IX ÉPOCA

2.7.06

¿Por que fede a Depuradora de Vigo?

Os veciños da EDAR do Lagares esperan con pavor a chegada do verán. Os cheiros fedorentos da Depuradora gañan intensidade en canto chega o verán. Algo non concorda: os "técnicos" municipais afirman que o principal problema da Estación é que lle chega máis auga cá que pode tratar, como consecuencia do aumento do caudal en épocas de chuvia por mor de non existir rede separativa. Pero resulta que é no verán, cando non chove, cando pior funciona a instalación e, consecuentemente, cando máis fede. Paradoxo que pon ao descuberto que se ocultan conscientemente pola Administración datos cruciais sobre as causas do mal funcionamento e os cheiros. Vigoblog segue denunciando que a entrada descontrolada, ilegal e masiva de residuos contaminantes de orixe industrial pola rede municipal de saneamento, incumprindo flagrantemente a Ordenanza Municipal de Vertidos, é unha das principais causas do non funcionamento do proceso de depuración biolóxica e dos malos cheiros. ao impedir os contaminantes industriais o normal "traballo" das bacterias. O Concello e a Xunta miran para outro lado e insisten na necesidade incuestionable dunha nova depuradora: ninguén quere meterse coa impunidade ambiental do tecido industrial desta cidade.
E mañán, cunha nova instalación, cando siga ocorrendo o mesmo ¿que milonga contarán?. Pero daquela xa estarán gastados uns millóns de euros que algo deixarán polo camiño.

14 comentarios:

Anónimo dixo...

Tendrían que obligar a las empresas a depurar sus resíduos. No parece tan dificil.
Nuestros ríos están hechos un desastre. En pocos años hemos visto como han dejado de tener vida.En mi tierra, Nigrán, el río Canido en el que pescábamos y nos bañabamos hace pocos años ahora es una bazofia llena de porquería y que huele .... ¿Por qué no se controlan sus vertidos? Y eso que desemboca en el medio de Playa América. Con unas buenas multas veríamos como cambiaban las cosas

Anónimo dixo...

Los gobernantes tienen que hacer cumplir las leyes a todos. Supongo que eso de los vertidos industriales tiene que estar legislado ¿o no?

Anónimo dixo...

Si es así como dices ya lo hubiesen arreglado. Tiene sentido lo que dices pero resulta dificil pensar que por no controlar los vertidos industriales se hayan tragado los follones de los vecinos de la depuradora. Algo no encaja. ¿por qué iban a defender tanto a las industrias contaminantes?

Pablo Eifonso dixo...

Sabes a cantidade de cousas que sendo sinxelas e tendo unha gran transcendencia na calidade de vida dos cidadáns non se arraxan? ¿Como te explicas que todos coincidan agora que a depuradora construída hai poucos anos e reformada hai menos, non funcione? ¿Non é incríble que unha instalación que costou algúns miles de pesetas, executada pola administración autonómica, financiada pola Unión Europea e xestionada durante anos polo COncello de Vigo, non sirva cas para nada e non ocorrese nada? ¿Como nono arranxaron antes e houbo que esperar a que a Unión Europea pusexe a multa de 20 millóns de euros? Porque o de Coruxo leva cheirando dende o 2000 e nunca falaron dunha nova Depuradora ata agora.

Non se trata de que defendan ás industrias contaminantes (como se estas fosen só unhas cantas perfectamente caracterizadas e localizadas): todas as industrias son potencialmente contaminantes pois verten á rede de sumidoiros os residuos líquidos da súa actividade (Automóbil, asteleiros, conserveiras...). Se este residuo non ten un tratamento previo, vértese íntegro e acaba na depuradora. Xustamente o control e declaración de vertidos (recollido na Ordenanza de 1994) o que trata é de establecer os límites máximos de determinados compoñentes contaminantes que se dan nos procesos industriais que poden ser vertidos. Facer cumprir isto require unha xestión municipal tecnicamente complexa e rigorosa dende a súa planificación ata o seu desenvolvemento, supervisión,inspección e accións de policía e sancionadoras. Nada disto se fai no Concello por pura incompetencia, producida porque os intereses políticos e a estructura técnica, acostumada a unha escasa profesionalidade e a ser subsidiaria de intereses moi inmediatos, só traballa para os aspectos supostamente máis "lucidos" da xestión, pero que requiren menos capacitación. Todo isto, produce unha altísima incompetencia que, aínda que resulte incríble, pode chegar a producir a situación actual e á búsqueda de coartadas que eviten afrontar o fundamental.

A todos nos pareceu incríble, por exemplo, a incompetencia da administración na crise do Prestige: pero foi así: ao final tivemos que ser os cidadáns coas nosas propias mans os que solucionásemos o problema.

Pois si, sexamos conscientes: pode chegar a ocorrer que se faga unha nova depuradora cando, se cadra, non sería estrictamente necesaria.

Ademais:
1. Durante anos os esforzos municipais dedicáronse a vender un río Lagares limpo (iso vende) e non se preocuparon, por intereses políticos e incompetencia técnica ao duro labor de control,inspección, procedemento sancionador na parte menos visible, que é o sistema de saneamento.
2. A concesionaria da Depuradora Aqualia (antes Seragua-FCC) é un poder fáctico e existen intereses moi fortes ao seu redor.
3. Non existe servicio de Medio ambiente no Concello de Vigo e a concesionaria campa polos seus respectos
4. Hai un temor a "paralizar a actividade industrial" e perder "clientela": ¿quen lle pon o cascable ao gato?. E ademais, se recoñecemos agora que un dos problemas fundamentais do mal funcionamento da Depuradora é a falta dunha rede separativa e a falta de control dos vertidos industriais á rede de saneamento ¿que pasa cos responsables técnicos e políticos que permitiron esta situación todos estes anos e incumpriron gravemente as súas funcións ás que estaban legalmente obrigados? ¿faranse o harakiri?. Ningún deles o fará: nin os técnicos nin os políticos, a fin de contas os cartos para a nova depuradora non sairá dos seus petos.

Anónimo dixo...

Hay bolsillos que no son para sacar, sino para meter

Anónimo dixo...

Resolver o problema da depuradora vale cartos, ten que poñelos a Xunta e o ministerio, así de sinxelo.
Os PP's fixeron mal a faena, como de costume, e dispois relearon os cartos para arranxar o mal feito porque era moito gastar para o rédito electoral.

Isto foi practicamente así de sinxelo no que á política se refire. A cuestión técnica estivo un pouco esmagada por ese feito político.

Anónimo dixo...

im presionante, en dos palabras....

Anónimo dixo...

Aquí todo lo tenemos que pagar varias veces....Ocurre con la depuradora, ocurre con los enlosetados y empedrados de nuestras calles y aceras, ocurre con la red de saneamiento....
Me pregunto si es por ineptitud o si realmente es la política que interesa en esta ciudad porque produce rendimientos que desconocemos
ya va siendo hora de que sepamos quienes son los responsables de los desaguisados

Anónimo dixo...

Pues si las cosas están así la nueva depuradora tampoco funcionará....¿Iremos a por la tercera? ¿Y la cuarta?

Anónimo dixo...

Necesitamos urgentemente técnicos PROFESIONALES en Vigo, lo demás es marear la perdiz...pon aquí, saca allá, vuelve a poner...así hasta el infinito.... ¿No sería más fácil y rentable atajar los problemas de raiz de una vez para siempre?

Anónimo dixo...

Necesitamos urgentemente técnicos PROFESIONALES en Vigo, lo demás es marear la perdiz...pon aquí, saca allá, vuelve a poner...así hasta el infinito.... ¿No sería más fácil y rentable atajar los problemas de raiz de una vez para siempre?

Anónimo dixo...

Lo complicado es hacer las cosas tan exageradamente mal. Ni a propósito

Anónimo dixo...

Van a salto de mata, sin planificación

Anónimo dixo...

En los nuevos barrios no hay disculpa, no se le puede echar la culpa a otros, y sin embargo el saneamiento también está mal ¿Por qué?