IX ÉPOCA

10.8.07

Mañán, no Courel

Recibido na nosa redacción:

Amigas e amigos:
O día 11 de agosto, celebrarase a partires das 11 da mañá e ata a noite, en Froxán (no Courel)a “Festa Revolta”, en favor da paz cultural e ambiental desta Terra e de todas as Terras: http://www.arredemo.info/arredrupal/node/86

Neste enlace: http://soscourel.blogspot.com/ :

- Resumo do programa cultural do día 11.
- Cartel-anuncio da festa, para quen o queira imprimir.
- Mapa do Courel coa situación de Froxán.
- Como chegar a Froxán.
- Posibles aloxamentos.

En http://soscourelsos.blogspot.com/

- Marabillosas fotos paraíso-contraste-canteiral
A ter en conta para a Festa Revolta:
- Levar comida e líquidos, para non ter que desplrazarse por todo o Courel na procura habituallamento.
- Bañador por se vai calor, incluso muda de reposto.
- Zapatillas de recambio por si se nos ocorre facer ascensos, descensos e vadeos polo río Lor.
- Alegría e aparellos de música e outras gaitas !!
- Pero sobre todo aparcar os vehículos de xeito que non atranquen o normal discorrer dos vieiros e estradas. É preferible andar 3 quilómetros e non pasar o día intentando saír dun “atasco rural”

Sinaturas
Tamén celebraremos o día 11 de agosto os resultados parciais da inmensa campaña social, levada a cabo de xeito espontáneo por todas e todos:
- Cando aínda non pararon de chegar a Santa Eufemia, acosada pola “catástrofe”, as sinaturas de apoio ao Courel, levamos xa contabilizadas máis de 20.000, superando amplamente a barreira das 15.000 que se esixen no Parlamento da Galiza para poder presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular”. Estas sinaturas serán presentadas o martes, día 7 de agosto, ás 12:00 horas ante os Medios de Comunicación no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela(Avenida da Coruña, 6 baixo).

- O Vídeo do Courel http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o foi visitado na Internet máis de 377.000 veces, é polo tanto coñecido por máis de 400.000 persoas.

- Os Medios de Comunicación deron a coñecer os problemas do Courel en toda a Galiza, e a través da Internet por todo o Mundo.
(...)

O Courel, 3 de agosto de 2007
soscourel@mundo-r.com

R.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Mañan.....e todos os dìas, si non perdese. Avisados estades.

Anónimo dixo...

Si alguen dubida en que vai acabar que se pasee pola zona do Barco de Valdeorras