IX ÉPOCA

15.8.07

Non poñamos tódalas flores na mesma maceta.

Polo visto é imposible que esta cidade saia da dinámica infernal da "centrofilia". Parece haber un convencemento profundo de que non existe unha estructuración mellor que aquela que divide o territorio nun centro de prestixio e unha periferia residencial cos servicios mínimos. Dela non escapan nen o partido do Sr. Alcalde - pesía ter escrito no seu programa que a cidade terá que ser policéntrica- nen os seus compañeiros de goberno - que propoñen unha rede de bibliotecas de segunda para as parroquias- nen sequera alguns colaboradores/as deste blog que, se ben con intereses distintos, tratan de matar dous paxaros dun tiro, propoñendo a instalación da prometida Biblioteca no antiguo colexio de Cluny.

Non creo que a importancia dunha biblioteca deba medirse polo edificio que a contén. Aínda que teñamos a sospeita que o libro pode chegar a ser un obxecto museizable, supoño que o que buscamos é unha institución que arredor do libro ( da información, do intercambio) establece lazos cos cidadáns que vaian mais alá do respecto reverencial. Non vexo porqué temos que asociar as institucións culturais sempre con recipientes de alto valor histórico ou patrimonial.

Aínda así, e postos a buscar emprazamentos singulares, estarían outros moitos que, sen dubida, gsutarían os arquitectos/as chamados a remodelalos: a fábrica de Alvarez en Cabral, a antiga fábrica de salazón en Guixar, a fábrica de Alfageme en Bouzas, o edificio Bandeira no Calvario, un dos institutos das Travesas, etc. Alternativas non faltan e ademáis, desde o punto de vista económico, non sería maís custoso unha obra nova e posiblemente máis funcional.

E, donde están os usuarios potenciais da biblioteca? Viven na súa maioría no chamado centro da Cidade? Non hai no centro bibliotecas diversas (Caixanova. Penzol, Ferro, Artes e Oficios) para considerar servida - e ben servida- esa zona?

Para facer unha cidade policéntrica non chega con subvencionar as institucións veciñais e instalar catros salas de estudio. Hai que espallar institucións centrais que promocionen vida ó seu redor. Que fagan que sexa tan natural coller o bus desde Matamá á Porta do Sol como desde Rosalía de Castro ós Caños. Entendo que así camiñaremos para facer unha cidade mais igualitaria e, por enriba, máis cidade.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Magnifico y serio enfoque.
Me adhiero.

Raquel Lopez dixo...

Compañeiro Lorenzo:
Los lugares y edificios que propones no están nada mal, como tampoco Cluny o el Vicerrectorado; cierto es que este último está en una zona de alta densidad demográfica. Claro que la propuesta que aquí realicé no la motivaba un 'bello envoltorio'. Lo de un nuevo edificio funcional, estoy de acuerdo, puede incluso resultar más económico. Cierto, también es que las bibliotecas que citas son, en realidad, prolongaciones de las aulas, y por si fuera poco, sus fondos: lamentables. La zona centro, entonces, no, no está servida para nada. No obstante, esa biblioteca que ha prometido el nuevo Ministro para esta ciudad... que la pongan en marcha ya y en el edificio que más barato resulte, pero que no se convierta en un aula del 'insti' en la que casi nunca se solicitan sus fondos, y quienes sí los solicitan casi siempre no encuentran donde sentarse.

Pablo Eifonso dixo...

Benquerido Lorenzo. Temos falado e coincidido moito no tema do Centro. Tamén discrepado nalgúns aspectos e, agora, neste en concreto. Penso que o centro urbano cumpre e ten que cumprir un papel diferente na cidade có resto do territorio municipal. O primeiro, en Vigo especialmente, recuperarse como lugar con plurialidade de usos e calidade urbana... pero fundamentalmente o de servir como elemento identitario, como lugar de referencia e pertenza a unha comunidade identificable máis alá do barrio. Este factor identitario é un factor de desenvolvemento e hai que coidalo. No centro urbano, que normalmente coincide co lugar da súa orixe, atópase unha trama urbana histórica, con edificios significativos e servizos do que se vén chamando o Distrito de Negocios. E determinados equipamentos e servizos están e deben estar aí, reforzando a posición identitaria dese lugar. Isto non ten que ver, dende o meu punto de vista, coa potenciación dunha desigoaldade, senon, pola contra, coa estructuración razoable e coherente do conxunto. Situar a Biblioteca estatal (tal como eu a entendo, cun forte carácter central -non xeográfico- e importancia institucional) neste legar non debera significar situar bibliotequiñas noutros lados, senón escalar estas de xeito que atendan con eficacia as necesidades culturais do conxunto da poboación. Non sei como entende a rede bibliotecaria o BNG ou o PSOE (no pacto de goberno incríblemente só falan da "Gran" biblioteca estatal) pero é perfectamente posible e compatible "centrar" unha, para qeu cumpra ademais un papel de reforzo do carácter identitario do centro histórico, e construir outras de calidade atendendo a criterios territoriais e de densidade de poboación. Para isto, o Concello debera incluír nos seus orzamentos anuais -tal incestimento é inédito na historia democrática da cidade, se excluímos os parciais e cofinanciados adicados daquela no programa URBAN para as bibliotecas Central e Penzol- partidas específicas en función dun programa expreso, temporalizado e co seu correspondente plan de viabilidade e financiamento.

Longo debate para este agosto de turnos na redacción ;-)