IX ÉPOCA

24.2.07

Un tren de novos ricos

Sorprende que neste momento de exaltación local-ferroviaria aparezan algunhas voces que cuestionen o gasto dunha infraestructura como o AVE. . Vaia por diante que considero ó tren como o medio de transporte do futuro. A encarecemento dos combustibles e a necesaria reducción de emisións contaminantes irá deixando fora de xogo á coches e camións, a autobuses e avións. O tren, magnífico invento que pode correr impulsado polos aeroxeneradores do Paradanta, polas augas do Sil ou polo sol de Almeria, será o noso futuro. E sobre todo, será o futuro para mover as mercadurias. Porque as persoas na sociedade da información xa vivimos no planeta como Cunqueiro na rebotica de Mondoñedo, con todo un mundo a golpe dun botón. Pero a diferencia de D. Alvaro o noso mundo non é o da fantasía senón o das transaccións comerciais, finacieras, de comunicación en tempo real. Cada vez é menos necesario o desprazamento e, caso de selo, non importa tanto a velocidade porque a tecnoloxía é móbil e seguimos conectados no tren, na estación, no metro ou no tranvía.
A clave está en poder mover os productos, como sinalaba Prada . En sacar das carreteras milleiros de camións contaminantes con conductores cada día máis explotados poñendo vidas en xogo. Por tanto ¿a que necesidade resposta unha obra que vai remover toneladas de terra e consumir millóns de euros? ¿Media hora en tres horas de viaxe para un reducido número de persoas poden xustificar tal empresa? ¿A satisfacción localista e competitiva de catro axentes sociais e suficiente?
Se analisamos as necesidades sociais da nosa área cae de caixón que non é o "tren de ricos" o que precisamos se non unha rede de trens de cercanías que nos permita ir e vir de Salvaterra, da Guarda, de Redondela o de Ourense. Mentrás as cidades enmerdanse co incensante movemento de coches particulares, os nosos inefables axentes sociais seguen facendo o pranto por un AVE por Cerdedo. E incomprensible, de novo, que a Federación de Algunhas Asociacións de Veciños e os sindicatos de traballadores sexan hoxe os entusiastas abandeirados dunha reinivindicación que a penas terá repercusión sobre o benestar dos veciños e traballadores.

O AVE por Cerdedo é un tren de novos ricos, un gasto suntuario para quedar ben que según afirman os técnicos nunca será amortizado. O que precisamos é un rede de ferrocarril que evite os miles de desprazamentos en coche particular, que achegue os servicios sanitarios á toda a área de influencia, que permita a mobilidade dos estudantes universitarios e de F.P., dos traballadores e dos turistas. Canto de todo isto non faríamos co inxente presuposto do AVE por Cerdedo!

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Bien dicho. Tienes toda la razón.
Una buena red de cercanías será la solución en el futuro ¿talgos?

Anónimo dixo...

Eso sí que sería una buena planificación para Galicia. Antes de dar un paso habría que sopesar todas esas posibilidades, quizás gastando lo mismo se podría conseguir vertebrar todo nuestro territorio con lo que eso supondría..
Enhorabuena por el post

Xosé Manuel Carreira dixo...

Non debemos renunciar nunca a unha boa rede de cercanías mas que ninguén esqueza que se non solicitamos o AVE agora xamais o teremos. Unha rede de intercity semirrápidos con dobre vía electrificada e o que xa ten o País Basco, Madrid e Cataluña desde hai dúas décadas. Imos quedar só con iso, pois? Pensan que o País Basco vai renunciar ao seu AVE?

O AVE galego na miña opinión será empregado fudanmentalmente por executivos de empresas. O tren é moito máis cómodo, non hai que facturar e as estacións están próximas ao centro das cidades. Empresas é precisamente o que desexamos e é este tipo de usuario o que debemos coidar, aínda que sexa un tren de ricos.

Anónimo dixo...

Primero comunicarnos entre nosotros y despues el ave o la gallina que mas da, si lo que importa es llegar al curro...

Anónimo dixo...

Felicidades!!!! Acabas de descubrir el agua tibia.

Anónimo dixo...

Vaya.... hay alguien que piensa igual que yo. Habrá alguien más en Galicia que piense de igual forma..... Como es que desde hacer años vengo dandole vueltas una y otra vez al tiempo que se tardará en que los politicos empleen la cabeza de una vez. o es que no se hacen las mismas preguntas que nosotros.
Porque para cruzar Galicia de norte a sur tengo que pagar el uso de una autopista para poder hacer los 150 km que lo separan en un tiempo razonable y no eternizarme por una carretera nacional dejada de la mano de dios.

Porque no utilizar un tren de cernanías que pueda facilitar el transporte a diario de viajeros entre las principales ciudades en los principales tramos horarios de entrada y salida del trabajo.
Porque si quiero ir de Mos a Vigo no puedo utilizar un transporte público adecuado que me permita dejar el coche en casa.

Todas y estas preguntas o otras más, se las deberían trasladar a consultoras como la famosa "Consultora Gallega" para que aporten soluciones viables a todos los ciudadanos.

Porque si voy a diario a trabajar en autobus y trabajo a jornada partida, me tengo que dejar la cantidad exagerada de 0.72x4=2.88eur/dia.
De este modo no hay quien pretenda sugerir al ciudadano que deje su coche y utilice el autobus para desplazarse por Vigo.
Este coste equivale a andar en mi coche particular en torno a 50 km diarios. Cosa que ni por asomo realizo. Conclusión utilizo el coche...

Anónimo dixo...

El sentido común, el menos común de los sentidos,se utiliza poco..

Anónimo dixo...

El beneficio neto de AUDASA en el 2006 fue de 51 millones de euros, un 23,9% más que en el 2006.Y eso que la subida de entonces fue del 0,4%menos que el IPC...
Este año desde enero sus tarifas han subido un 0,85 más que el IPC,o sea que las ganancias van a dejar bien cortas a las anteriores.
Esa decisión del señor Fraga y de su conselleiro Cuiña supone una sangría continua para todos los gallegos que usamos la autopista y un buen pelotazo para los que se hicieron con una autopista ya amortizada.....
¿Esa es la preocupación del pp por los gallegos?
Vemos que a base de destrozar lo público han enriquecido a unos pocos. Lo mismo les da destrozar lugares protegidos que vender el patrimonio de todos

Anónimo dixo...

Cada vez hay más diferencias...
Las ganancias de los bancos y de muchas empresas son de vértigo...
Y nuestros sueldos ¿cuánto aumentan?

Anónimo dixo...

Obviamente vai facendo falla un servizo de cercanías. Pensar que hai anos o tranvía chegaba a Porriño e que hoxe para quen traballe nos polígonos industriais é practicamente imposible empregar o transporte público para chegar alí... en fin.

Por outra banda: Galicia, comunidade productora de enerxía eléctrica só ten un tramo de vía electrificada.

Anónimo dixo...

http://hoxe.vigo.org/foros/read.php?f=4&i=179&t=179&lang=gal

Estudio informativo AVE OURENSE VIGO

NIN SIQUERA SE PODE LER EN VIGO?

30 DIAS NATURAIS PARA ALEGAR...!!!

http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?lang=gal¬icia=8785