IX ÉPOCA

28.2.07

Ves?

Xa o diciamos en decembro de 2006. O PXOM de Vigo era tamén ilegal polo seu tratamento do patrimonio cultural. Xa recibira daquela o informe negativo dos técnicos municipais e da Xunta de Galicia do PP. Agora, tarde, mal e arrastro, Ángela B. reacciona e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (BNG) emitíu -pola porta de atrais e de xeito vergonzante- o seu novo e inevitable (agás descarada prevaricación) informe desfavorable. Outra vez máis, acertamos cando diciamos que de aceptar o documento como estaba "para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en mans do BNG, unha pataca quente, pois se acepta a redacción aprobada polos seus concelleiros vigueses, estará incorrendo nunha grave, por chamalo suavemente, deixación de responsabilidades e dando categoría normativa a un perigoso antecedente. Ánxela B. saberá o que fai...".

A quen haberá que esixir responsabilidades por ter emitido o informe preceptivo completamente fóra de prazo? que intereses particulares se defendían cando se fixo así?.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Curioso la coincidencia de fechas...
¿Al Bloque no le preocupa el patrimonio se la ciudad?
Y el PP ¿por qué oculta ese informe?
Menudos políticos tenemos...¡Cualquiera se fía de ellos!

Anónimo dixo...

En Lugo si han tenido en cuenta esos informes desfavorables de Patrimonio, confio en que el Bloque no esté actuando de mala fe.
No veo tan importante para la ciudad que la aprobación del plan se retrase un poco. El PP y el Bloque deberían ser los primeros interesados en no dejar flecos sueltos ¿Y la salida sur? ¿Y la conexión del ferrocarril con Bouzas?
Esas sí que son cosas fundamentales para nuestra ciudad

Anónimo dixo...

Es incomprensible que hayan estado años sin modificar todas esas cuestiones del plan y ahora demanden que la Xunta lo apruebe rapidamente...No importa qué plan, lo importante es que cuele...
A ellos no les importa el plan que resulte pero a los ciudadanos sí y le pedimos a la Xunta que no se precipite y que si tiene que retrasarse unos meses dicha aprobación que no importa, que lo que nos preocupa a los ciudadanos por encima de todo es la calidad del documento...

Ramón Barrientos dixo...

Menudo papelón o da Conselleira de Cultura, "tapando" a incompetencia dos do BNG de Vigo a base de incumprir gravemente as súas obrigas institucionais. A propia orde da Consellería da Política Territorial recolle textualmente en relación cos informes sectoriais preceptivos emitidos sobre o PXOM:
"En materia de patrimonio cultural, consta a emisión en data 5/10/2005, de informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en sentido desfavorable.
En data 28/04/2006, o concello solicitou a emisión dun novo informe, certificándose polo titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno Local, o 24/07/2006, que non se tiña recibido o informe solicitado".

Polo que agora declaran, parece ser que as múltiples irregularidades en materia de patrimonio cultural, xa recollidas en informes municipais e autonómicos, foron ocultadas pola Consellería xestionada polo BNG e, ao parecer, "negociadas" nos cuartos traseiros, ao amparo das sempre incómodas miradas dos cidadáns.
Que se vaian.