IX ÉPOCA

10.9.08

Gaspar S.O.S.

Os colegas da redacción de VB encargáronme que xogase con Photoshop para colocar ao arroás embaixador Gaspar gañando a carreira de Powerboat, co dorsal do noso Blog. Ía facelo sobre a lenda "¡Nós imos de Gaspar!", cando leo na Voz de Galicia a advertencia de Gremmar sobre o perigo real (eu que pensababa que o seu único nemigo sería un descontralado do país!) que corre o golfiño vigués, ao ter establecido o seu territorio habitual, xustamente, no lugar onde esta cara tolemia de ruido e queroseno, chamada "Campeonato del mundo de Powerboat" fará as súas probas, entre Bouzas e Punta Lagoa... e non fun quen nin de abrir o programa de retoque fotográfico.
Se xa estaba convencido do sensenso, derroche, corruptela e inutilidade deste evento, o seu impacto sobre a nosa ría, exemplificado no posible asasinato de Gaspar, faime reafirmarme, aínda máis, na irresponsabilidade dos que, para o seu beneficio, programan semellantes productos comerciais en lugares da sensibilidade ecolóxica e fraxilidade da ría de Vigo.
Entéirome ademais de que o promotor en España de tal Campionato é outra vez Mario Ubiaga (a súa última empresa chamábase Ubiagrandal, S.L., pero pode que agora cambiase de razón social, como xa fixo varias veces antes -Produccións Ubiagandre, Mario Ubiaga Producciones Vigo...), un proveedor de oportunidades (esta vez culturais) de eventos varios que tivo o seu maior momento de esplendor con C. Porro, naquel outro acontecemento do mundo mundial que colocou por enésima vez a Vigo en el mapa (e aos vigueses nun estúpido limbo dos xustos paga-nos): a Cowparade (lembran?)...

Salvemos a Gaspar. Libremos a nosa ría dos que a utilizan como se fose o circuíto de fórmula 1 da dereita valenciana.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Nos quejamos de visio, Sr. Eifonso. Yo también pensé que esto de las rejatas de lanchas era un paripé a mayor gloria del Teniente Domínguez, pero quiáaaa... Escuchando hoy al mediodia al tal Sr. Ubiaga largando en Radio Vigo Cadena SER (la otra COPE, jejejeje), me convenció de que estamos ante el acontecimiento que nunca los mares vieran (Grand Prix of The Seas, ¡ahí queda iso!) ya que nada más y nada menos que 250 millones (y lo pongo en letras para que no haya dudas)de personas asistirán atónitas ante sus televisores a tan magno evento a través de las Cuarenta (también en letra) cadenas de TV acreditadas. Lo malo es que al tal Sr. Ubiaga se le deslizó un pequeño error al afirmar que los derechos de TV del evento los tiene Eurosport. ¿no eran 40 cadenas acreditadas? jejejeje. Le juro por Snoopy, Sr. Eifonso, que antes de escribir esto me he dejado los ojitos en la web de Eurosport para ver la programación del fin de semana ¿y sabe qué...? efectiviwonder; en la parrilla de Eurosport para el fin de semana no hay nada de las susodichas rejatas de lanchas, asombro of The Seas. Le juro Sr. Eifonso, que el sábado bajaré al puerto a contar las 40 cámaras de TV acreditadas.
¡¡Vaya tropa!!

Anónimo dixo...

¡¡FAJANJASTO!!

Hai que montar moitos circos que veñan ahi al autonomicas e os bacos agora seica non andan moi ben de fondos e co que deben os da "A JALIZA" a banca e as caixas, xa puxeron o teniente a recaudar...

¡¡Pobriño jaspar!! Esperemos que no revente unha merda desas na ría porque entonces van dregadalo de tenente a "cabo chusqueiro" que pra o que vale