IX ÉPOCA

6.8.07

Dá comezo a Volvo do BNG

Dámos oficialmente a saída da particular Volvo do BNG vigués: a Universiada. Nada mellor para esta sinalada ocasión que un viaxeciño a Bangkok dunha delegación* ad hoc por 48.000 euriños de nada dos presupostos municipais de vostedes e meus. A cousa promete pois a carreira durará ata, con sorte, o 2013. Ou sexa, aínda queda moito por gastar.

Vaian sumando, señores e señoras, poñan a caixa a funcionar, estamos aínda nos preliminares da GRAN IDEA:
  • Pasta para conquerir ser designada Vigo como "candidata oficial": dura pugna de méritos (pasta) con Murcia, especialmente
  • Pasta para conquerir ser designada, despois da dura pugna con nonseicantas cidades do mundo mundial, sede do maior acontecemento deportivo do planeta (despois das Olimpiadas)
  • No máis que improbable caso de que nos toque, e despois de ter gastado todo o necesario para tal cousa, non se preocupen, aínda teremos que gastar máis para preparar á cidade para tan magno e definitivo evento que colocará, outra vez máis, Vigo no mapa e visualizaremos por fin, da man de Santi, A Marca.
Unha oportunidade ¡oiga!

* Unha das expedicionarias, concelleira non electa, Elena Maure, vai, segundo La Voz, na súa condición de arquitecta. Descoñecemos cando e como aprobou as oposicións a tal posto de técnica no Concello de Vigo, pero vaia vostede a saber!

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Caso de haber "pasta" abondo pra conquerir ser nomeada Vigo coma sede dese acontecemento deportivo, en qué espazos físicos se desenrrolará tan fausto evento??.....

Desesperada dixo...

pues pasaros por las nuevas posesiones beneguistas en la primera planta del concello, pasta no habrá, pero para remodelar toooooooodo con nuevos materiales y pintura ecológica hay dabondo!

Anónimo dixo...

Acabo de prender 276 velas a todos los santos del cielo y del infierno, para que esta parvada la gane Murcia o cualquiera de las otras infelices candidatas del planeta. Lo de siempre, se gastan todas la neuronas en inventar como sacar dinero de hasta las piedras del fondo de la rìa, lo cual ratifica una vez màs que todos los polìticos pertenecen a la misma raza (rapaces), en castellano. ¿Bankog?. Que exòtico y que cool.
¿Quien se va a perder ese paseito gratiñan?.

Anónimo dixo...

Estimado Pablo.

Alégrome de poder comprobar lendo a prensa de hoxe, que os esforzos en favor de de soscaurel parecen non ser en balde. Oxalá, esas 20.000 firmas sirvan para todo o seu propósito

Anónimo dixo...

Seica pagámoslle tamén a viaxe a Bangkok á muller de Gago. Claro, pobriña, para unha oportunidade que hai de viaxar de balde tan lonxe!
Pois nada, agora que aos médicos puxéronlle restriccións para pasearse coas súas señoras gratis en Congresos e demais eventos polo mundo adiante, é a hora das señoras dos rectores, que non van ser menos e teñen moito dereito acumulado.

Pablo Eifonso dixo...

SOSCourel... penso que cómpre non baixar a garda. Xogámonos moito.
Saúdos!

Anónimo dixo...

...Mientras Suso Paz acaba de despedir del puerto a los "asesores" de Abel. De ser ciertas las cifras que circulan por ahí, el número es de auténtico escándalo. Todos metidos en la nómina del puerto un año antes de las municipale. Entre los perfiles, un afamado poeta de Nigrán. ¿Acabarán ahora en el Concello?

Anónimo dixo...

Bendita ironía, más claro agua clara y fresca manando!!!

Gran blog! plas plas plas

Anónimo dixo...

Vaia!...
Nóta-se que se escomenza a "Visualizar"... Cando entrou no mando o grupo de Castrillo, Toba, Santi e os demais, fixérono coma cohibidos, tentando impoñer normas de reducción de gasto, coma aquel que non come pra non cagar. Pro agora, ve-se que a experencia da soltura e gusto polo gasto. Agora xa pensan coma todo quisque: total que máis da, os cartos son do Axuntamento....
O caso é "Visualizar"!

Anónimo dixo...

E Chus non dì nadiña de nada. Seique ista de "avanzada" en Bangkong.

Anónimo dixo...

O grupo de Catrillo cando entrou, a pesar dos seus buratos intelectuais e morais, tiñan algo que non teñen estes: vergoña.

Anónimo dixo...

Vale. Reivindicar a estas horas la moralidad del grupo de Castrillo (Toba, Santi, etc.) me parece una salida de tono. Recordemos Finca do Conde: por lo visto, cambiar radicalmente de postura para aprovechar los rendimientos de ING, es una demostración de vergüenza torera. Pues si que estamos aviados.
La estupidez de irse a Bankog (o como se diga) para patrocinar un acontecimiento que desde hace años ni merece una línea en los medios de comunicación, no creo que sea la mejor forma de promocionar Vigo. Espero que, por lo menos, el viaje les sirva a algunos para desprenderse del pelo de la dehesa, aunque no creo que lo consigan.
¿Y la señora del rector qué pinta en todo esto? Hay miles de formas mejores de gastarse nuestro dinero que la de hacer turismo.