estupidez polo lameiro de recursos e contrarecursos no que se quere meter de cabeza o noso almirante.

Galopin dixo...

Solo dos cositas sobre el tema. ¿Recordáis lo de la denuncia a un familiar mio por una infracción sin fecha, sin hora y sin artículo infringido? La notificación -segunda, de la primera nunca se supo-, fué recurrida en tiempo y forma. Ayer nos comunicó la agencia encargada del recurso que la sanción fue anulada sin más explicaciones.
Hago mío un comentario de un lector ayer en la prensa local, y que creo que es el quid de la cuestión: todo este berenjenal en el que se metió Caballero parte de un hecho creo que trivial, el querer identificar al conductor de un coche aparcado y vacío en zona XER, cuya sanción es de 32 euros. ¿Es o no es afán recaudatorio querer aplicar 300 euros más por un hecho así?
¡¡Joo que tropa!!

XERARDO dixo...

Sí, Pabliño entendinho, ¿Pero que mais lle ten o ABEL-FANTASIAS o tema da prevaricación?
Seica o aprova o PLAN XERAL a porta pechada e soi cos amigos do partido, no e prevaricar?
¿Pasoulle algo? Que eu saiba non...
Pois iso.
Por certo, o bosque nunca o vin tan claro como dende que falei contigo a ultima vez, e sa pasou algun tempo. ¿Non sí?

Insisto, faino por populismo trasnochado e porque levan recaudado en multas mais do doble do que pensaban recaudar en todo ano. Prevericación aparte.

Salud y Republiica

Pablo Eifonso dixo...

Galopín: o problema non é que "queiran" sancionar con 300 euros: é que están obrigados a identificar ao conductor porque así o dispón a lei, pois de non facer ese trámite, non poderían tramitar a sanción. E se é así, para que queren a XER?
O que deben facer, se fosen coherentes é, sinxelamente, eliminar a XER, para o que teñen plena competencia, e todos contentos. Pero o problema non está só na XER ¿que pasa coas sancións do rádar? tampuco as cobran por se non son quen de que o infractor identifique ao conductor?
O post vai de como un alcalde se pasa o principio de legalidade por onde lle colle... Cal é o escándalo, que agora cobren as multas ou que nonas cobrasen (según e cando...) antes? cal é o escándalo, que nos traten a todos igoal diante da lei, ou que, por intereses particulares (e particulares son os que manifesta o alcalde, "asustado" porque pensa que pode perder a pouca popularidade que lle queda por facer cumprir a lei) se sobresea o expediente aos que a el lle conveña? Non é abrir máis a porta á corrupción ao introducir abertamente e sen control a arbitrariedade como principio?.