IX ÉPOCA

27.6.09

Machucando o coraçao


Esa pedra que vedes na praza da princesa foi colocada nova hai oito anos. Hoxe mesmo están levantándoa para substituila, co plan Zapatero-subgoverno BNG-. Non tedes perdón,este acto salvaxe só pode explicalo a corrupción e a sinrazón. Non esqueceremos tanta dor na memoria cando votemos no 2011.

Editado 28.06.09, por Pablo Eifonso (con permiso de Ana Pinténs, subo aquí algúns dos meus comentarios á entrada):

Non hai ningunha razón para levantar o pavimento da praza da Princesa. Basta con lér a memoria do programa Urban Vigo (na web do Concello de Vigo) para decatarse de que a actuación improvisada e millonaria do Plan E no Casco Vello é un escándalo de proporcións delictivas próximas á malversación. Nesa memoria recóllese, entre outras, a ficha desa actuación rematada no ano 2001:

REDACCIÓN DEL PROYECTO
Javier A. Franco Rabuñal, Vicente Pintos
Santiago, Javier Mariño Rodríguez y
Manuel Toucedo Rodriguez
SUPERFICIE DE PAVIMENTOS
2.000 m2 renovados y/o rehabilitados
INFRAESTRUCTURAS
Saneamiento: 153 m
Conducción eléctrica: 75 m
Conducción telefónica: 214 m
Conducción alternativa: 340 m
Conducción alumbrado: 350 m
Puntos de luz: 35 uds.
MOBILIARIO URBANO
Bolardos | papeleras: 3 | 4 uds.
Bancos | árboles: 22 | 8 uds.
Elementos de ornato: 1 ud..


Nesa mesma Memoria indícase ademais que a instalación do novo pavimento de Princesa fíxérase aproveitando as restauradas pezas orixinais da praza.
Pero o escándalo non remata aí -aínda que sexa o lugar máis chamativo-: estanse a levantar rúas, executadas ou non dentro do Plan Urban, que non presentaban especiais problemas (a non ser a habitual falta de mantemento que sofre todo o Casco Vello) e que contan cun pavimento executado coa forma, despece e materiais tradicionais. Especial delicto ten a destrucción do pavimento da rúa San Bernardo, caracterizado por un singular acabado apiconado, que se destruíu a golpes e substituíu, dentro da tolemia despilfarradora do chamado Plan E, por perpiaños de corte e acabado industrializado en grantito gris alba, que nada ten que ver co rústico habitual nos nosos cascos históricos.
O mesmo ocorre na rúa da Ferrería (non confundir con Abeleira Menéndez), na que se levanta un extraordinario pavimento de chapacuña, rachando coa diversidade e amenidade de pavimentos característica do noso barrio. Na rúa Poboadres (traamo ata o Paseo de Alfonso), na que só hai algúns meses se realizara un bo traballo completo de rehabilitación do seu precioso pavimento de lastros, actuouse levantando todo o recén arranxado, non se sabe para nin por que. Coa escusa de poñer cableado, destruíuse o pavimento de perpiaño tradicional da rúa Joaquín Yáñez -en perfecto estado coa pátina do paso do tempo- para substituílo polo anodino granito gris alba industrializado.
Cun grao de ignorancia e atrevemento inédito na cidade (que xa é cicir!), o bigoberno BNG está a proceder a unha inaceptabel homoxenización da fachada horizontal da cidade histórica, homologándoa co modelo C.Porro inaugurado no ensanche e destruíndo así o noso patrimonio cultural.

Os "proxectos" para o Plan E no Casco Vello foron elaborados, nun mes escaso, por unha enxeñería que de xeito ousado e absolutamente irrespetuoso coa historia e o sentido común, levanta e substitúe pavimentos recén colocados e/ou en bo estado, reinstala instalacións soterradas renovadas hai escasamente oito anos, volve colocar ducias de rexistros variados en superficie (que estaban ocultos baixo os perpiaños con argolas sinalizadoras para evitar o terrible efecto estético de "campo de tapas") e vulgariza ata a náusea o espazo público, eliminando para sempre as pátinas, texturas, córes e matices que producen os materiais, despece e colocación tradicionais. Un lifting de tenda de cosmética que acaba para sempre coas enrugas que amosan o tranquilo paso do tempo nas rúas do barrio e borra par sempre as nosas pegadas.

Se lémos a normativa do PERI Casco Vello, que é de obrigado cumprimento nas obras de urbanización nesta zona, todo resulta aínda máis escandaloso: nas obras do Plan E incúmprese sistematicamente o planeamento aprobado para esta área, cámbianse pavimentos catalogados e ignóranse os "criterios regularizadores" recollidos no Proxecto de normalización de elementos do espazo urbano do Casco Vello", tal e como se indica na páxina 79 da normativa urbanística do PERI.

Tal desaguisado ten unha explicación sinxela: ao bi-goberno BNG tocoulle unha lotería de 20 millóns de euros do Plan E. Sen "territorio" para gastalos en obras de urbanización (que son as fáciles de redactar no escaso mes de prazo que daba o Fondo Estatal de Investimento Local -Plan E-), antes de quedar mal renunciando a tan sabroso pastel económico, os listillos do BNG decidiron investir no Casco Vello a metade do premio. Como non tiñan rúas abondo en mal estado na zona (co programa URBAN rexenerarase boa parte do espazo público, e renováranse as instalacións soterradas, como pode comprobarse na memoria citada), decidiron reurbanizar rúas en bo estado, coa truculenta escusa de instalar ¡rede separativa de fecais e pluviais!. Fáno, precisamente, nunha zona que polas características do seu caserío e sección do seu rueiro, non é factible poñer máis saneamento en condicións, nin é imprescindible. Non se lles ocorreu que tal separativa si é obrigada na conca Urzaiz-Colón, que é unha desfeita, e cuxa non existencia é a responsable dos vertidos contaminantes á ría en momentos de chuvasco ao mesturarse as fecais e pluviais cando entran en carga os colectores. Claro que tal obra está na sección bi-goberno do PSOE e non é cousa de regalarlles cartos!: as necesidades da cidade sonche outra cousa ouh!

Estamos diante dun caso inaceptable de derroche de fondos públicos, tan necesarios para proxectos medioambientais, educativos e culturais que son os que realmente xeran calidade de vida e riqueza sostibel. O BNG tira pola borda boa parte dos 10 millóns empregados no casco vello, aínda que, afortunadamente ao non ter mais territorio, tivo que empregar os outros 10 noutros proxectos que si xeran valor engadido.
Caso á parte é o do bi-goberno do PSOE. Do escándalo da súa actuación no Plan E falaremos noutra entrada.

Meu deus! 54 millóns de euros que lle tocaron a Vigo do fondo estatal para combater a crise económica, -repartidos tanto para ti, tanto para min-, tirados en beirrarúas!!.

FOTOGRAFÍA: J.Albertos. Vigoenfotos.com

14 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dixo...

Totalmente de acordo. Parece que o plan consiste en poñer beirarrúas, mesmo en sitios onde non facían falta. O de Torrecedeira, por exemplo, na zona universitaria, non estaba mal. Canceleiro, en troques, segue igual.
Algún día haberá que investigar o lobby do granito.

arume dos piñeiros dixo...

Pasei por aí: as pedras están reservadas na praza da Princesa. Creo. Hai que enterarse. A ver se podes saber máis.

arume dos piñeiros dixo...

Elvira Lindo trata semellante asunto.

andresrguez dixo...

Esta pedra, será a Chinesa ou a do Porriño que se ía moito do presuposto ?

Remo dixo...

Oláa!!

Dende logo, qué mal pensados sodes carallo!!! O choio de levanta-la pedra case recén posta ten unha explicación máis sinxela e romántica: O encargado da obra de remodelación da Praza da Princesa perdeu o anel de pedido que lle deu de agasallo e sinal de compromiso a súa moza. Ese homiño leva oito anos desesperado en un sin vivir dando-lle voltas ao maxin (en parte porque xa non atura a moza -agora muller- de tanto que lle lo bota na cara tódolos días e, por fin lembrou-se de onde pudo perder tan prezado anel. O que non sei é se as pedras as estará levantando pola súa conta ou se aproveitando a riada de millóns se acollería a esa "lotería" que di Pablo.

En serio, onte case me facedes ir a Vigo só por ver "in situ" se esa desfeita-estrago e despilfarro é certo.

¡¡Qué vergoña!!!

Saúdos!!

Pablo Eifonso dixo...

Se a pedra é galega ou chinesa nono sei. Seica alguén que pasa por este blog con diversos alcumes si o sabe. Pero fáltalle darnos algunha proba do que di, porque nos palés figura fabricante do Porriño (na maiorñia) e portugués (nalgúns). Tampouco nos estranaría que fose importada, pero iso debe dicirse con algo máis que con catro baralladas.

Galopin dixo...

La desfachatez del dúo Caballero-Domínguez está llegando a alturas estratosféricas. Que conste que me estoy conteniendo para no escribir aqui lo que realmente siento acerca de esto y del deplorable des-gobierno municipal. Por cierto, es casi medianoche del martes 30 de junio y no consta que Caballero haya dimitido aún a consecuencia del fiasco del AVE en 2012. Pero claro, supongo que no se puede pedir ética política a alguien que no sabe qué cosa es la ética personal.
Abusando de la amabilidad de Vigoblog déjenme poner aqui la respuesta de Iñaki Gabilondo a una pregunta de un oyente en una entrevista digital realizada hoy. La pregunta era sobre la corrupción política, y esta es la respuesta: "Me decepciona la miopía de los partidos políticos, cuya capacidad autocrítica es nula. Me decepciona que no les inquiete el alejamiento tan ostensible de las nuevas generaciones. Me parece que la política y la democracia, como todo en este tiempo, debería atreverse a cambiar, a transformarse, a cuestionárselo todo. A los partidos les está pasando como a la Iglesia, están convencidos de que manejan unas verdades sagradas y creen que eso les ahorra la necesidad de adaptarse a la realidad."
Por desgracia, aun nos quedan 695 días de aguantar a estos tipos, ¿y saben que es lo peor de todo esto?, que van a perder las elecciones a manos de una indivídua que no sabe hacer la O con un canuto y cuyo mayor mérito profesional es el de cambiar vendas y poner tiritas en un hospital. Todo ello ante todo un ex-ministro de Felipe, profesor de Universidad y ¿novelista? de escaso éxito.
¡¡Jooo que tropa!!

Anónimo dixo...

Pero, un poco de seriedad, que quiten a ese SANTI DOMINGUEZ de donde está, que tontería es esa de que para incentivar el comercio te pagan el vitrasa. Pero no hay nadie el BNG que le diga algo a este tipo, como tiene SANTI DOMINGUEZ la cara dura de presentar esto a la prensa, pero alguien en su sano juicio piensa que estas medidas ayudan al comercio?. Por favor pongan a una persona con un poco de nivel, no digo nivel cultural, ni de talento, con un poco de sentido común es suficiente.

ABEL-FANTASIAS dixo...

¡¡Homeeee!! Pabliño, que digas ti iso, ofende.

A pedra e de China e de baixo coste polos defectos que trae, co tempo sabrase e tamen coma todo olvidarase.

Un exemplo: O familiar "famoso" do abogaducho dos asuntos "persoais" do tenente, dende ahi mais de cen anos facian unhas camisas pra os barcos, dende ahi uns anos, puso a toda la plantilla na calle e as trae de China, eiqui as sellan, embalan e lle poñen a etiqueta Made in Spain e as mandan polo mundo adiante coma si foran feitas eiqui. E iso que son uns patriotas españois e levan o cristo a costas.

¡¡Si chegan ser uns ENEMIGOS DE ESPAÑAAAAAA!! Mamasiña que medo.

Agora ben, preguntallo ti a Abelaidas e mais o RIVAS-HORMIGONES ou si non o de MOVIS-VIAL, ese que di o Patio de Cachamuiñas de os no Faro, que se pasea polo Concello coma si fora o mismisimo alcaldiño.

Boa noite e non o borres.

Anónimo dixo...

Hay sitios que la piedra se empieza a poner negra y eso que aun no se estreno.

ABEL-FANTASIAS dixo...

La verdad, verdad... Sí son de China, espero que la piedra sea tan dura como el partido comunista que les gobierna y no como la chingada que se vende en las tiendas de ese mismo país, porque como estamos estrechando tanto las calles, no queda sitio para aparcar y si ustedes van por poner un ejemplo a dejar un enfermo em Povisa, tienen que hacer como hace ya todo dios, subir el coche encima de las aceras. Vamos a ver cuanto duran enteras las piedritas chinas...

Pablo Eifonso dixo...

A selección da pedra é un asunto transcendente, non só por cuestións estéticas, senon especialmente funcionais. Un dos elementos críticos é a aparición en determinadas pedras de musgos e liquesns que poden poñer francamente feo e mesmo esbaroso o pavimento. As lousas que están retirando da praza da Princesa conservaban perfectamente o seu aspecto inicial (coa típica porquería da polución) sen ningún tipo de musgos nin liquens.
Canto máis voltas lle dou a isto, máis escándalo me parece. Pero a cidade segue durmindo no berce das barbaridades, derroches e corruptelas dos seus gobernantes.

Galopin dixo...

¿Y qué podemos hacer Sr. Eifonso? Además de vociferar en el desierto, ¿aplicamos la solución Honduras? Mientras los medios de difusión locales, por llamarles de alguna forma, como el Faro de Chapela, trate las noticias locales con despachos de la Agencia EFE, y las de Ourense con firma de corresponsal, ya me dirá... Y mientras Radio Vigo (o sea, Cope2) aproveche para entrevistar a la Sra. de Palmírez para hablar del fallecimiento de un personaje local, o a Calviño para decirnos que el tráfico y el transporte público son una maravilla, y que lo del botellón está arranxado y que las entradas para Leonard Cohen están vendidas ¿qué nos queda? ¿son esos los problemas reales de Vigo?
¡¡Jooo que tropa!!

Ana P dixo...

Si é hora de pensar que podemos facer.