IX ÉPOCA

5.6.09

Artes e Oficios: un conflicto tipicamente vigués


A ubicación dos servizos públicos esenciais para a cidade son sempre ocasión de conflicto. O caso da Biblioteca é un bon exemplo para detectar as características que este conflictos adoitan ter . Fagamos un repaso.



  • O modelo de cidade. Goberne quen goberne todos están de acordo nun modelo de cidade que centraliza as institucións culturais de prestixio e están pechados á posibilidade de promover o desenvolvemento da cidade en zonas verdadeiramente poboadas fomentando procesos de valorización de outros entornos que se deixan en mans da iniciativa privada.

  • A toma de decisións. Sempre se fan de forma precipitada e personalista. Son ideas (?) repentinas dun pequeno grupo que non se molesta en consultar con ténicos ou expertos. A falla de preparación das alternativas queda claro na substitución dunha alternativa por outra sen maiores explicacións ou nas disensións do propio equipo gobernante. Noutros casos encárgase a unha autoridade de prestixios que plantexa solucións faraónicas para a galería ( a depuradora de Corina en Silleiro ou o porto de Caballero)

  • O papel das oposicións políticas. Normalmente non hai alternativas e o único que se fai é criticar os procedementos dos gobernantes ou a súa ineficacia por non atopar solucións. Nadan e gardan a roupa sen compremeterse nunha solución.

  • As outras oposicións. Diante de cada conflicto aparece sempre o colectivo dos afectados arroupados nunha leximitidade superior ó resto dos cidadáns. Sen embargo os servizos públicos son de interese xeral e tanto a biblioteca coma a Escola de Artes son servizos públicos e sobre a súa ubicación e funcionamiento tódolos cidadáns e cidadás podemos opinar. Os nosos representantes elexidos están para iso pero, evidentemente, non cumplen co traballo para o que foron elexidos. O mesmo pasa co galego, a depuradora, o carril bici, as obras de humanización, etc.

  • A resolución dos conflictos. Normalmente o conflicto resólvese pola via de non facer nada e deixar as cousas como están. Os mecanismos son diversos: aproveitar a diferencia de cor política das institucións implicadas, encarecer a solución ata límites inalcanzabeis, deixar madurar o problema ata que apodrece ou facendo una enquisa estúpida donde os resultados poden ser lidos do dereito e do revés.

Conclusión: Vigo non terá Biblioteca.

1 comentario:

Marcos Andión dixo...

Joder, Lorenzo, me dejas sin nada que añadir.
¡Nikelado!