IX ÉPOCA

18.2.07

Finca do Conde: o requirimento da Xunta de 1999

Os fundamentos xurídicos da Resolución da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia de febreiro de 1999, sobre o PERI III-02 Finca do Conde:

CONSELLO DA XERENCIA DE URBANISMO
SESIÓN EXTRAORDINARIA DO DÍA 23 DE MARZO DE 1999

Na sala de sesións da Casa do Concello de Vigo, cando son as 9,00 horas do día devandito, en primeira convocatoria e en sesión extraordinaria, reúnese o Consello da Xerencia de Urbanismo para o estudio, dictame e resolución, no seu caso, dos asuntos incluídos na orde do día remitida a tódolos compoñentes do Consello e á que asisten o seu presidente, D. Manuel Pérez Álvarez (alcalde), os vocais, D. José Avelino Fernández Fernández, D. José Antonio Gil Sotres, D. José Ramón Montero Escrigas, D. Lois Pérez Castrillo e Dª Dolores Villarino Santiago. Están presentes, ademais, o xerente de Urbanismo, D. Alfredo Cerezales Fernández e a interventora xeral do Concello, Dª Berta Guarner González. Actúa como secretario D. Francisco Javier García Martínez, secretario da Xerencia Municipal de Urbanismo.

ASUNTO ÚNICO:

REQUERIMENTO DA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO SOBRE O PERI III-02 FINCA DO CONDE

"Requirir ó Concello de Vigo para que, no prazo de un mes, proceda a declarar anulado o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en sesión do 16 de abril de 1998, polo que se aprobou o Plan Especial de Protección e Reforma Interior III-02 Finca do Conde, así como a de tódolos acordos posteriores que traian causa de éste, por ser contrarios ó ordenamento xurídico.
No caso de non ser atendido o presente requerimento esta Consellería poderá adoptar ou insta-las medidas legais oportunas para o pleno restablecemento da legalidade urbanística vulnerada"

...)

Fundamentos xurídicos:
1º.- o PEPRI III-02 Finca do Conde, non cumpre, nos seus xustos termos, tódalas observacións indicadas nos informes vinculantes emitidos pola Delegación Provincial desta Consellería en datas 1 de outubro de 1997 e 9 de marzo de 1998, específicamente as relativas ó incumprimento do uso característico residencial e de reserva mínima de zonas verdes e espacios libres. O incumprimento do informe autonómico vinculante é causa de nulidade de pleno dereito que determina o art. 62.1.e) da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2º. O Plan Especial aprobado definitivamente non se axusta ás determinacións do PXOU que desenvolve dado que altera o uso característico residencial a prol do uso terciario, e non prevé a reserva mínima de 16.180 m2 de zona verde a que obriga a correspondente ficha do Plan Especial vixente.
A Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia no seu artigo 11.1.b) establece que o Plan Xeral deberá establecer para os sectores de solo urbano remitidas a planeamento especial, os usos globais, niveis de intensidade, estándares e densidade que no solo non consolidado non poderá ser superior a 100 vivendas por hectárea cunha superficie edificada máxima de 8.250 m2.

O Plan Xeral vixente aínda que foi aprobado definitivamente ó abeiro da lexislación entón vixente, contén unha ficha específica na que recolle, entroutras determinacións, os usos e intensidades e os estándares para dotacións de zonas verdes ós que se deberá axusta-lo Plan Especial.

O Plan Especial está obrigado a respectar e axustarse a estas determinacións (art. 26.2, 45.2 e 50 da Lei 1/1997 de 24 de marzo, do solo de Galicia), o seu incumprimento determina a nulidade de pleno dereito do Plan Especial, segundo dispón o art. 62.2. da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3º.- O uso característico fixado polo Plan Xeral é o residencial en tanto que da ordenación contida no Plan Especial podería resultar como uso predominante o terciario. Esta desnaturalización do uso característico residencial é consecuencia de non computa-la superficie construible con destino a uso terciario en determinadas condicións. Nembargantes, unha cousa é o cómputo da edificabilidade máxima permitida e outra ben diferente o cambio do uso característico ou predominante fixado polo Plan Xeral que non pode ser alterado fraudulentamente co argumento de que o uso terciario en semisoto non computa edificabilidade; a superficie construible con destino a uso terciario resultaría moi superior á destinada para uso residencial, por canto que a prevista no cadro resume de ordenación B.9, hai que engadirlle a superficie construible en semisoto que se permite sen outro límite que o de que o plano inferior do forxado que cubra a edificación non sobrepase 1,50 m sobre o nivel da rasante oficial, convirtindo deste xeito o uso terciario en uso predominante do sector.
4º.- O Plan Xeral fixa unha reserva mínima de 16.180 m2 de superficie destinada a zona verde que non se acada na ordenación prevista polo Plan Especial, dádo que, a estes efectos, non poden ser computados aqueles espacios libres que non son adecuados coa natureza e función propia dunha zona verde pública ( arts. 3.1.f) e 11.1.b) da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e sentencias do Tribunal Supremo de 16/2/1987), nin cumpren as condicións establecidas polo art. 4 do anexo do Regulamento de planeamento. En consecuencia, non son computables para os efectos da reserva mínima de zonas verdes nin o xardín do Pazo do Conde, que é titularidade e uso privado; nin os espacios residuais, fragmentados e intersticiais ó viario, con pedentes superiores ó 10% que é o límite fixado pola Lei 8/1997, de 20 de agosto; nin os espacios libres de titularidade privada situados sobre a edificación de uso terciario.
5º.- A Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, no seu art. 48 condiciona a eficacia do acto de aprobación definitiva e á entrada en vigor do plan aprobado ó cumprimento previo de determinadas condicións de publicidade e traslado do expediente completo e dous exemplares do plan aprobado definitivamente "con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre os que tivera recaído o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo consta-lo dito extremo"; o que non se cumpríu no caso do citado Plan Especial e motivou a reclamación da documentación polo delegado provincial desta Consellería que non foi atendida polo Concello.
6º.- En consecuencia, o Plan Especial infrinxe ó ordenamento vixente, por canto non cumpríu os informes preceptivos e vinculantes desta Consellería, non se axusta ás determinacións de uso e reservas mínimas para zonas verdes esixidas polo vixente Plan Xeral e non pode considerarse en vigor por non ter cumprido os requisitos establecidos polo art. 48 da Lei do solo de Galicia."

(...) [informes técnicos municipais contrarios ao requirimento da Xunta] (...)

Proposta.-
O Consello, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8.m) dos estatutos da Xerencia, por maioría, (cos votos a favor do PP, Sres. Fernández Fernández, Gil Sotres, Montero Escrigas e Pérez Álvarez, e en contra do PSdeG-PSOE, Sra. Villarino Santiago, e do BNG, Sr. Pérez Castrillo) propón a adopción do seguinte acordo:

Rexeita-lo requerimento formulado polo director xeral de Urbanismo o día 26.02.99 para que se anule o acordo plenario do 16.04.98 sobre aprobación definitiva do PEPRI III-02 “Finca do Conde”.

DENDE VIGOBLOG SEGUIMOS INFORMANDO, xa que os que teñen esa obriga nono o fan, pero nos regalan fantásticas exclusivas de ocorrencias para seguir ocupando a lámina de auga e seguir soslaiando a lexislación de protección do litoral.

Non só nos desinforman algúns medios de comunicación: Figueroa segue intentándoo. A mentira non é unha opción política.

13 comentarios:

Anónimo dixo...

A Figueroa ¿por qué no le cosen la boca?...Solo dice inconveniencias..
El faro debería pensar que a lo mejor dejan de tener al pp en el concello ¡qué dirán entonces?... Mejor sería que dejase de ser el portavoz de las mentiras y manipulaciones...
La prensa debería de ser la informadora de la sociedad, no tomar partido tan descaradamente... El faro ignora las noticias que no son convenientes para el pp..Los vigueses tenemos que echar mano de otros periódicos para enterarnos de lo que pasa en nuestra ciudad..
Es un desinformador social

Anónimo dixo...

Gracias, gracias, gracias. Estáis haciendo un estupendo trabajo y os lo agradezco de todo corazón, ya que tenemos la mala suerte de tener una prensa que da vergüenza.

Veo que en el acta falta una parte, parece que los informes técnicos del Concello. ¿Podríais poner lo que falta para ver en qué se amparaban?

Gracias.

Pablo Eifonso dixo...

Os informes municipais son amplos e prolixos: un é do xefe de planeamento e xestión e outro do secretario da Xerencia. Inclúese tamén, parcialmente, un externo, o encargado polo daquela alcalde, Manuel Pérez ao catedrático de Dereito administrativo, Tomás Ramón Fernández. Ámbolos tres critican e rebaten a resolución da consellería, con maior firmeza o externo e o do secretario da Xerencia e aportan fundamentos xurídicos variados, tanto para criticar o fondo da resolución, como outros aspectos formais referidos a competencia do órgano e prazos.
A acta é moi longa e sairíase da extensión razoable para un blog publicala aquí. Tentaremos argallar algunha forma para poder "colgar" documentos fóra destas páxinas.

Crímos de importancia publicar os argumentos e actos administrativos "en contra", para poñer de manifesto que -xunto coas demoledoras sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia previas finalmente á toma de decisións-, os corporativos tiñan elementos legais e informes dabondo para ter parado esta máis que previsible desfeita. Foron ademais advertidos das graves consecuencias para a cidade que se derivarían dunha confirmación final da ilegalidade por parte do Tribunal Supremo.
Se fixeron o que fixeron foi porque preferiron "arriscar" favorecendo ao promotor do Centro Comercial (ING Real Estate) que "arriscar" favorecendo os intereses xerais. Eles saberán porqué. Para min é difícil pensar noutra posibilidade que non sexa a máis lóxica... sí, esa.

Anónimo dixo...

Gracias polo traballo ben feito...!
Agora só queda demostrar que houbo pelotazo (chercher l'argent) e metelos a todos na Lama unha boa temporada...!

Anónimo dixo...

Gracias, Pablo Eifonso. Entiendo que en el blog no se puedan colgar todos los informes porque es verdad que a veces son larguísimos. Yo pienso igual que tú, que desde el Concello pensaron en arriesgar, total siempre que sale una sentencia, al final no se derriba nada y la ciudad sigue cargando con otra ilegalidad. Lo que sucede es que estoy recopilando información de Finca do Conde porque me estoy planteando seriamente hacer un trabajo a fondo sobre el tema y me vendría muy bien. Si te doy mi dirección de correo electrónico, me la podrías enviar?

Gracias otra vez y enhorabuena.

Anónimo dixo...

Y seguro que hay más licencias ilegales concedidas por este concello...
La verdad se como el corcho...siempre acaba saliendo a flote!!
La Justicia tiene que cumplir con su cometido y ayudar a que en este país no puedan seguirse cometiendo ilegalidades impunemente...

Vigoblog dixo...

vigoblog@gmail.com

Anónimo dixo...

Que partido informou sobor da Finca do Conde e,oque vira despois na Praza de Espanha no 1997 e 1998?¿Porque non se fan publicas?.¿Cantas bocas se tapan,e como,pra unificar asociacions vecinais e a quen vainse queixar despois da desfeita que ven a caron de Vigo?

Anónimo dixo...

Lamentable pueblo,lleno de contradiciones.En Santiago gobernando el nacionalismo con la socialdemocracia,y en Vigo gobernando el nacionalismo con el pp.¿Que facturas les pasaran sus partidos a los que,por urbanismo,han creado tamaña contradiccion,cuando en Alemania gobierna la socialdemocracia y su afin los conservadores.Eso es patriotismo para los tiempos que se avecinan.Antes eramos envidiosos y ahora ademas,hipocritas.Pobre clase media,pobre tercera y cuarta edad,y,pobres tambien,para acabar con untragico humor,obligar,imponer a los niños a estudiar el 50% de las asignaturas en gallego(que patriotismo)y por detras el canut.Seguiremos hablando,y enhorabuena a Dª Elena Salgado,que tiene toda la razon

Anónimo dixo...

Me parece que hay integrantes estudios de abogacia que fueron juez y parte en la finca do conde.Curioso el desmarque creciente y el pavor rampante.No me extraña tanto anonimo impresentable pero el miedo es libre ante esta red que se conocerá

Anónimo dixo...

En las parroquias hay muchísimos ciudadanos que no están de acuerdo con el plan

Anónimo dixo...

En la metalúrgica de García Barbón se actuó de una forma correcta ¿por qué en un lugar sí tuvieron en cuenta los informes técnicos y en el otro no?

Anónimo dixo...

la ministra Elena Salgado tiene toda la razón. Confio en que más adelante se retome ese tema tan fundamental para los menores y por lo tanto para toda la sociedad