IX ÉPOCA

2.9.08

Eventos para unha crise

Cos fastos da Volvo, C. Porro organizou (co chanchullo do convenio con ING) unha carreiriña de Powerboat. Daquela pagouselle á empresa privada que vai vendendo este invento (BOAT GP WORLD S.L.), a cantidade de 270.000 euros, o custo da elección de Vigo como un dos lugares de desenvolvemento da proba en 2005. Daquela, tamén a Xunta de Galicia decidíu exprimir os cartos dos contribuíntes e trouxo a Vigo outra megaregatiña desas que venden por aí, e pagou 360.000 euros por que viñera a Vigo outro acontecemento mundial (aínda que vostede, lector, nono saiba), o Campionato do Mundo Multicascos.
O tenente Domínguez, nunha nova demostración empírica de que o poder homologa a calquera formación política, decidíu traer a Vigo outro acontecemento sinigoal que colocará, por enésima vez, da mesma maneira cós anteriores, a Vigo no mapa. Esta vez o vendedor é distinto do que lle colocou a carreira a C. Porro. Se en 2005 era Boat GP, en 2008 será Powerboat P1. Daquela patrocinou e pagou os case 50 millóns de pesetas das de antes, unha empresa privada, ING Real State, con intereses inmobiliarios en Vigo. Desta volta, e á vista dos patrocinadores oficiais, serán os presupostos municipais (sección bigoberno BNG) os que pagaremos ao promotor deste evento comercial disfrazado de "deporte" (!) os posiblemente máis de 300.000 euros que custará traer este ruidoso cirquiño á nosa maltratada ría.
O Campionato do Mundo de Powerboat P1 é un deses productos comerciais que se levan a aqueles sitios que están dispostos a pagar a millonaria taxa correspondente, e que os espabilaos dos gobernantes venden á poboación, aínda por riba, como unha "alta xestión", en dura competencia con outras cidades, co sacro fin de colocar Vigo no mapa. Máis da mesma trapallada, pero para algúns moi proveitosa: o custo real do invento do tenente Domínguez será moi superior ao custo da taxa que cobrará o escuro empresario promotor. Polo medio hai todo un paquete de publicitación do invento (podemos ver estes días mupis, lonas e autobuses con publicidade a todo trapo), que costará moitos miles de euros e que irán a parar ás axencias de publicidade e medios de comunicación de sempre. E, de paso, poderemos poñer no noso album dos horrores, outra carísima foto de Santi, vai ti a saber, igoal emulando ao noso almirante Caballero sobre o avión -el non vai ser menos-, montado sobre os centos de cabalos dun boat en plan Stephano Casigari de andar por casa.

A proposta de Vigoblog

En novembro do ano pasado xa comentabamos a ocorrencia do tenente Domínguez de estudiar traer a Vigo o choio este do Powerboat, e titulabámolo "Máis traineras, menos boats, please". Nesta mesma liña, hoxe Vigoblog propón que o diñeiro que se lle vai dar a unha empresa privada por enchernos a Ría de máis ruído e contaminación, se empregue, por exemplo, en mercar -antes de que o faga alguén de fóra de Galicia- o vapor de bandeira viguesa Hidria II, que acaban de poñer á venda os seus admirables propietarios, incapaces de soster cos seus medios este importantísimo elemento do noso patrimonio marítimo, rescatado por eles hai algúns anos cun meritorio esforzo e ilusión.
Se coa PowerboatP1 só quedará na ría gasolina queimada en tempos de crise e máis ruido contra a nosa manda de arroases vigueses, a merca do Hidria II deixaría en Vigo para sempre un barco institucional de alto valor patrimonial e útil uso turístico, cultural e educativo. E restañaríase así a ferida que se producíu cando, pola incuria institucional, se desguazou para sempre o compañeiro inseparable do Hidria na ría de Vigo, unha xoia náutica, o alxibe a vapor, construido en 1905, Roberto, que ata o ano 1996 estivo activo no subministro de buques no noso porto, e foi vergonzosamente desguazado despois, sen que ninguén fixese nada por impedilo.

19 comentarios:

Marcos Andión dixo...

¡Fajan jasto!, parece ser el único principio de actuación para políticos de medio pelo. Mientras tanto a los mismos que promocionan gastos inútiles en plan "panem et circensis", se les llena la boca con lo de la crisis.
Con los tiempos que corren (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/09/02/0003_7106213.htm) y siguen, como si no fuera con ellos, venga a mega gastar en mega proyectos mega carísimos y mega innecesarios. Pero hay que mantener lleno el pesebre.

Anónimo dixo...

la crisis la llevamos soportando mucho tiempo en nuestra ciudad, y la primera crisis es la falta de alguien digno que pueda estar al frente del concello, y eso que sólo pido dignidad.
Por una purga real, voto en blanco.

Anónimo dixo...

Breve carta al Teniente Dominguez.

El Teniente Dominguez tiene escolta personal las 24 h. con coche oficial.

Durante años , la idea de “estatuto nunca mais, bases constitucionais” fue par mí una metáfora ciática que en realidad nada significaba.
Pero todas las paredes de Galicia estaban pintadas con dicho eslogan, afortunadamente acabaron siendo pintadas solamente con “nunca mais” recientemente.
El teniente Dominguez ya no admite pintadas de denuncia de conflictos laborales.
Hay que ser experto en la fisica de las nubes para comprenderlos.
Sólo durante una conversación informal, ocurrida estos dias, llegué a advertir por entero la amplitud e importancia del teniente Dominguez.
Mantiene un equipo de profesionales dirigidos por su escolta personal (expolicia); usando el vehiculo oficial dia y noche con la intención de asustar a los sindicalistas que le plantan cara en las piscinas municipales.
El susto nunca daña a nadie.
Lo que daña el espíritu es tener siempre encima alguien que te denuncie y te diga qué haces y qué no haces.
¿Cómo puede ser? ¿Cómo se puede perder el norte de esa forma?
Es una técnica difícil la tuya teniente Dominguez.
¿Por qué te haces tanto lio?
Como de costumbre, diriges la atención a donde no debes.
En estos momentos no sabes si vas o vienes.
Te tomas demasiado en serio. Te das demasiada importancia. ¡Eso hay que cambiarlo! Te sientes de lo más importante, y eso te da pretexto para molestarte con todo. Sin duda, piensas que con eso demuestras tener carácter. ¡ Eres débil y arrogante!
La arrogancia es otra cosa que hay que dejar, lo mismo que la historia personal.
Cuando uno no tiene historia personal, nada de lo que dice puede tomarse como una mentira. Tu problema es que tienes que explicarle todo a todos, por obligación, y al mismo tiempo quieres conservar la frescura, la novedad de lo que haces.
Bueno, pues como no puedes sentirte estimulado después de explicar todo lo que has hecho, dices mentiras para seguir en marcha.
No se puede prescindir del espíritu. Y tú no lo tienes.
Preocupate de eso y no de tus fotos.
A veces , la proyección de imágenes desacertadas debilita el carisma que es indispensable para estabilizar el liderazgo.
Teniente Dominguez, la mediocridad es el mejor camuflaje que se conoce.
OS PEIXES A ARDER.

Marcos Andión dixo...

Me he tomado la molestia de escudriñar la página de la Powerboat P1 "linkada" en el post, y he entresacado unas "perlas" que nos dejan bien a las claras que el objetivo de "poner Vigo en el mapa" no va a ninguna parte del modo que Santidominguez pretende que creamos.
Para empezar, en la página se citan los "sponsors" del acontecimiento mundial de referencia, a saber: Tenencia de Alcaldía, Concellería de Deportes, Porto de Vigo, Turismo de Vigo y Guerin (una empresa de alquiler de coches). Digo yo si un acontecimiento de tal "magnitud" no consigue otros patrocinadores por algo será.
Y vamos a lo del mapa. En la portada de la página de Powerboat P1 se cita Spain como próximo evento. Pero, luego, si se entra allí, ya habla de Vigo, que es uno de los puertos más importantes de España, que tiene más de 300.000 habitantes y una gran actividad cultural, de la que sólo cita el museo Verbum (Casa das palabras), además de indicar que hay esculturas, como el Sireno (obra de Paco Leiro) e históricos monumentos como el Monasterio de la Visitación de las Salesas Reales, "un edificio modernista con cierto aire medieval". También cita el Casco Vello, donde dice que hay magníficos comercios (¿?) e históricas construcciones (como no se den prisa en venir a verlas...).
¡Hala!, a rañala.
Por cierto, Santi, en la página se dice que el idioma de Vigo es el Español, aunque en algunos sitios se habla inglés.

Pablo Eifonso dixo...

Home, Marcos! o do Mosteiro das Salesas é unha magnífica información... sobre todo para os vigueses. Obra de Antonio Palacios, é perfectamente inaccesible e non visitable, nin para locais nin para turistas, perdido no barrio de Teis e miragrosamente salvado da especulación... polo de agora. O de citar as Salesas de xeito case exclusivo entre os "monumentos" de Vigo, é das cousas máis exóticas que teño visto na singular promoción do turismo vigués. Serán exquisiteces do powerboatp1, inaccesibles tamén á comprensión dos mortais que queimamos menos gasolina.
Im-presionante.

Marcos Andión dixo...

Con decirte que, en cuanto vi que era el único monumento citado, me dije que éstos andaban con la berza a las carreras fueraborda y que se referían al edificio de Madrid, que sí se conoce y se puede visitar.
Tras caer en la cuenta de que se trataba de los restos del que fue monasterio en Vigo, lo que me llamó la atención es que siga ahí, escondido y sin que lo conozca ni dios. Debe ser por eso que no llegó a comprarlo Karpin para añadirlo a su colección de piadosos inmuebles (Cluny, Salesas de A Coruña, Asilo de las Hermanitas de los ancianos Desamparados, Jesuitas de Camposancos y Barrio del Cura).
Señor, ¡qué cruz!
Por cierto, los textos referidos a Vigo de la página en cuestión son meros resúmenes apresurados de la página de Turismo Vigo y traducidos al injlés. Muy de agradecer que no digan eso de que no conviene dar la mano a los aborígenes. ¡Chapeau!

Anónimo dixo...

O problema de Santi (e dos políticos en xeral) é que recurren á máxima: non basta con selo, hai que parecelo. Coma non teñen as cualidades que debe ter un responsable político andan dándolle voltas á cabeza para ver qué poden facer pra escurri-lo bulto. Como non ten cultura recorre a pésimos asesores que o único que saben é invertarse trapalladas coas que gasta-los cartos dos cidadáns.
Así, parece que Santi fai moitísimas cousas. Vai de alá para acá, está en actos, sae nos medios,... e todo é fume.
¿Algo do que levan facendo neste Concello está pensado para mellora-la vida dos vigueses? ¿Ou está pensado para contentar a intereses privados?
Gracias por deixar desfogarme.

Marcos Andión dixo...

Merlo, despide a tus asesores; hace tiempo que no voy por As Travesas y no tengo puñetera idea de quién estaba con "o bárbaro do Celta". [;-)]
Leonardo: nada mejor que un desahogo de vez en cuando. Con sentidiño, claro está. Suscribo lo que dices, lo que pasa es que no les sale nada bien, porque se les nota que quieren parecer lo que se les ve que no son.

Anónimo dixo...

Si!, en galego, vai sen tilde e cun só signo de admiración. En galego só temos un "si", o de afirmación.

O argumento do que custa traer o espectáculo en cuestión habería que contrastalo cos cartos que deixa, e ollo!, sendo este un espectáculo deportivo. E aínda que elitista polos seus participantes, segue a ser deportivo e non bélico coma o dos cazas e a ver que país "a ten máis grande".
E en litros de derivados do petróleo e ruído tamén gaña o 2º.
Recoñecéndome independentista, aínda que só viñeran avións de países que se independizaron de España, seguiría sen interesarme o máis mínimo este evento.
Si, ao mellor, o que montou Red Bull no Porto, no que hai unha competición deportiva entre os pilotos e as súas avionetas(que tamén consumen menos cos cazas).
Espectáculo que si vendeu á cidade do Porto no mundo, como ao mellor xa comprobástedes nalgún telexornal.
http://www.youtube.com/watch?v=LkMv0Sa45t8

Non son poucos os galegos que saíron da aldea co posto e humildemente colleitaron algo, non lles fixo falta ser alcaldes,concelleiros ou calquera outra caste de políticos á soldo para ter un chalé en Baiona.
Dígoo, porque as acusacións que aquí se fan de roubar ou de alcolismo son do máis rastreiro por parte deses anónimos, que por non probar, nen tan sequera expresan de que carallo van esas reclamacións laborais dos das piscinas.

Xa comprobo, como destes comentarios se fan responsábeis os propios autores de Vigoblog, i é que deben cumprir o punto nº3 para "Participar en VB". Nen "simplesmentes, malintencionados" son...

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo, o beneficio que deixa na cidade o campionato do mundo de PowerboatP1 do tenente Domínguez = beneficio que deixou na cidade a mesma proba realizada por C.Porro no 2005 = - 300.000 euros (como pouco)... tanto unha como outras estaban, ademais, bendecidas por deus misericordiosos e ecuánime. Amos anda!

Pablo Eifonso dixo...

A seguinte lección de galego resérvaa, se eres tan amable, para quen as precise (haiche moitos nos tempos que corren). As licenzas gráficas, se non che importa, deixa que as administre eu como me pete e me dea a gaña. En calquera caso alégrame que entendeses que o "cartaz" sobre o Hidria II, estaba escrito no noso idioma e non en castelán... por certo, que che parece a proposta sobre o Hidria (con ou sen til no i? -non tilde, que é castelán, por certo-).

Noutra orde de cousas: dos mesmos argumentos xustificatorios do derroche, baseados no de cotexar "custos" con supostos "beneficios", falamos xa abondo nun dos posts publicados en VB sobre a Universiada. Recoméndoche vivamente, xa que vexo que nono fixeches daquela, que repases os argumentos que naquela data escribira: pincha aquí .

Valeranche eses argumentos para entender como en Porto, á exhibición de acrobacias civís de Redbull se lle pode tirar rendemento e aquí non. En Porto, estes eventos, ben organizados, en xeral suman: a cidade está declarada patrimonio da humanidade e programa sobre unha base moi sólida da que absolutamente carece Vigo. O que alí pode ser investimento, aquí é, sinxelamente, derroche, gasto e corrupción. O que si che podo asegurar sen ver ningún telexornal é que Porto é coñecida no mundo por cousas ben diferentes á proba de Red Bull ¿non si?. De tódalas maneiras estou completamente aberto para que me convenzas de cales e de que maneira se artellan os supostos beneficios do da Powerboat. Pero primeiro debes respostar á pregunta sen consultar internet: ¿en que cidade se celebrou a anterior proba do Campionato Mundial de PoweBoat?

Outra: para tranquilizar a túa conciencia sobre a nosa opiión da exhibición aérea militar do almirante Caballero, podes ver tamén aquí, o que publicamos (creo que fumos ops únicos que entraron a saco en tal despropósito).
Grazas por pasar por aquí.

Anónimo dixo...

Estimado Marcos: dice ud. que ha "escudriñado" la tal pagina de Powerboat. Yo tambien lo hice, y a sus perlas, agrego las mías, con perdón. Restaurantes recomendados: Club Financiero Vigo (¿?¿?¿?¿?), Las Bridas, en el que al plato estrella es el Carpaccio de Octopus (uséase, pulpo) con melón!!!!!!!!!!!! El Mosquito (cualquier tiempo pasado... etc) y La Oca... ¿La Oca? ¿no estuvo de moda hace quince años?
¿Y el programa de festejos? Espectador Platinum VIP, 800 eurazos un día, o 1.250 los dos días. Eso sí, champagne desde las 10 de la mañana hasta que el cuerpo aguante. Pit Babes espectaculares, barco privado para las carreiras... ¿empezamos a imaginarnos al Teniente Domínguez en medio de tal sarao?
La megalomanía de algunos no tiene límites.
¡¡Qué tropa!!!

Anónimo dixo...

grazas por corrixirme o "til", a min non me produce trauma algún. É máis, prefiro que me corrixan antes de seguir errando.
E se ese "si" era en castelán eu só o vin no teu "post" en galego e na columna da dereita en riba dun "é noso!"(tamén en galego). Igual pequei de atrevido...

Trapalladas aparte, estou coa conservación do Hidria II.
Non estou en contra de que Vigo organice a Universiada ou a Powerboat. Estando en contra coma o que máis do malgaste(gasto en exceso) e da corrupción(que será demostrábel e xudiciábel).
Non sei onde foi a anterior proba da Powerboat, e tampouco a anterior á do Porto organizada por Red Bull, só sei que a Ría de Vigo ten unha paisaxe para lucirse en tódalas canles internacionais que emiten esas competicións.
Tes aquí a "Television Coverage"
http://www.powerboatp1.com/partnerships/televisioncoverage.aspx

Para tranquilizar a miña conciencia, como votante bloqueiro, algúns deberían aclararme eses comentarios que non son nen "insultantes, inxuriosos, calumniosos ou, simplesmentes, malintencionados."
Porque do contrario serían eliminados, segundo as regras deste blog.
E o das piscinas, que tanta palabrería nesa carta en contra do "Teniente Domínguez", e nada da problemática deses traballadores.

Anónimo dixo...

BoNenoGalego
Penso que a maioria que escribides todo isto sodes un resentidos. Ides en contra de todo. Tes que escribir as tuas curiticas nun miserable Blog, por que non es mais que un periodista fustrado. gostaríame dicirte a cara varias cousas antivigués. Eu estou orgulloso da miña cidade e de que se traian eventos de esta categoría. Penso que millor que escribir nun blog devirias marchar a unha corte cos porcos. A si si que estarás entre a merda que penso que he o que mais che gusta.
Marcha de Vigo, e deixa que a xente siga loitando por esa proxección e colocación no mapa que nos merecemos. O dito, vai pa o cortello resentido do Carallo. Santi, a Universiada non saiu, pero sigue loitando. Toda España estanos a ver na volta ciclista. De iso non dis nada rau jaliñan do carallo. As tuas críticas estan escritas con merda xa que pa ser crítico e bo redactor primeiro hay que ser persoa, e ti non es mas que un porco resentido. Cantas mais cosas se fagan polo nosa cidade e po Galiza mais xodido estárás, Pampano. Disfrutemos de estos eventos e deixemor de leer tanta merda deste blogeiro jalicoso. Deixa de escupir pa riva qu inda te vai cajar unha gaivota paspallan

Vigoblog dixo...

Non alimentamos trolls.

Anónimo dixo...

...Aunque nos lo pasemos bárbaro con algunos de esos. Pensar que el voto del último anónimo vale lo mismo que el de cualquiera pone los pelos de punta... ¡Pobre Vigo!

Anónimo dixo...

¡¡¡MAMASIÑA!!! El "teniente" ya solto sus perros talibanes...

¿Acaso está nervioso el teniente SANTI?

Anónimo dixo...

BoNenoGalego ten de bloqueiro o mesmo que de galego falante, é dicir, nada!

O anónimo anterior a "el rusiñol" coincide no argumento do ministro franquista, Manuel Fraga Iribarne contra o sufraxio universal.
Demócratas de toda la vida...

Anónimo dixo...

O anónimo anterior a "el rusiñol", coincidencias aparte, asegura que unha ironía é unha ironía, e un despistado é iso mesmo, un despistado. Un pouquiño máis de acougo na análise das coincidencias semella que non estaría de máis, benquerido anónimo posterior a "el rusiñol".
Seica non entendiches a coña crítica encol da capacidade de algúns de pasar por aquí. Unha cousa é o sufraxio universal e outra cousa é a sua sacralización para non poder empregalo irónicamente.
O que quería dicir, xa que non o comprendiches, é que todos podemos votar, pero non todos semellan discorrer.
Pesia tudo, eu estou a prol de que o teu voto vala tanto coma o do anónimo ou o meu.
No caso do Bo Neno Galego, seica ten que ser moi neno porque, ainda que non sei como falará o galego, a escribir aínda non lle aprenderon. Ou sexa que ou aínda é moi neno (polo que desbardalla), ou non é tan bó (polo que di) ou non é tan galego (por como escribe), aínda que cré que ser do BNG, ou votalo, xa abonda para ser galego, bo e neno.