IX ÉPOCA

16.9.08

ARNSV rexeita a PBP1 (R)

Remitido por A Ría non se Vende:

A Ría Non Se Vende rexeita a celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat P1) en augas da ría de Vigo, por representar unha nova afronta e agresión á súa bioloxía e ecoloxía en xeral, unha temeridade, un atranco ó tráfico marítimo e un malgasto de diñeiro público.
Denunciamos que os arredor de 30 barcos monocasco, con 2000 Cabalos de potencia e velocidades de máis de 150 kms. por hora van provocar unha enorme contaminación acústica, tanto supra como submariña, e un elevado consumo de combustible, provocando así mesmo contaminación atmosférica con gases de efecto invernadoiro de clara incidencia no cambio climático.
A contaminación acústica submariña ten graves efectos sobre a fauna e particularmente sobre os mamíferos mariños, como os arroaces.
Así mesmo, ao celebrarse nas proximidades da estación marítima, tamén vai supor un atranco ó transporte da ría.
Por outra parte os máis de 300.000 euros que vai custar o evento nos parece un malgasto inxustificable en tempos de crise económica e o peor é que van ser sufragados con fondos públicos pagados polo Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria.
Responsabilizamos ao goberno municipal de Vigo PSOE-BNG e á dirección do Porto desta nova afronta, que non muda acontecementos similares anteriores de gobernos pasados, e denunciamos que sen embargo non é de recibo que despois se nos diga que non hai diñeiro para comprar unha relíquia histórica coma o Hidria II.
Os mesmos organismos que non son quen de resolver os graves problemas crónicos que afectan á saúde desta ría, non dubidan en dilapidar grandes sumas de diñeiro promocionando actividades paletas e insalubres, circos aéreos e acuáticos que constitúen a antítese da educación medioambiental necesaria. E para iso desvían fondos que serían de gran utilidade para afrontar os enormes problemas que temos prantexados en gran parte pola súa incompetencia permanente.

6 comentarios:

MERLO MERLIÑO PONTE A SUBIAR dixo...

Tedes toda a razon do mundo.

¡¡UN DESPILFARRO!!

E se din de esquerdas...

Anónimo dixo...

Demasiado non, non, non. O mesmo NON de sempre.

Anónimo dixo...

Perdonar un cambio de tema.

En la Universidad de Vigo se ofrecen Créditos MEC subvencionados por el Ministerio de Educación y Ciencia y una entidad bancaria (la que los ofrece). Hasta aquí todo bien.
Formalizas el crédito, aportando toda la documentación que te piden, abres la cuenta universitaria que te éxigen y todo lo demás. Al cabo de 8 o 10 días te dicen que la comisión bancaria dio el visto bueno al Crédito, te depositan el dinero y te hacen un seguro. Al cabo de un mes o mes y medio te llaman y te dicen que: Querido alumno su crédito pasa a prestamo bancario porque el Ministerio agotó los fondos. En fin te sientes estafado. VCas a donde papá y se lo cuentas, papá se acerca a la sucursal y después de increparles le dice que quiere cancelar todo. Le dicen que no se preocupe que como tiene un añoi de carencia en ese tiempo no genera ningún interés ni gas, por lo tanto el banco le brinda ese año. Pero transcurrido el año cuando lo vas a cancelar te cobran los interese. Te vuelven a engañar, En concreto que te "soplan" 1000 Euros. Y nadie se hace cargo de nada. Por eso creo que deberíais investigar el tema y realizar un buen post.

Gracias.

anónimo do por que dixo...

Anónimo do non:
¿Será posible que NON quede ninguén un pouco de esquerdas no BNG vigués, ademais do hipotético colectivo de muditos, agradecidos, pero muditos?

Anónimo dixo...

É certamente curioso: en principio, eu pensaría que o NON é de dereitas. Sen embargo, en Galiza o NON tamén é de esquerdas. Visto retrospectivamente, eu diría que a esquerda nacionalista apropiuse do termo. Maís aló, o NON é a palabra favorita dos galegos. O NON se alternativas, claro. De entrada NON, ¿hai algo más galego é de esquerdas neste país noso? Resposta: de entrada NON. Por certo, así faise país.

Anónimo dixo...

Norabóa, estádevos a convertir nun medio alternativo. A xente ven a Vigoblog a denunciar todo tipo de inxustizas en lugares de acudir á prensa (para qué, verdade? Só publican aquelo que non atenta contra os interees dos seus anunciantes) ou mesmo as asociacións de defensa dos consumidores. Cada vez somos máis os que os leemos, porque en Internet está verdaeira independencia, non no Faro, non na Voz... Quiá, xa me foron dous NON.