IX ÉPOCA

21.6.14

A nova concesión do Jonathan en Samil: unha escandalosa operación que hai que parar

Samil nos anos 70, en marea alta: dunas, piñeiral e chiringos
Samil despois nunha das fases da urbanización
Tanto o PXOM de Vigo como o desexado -e pendente de financiamento- proxecto de rexeneración integral de Samil, realizado pola Dirección General de Costas do Ministerio de Medio ambiente, prevén a recuperación da zona dunar desta praia, mediante a desaparición e retranqueo do paseo e de toda a área de servizos deportivos, de ocio urbano e hosteleiros que entre os anos 70 e 90 do século pasado foron construidos destruindo unha área de especial valor paisaxístico, ecolóxico e natural.

O muro de Samil recén contruido (arquitecturavigo.com)
A execución dese proxecto xa redactado, non é só unha cuestión de xusta  e razoable recuperación dunha área natural degradada, senon que tamén é a única garantia de existencia futura desta praia, que sofre unha perda irreversible -de manterse as condicións actuais- da superficie e potencia de area, erosionada pola acción do mar e dos ventos dominantes sen posibilidade de rexenerarse como consecuencia da urbanización da súa zona natural de reserva dunar. Así o recoñece a Universidade de Vigo:

La recuperación del sistema dunar de Samil, según expertos de la Universidad de Vigo consultados por este periódico, es directamente imposible si se mantiene la urbanización actual (paseo, piscinas, pistas deportivas...) aunque sea 20 metros atrás. Habrá mayor espacio para el acomodo de la arena, pero los resultados no diferirán de los actuales, salvo por el hecho de que la playa tendrá más superficie. Serían necesarios no menos de 50 metros y considerar otras variables, como los vientos, la vegetación dunar o la restauración de las coberturas originales, para que el espacio pudiera regenerarse en la plenitud de su dimensión dunar, según las mismas fuentes.

O propio alcalde Abel Caballero comprometeuse publicamente a executar progresivamente as previsións do proxecto, mesmo dicindo que se iniciaría en 2009, cuestión que semella ter esquecido, a pesar de que a viabilidade é,  agora, co remate de dúas das máis importantes concesións privadas sobre a praia, moito máis clara cá naquelas datas.

Un dos elementos que representan unha maior dificultade para a execución dos proxectos de rexeneración é a existencia de concesións adminitrativas de explotación mercantil a empresas hosteleras privadas con edificacións situadas sobre a desaparecida zona dunar: restaurante As Dornas (finalizada), Camaleón (finaliza en 2019), San Remo (en 2025) e Jonathan (finalizada por falecemento da súa titular). As áreas de equipamento deportivo público situadas na desembocadura do Lagares, foron tamén obxecto de estudo polo Concello de Vigo, para recuperar este singular espazo, polo que non deberían supoñer maior problema que a vontade política e a procura de financiamento.

Karina Falagan nunha das fotos na fachada do Jonathan
O derribo do restaurante As Dornas e a finalización da concesión do Jonathan abren a posibilidade real de execución, canto menos progresiva, do proxecto de Costas e das previsións do PXOM.
Sen embargo, as actuacións do Concello de Vigo, semellan non ir nesta dirección e apuntan a unha estraña estratexia de mantemento das condicións actuais de equipamentos, obviando calquera lóxico planteamento de rexeneración e consolidando a insostible e irracional situacióna actual.

Por unha banda, o fin da concesión e derribo do restaurante As Dornas non traerá, como lóxica consecuencia, a ampliación do areal nesta zona, pois o que se construirá polo goberno municipal de Abel Caballero na área que ocupaba o restaurante será máis do mesmo -ao mellor estilo dun dos maiores nemigos da praia de Samil, o que foi concelleiro tránsfuga por excelencia, Agustín Arca, xa falecido-: unha "zona verde", en lugar de máis praia. Con só asomarse á zona de demolición das Dornas, pódese doadamente comprobar o fácil que sería a recuperación da praia unindo esta zona coas incipientemente recuperadas dunas da praia do Cocho das Dornas: a poucos centímetros dos alicerces da derruida edificación, aprécianse varios metros de finísima area que só espera ver o aire para incorporarse á praia.
Samil, 1960 (arquitecturadevigo.com)

Por outra, e o que resulta máis grave aínda, polo de incoherente e irracional -por non dicir claramente, sospeitoso- é o concurso de nova concesión hostelera para o edificio do antigo Jonathan, que acaba de ser publicado no Boletín Oficial de Pontevedra e na web do Concello de Vigo.  Nada menos que, no contexto de planeamento que vimos de comentar, unha concesión a 30 anos!!, que hipoteca a calquera goberno municipal que decida executar os proxectos de rexeneración deseñados pola Dirección Xeral de Costas e polo propio PXOM e condena á praia a continuar o seu proceso de degradación.

O que valeu para derribar As Dornas, non vale agora, para o goberno de Abel Caballero, para derribar tamén o Jonathan. Por máis voltas que se lle queira dar, resulta imposible atopar argumentos racionais e de legalidade de fondo para este Concurso que, de ser executado, suporá hipotecar por un período de 30 anos (se nono come antes o mar) a posibilidade de eliminar o paseo e recuperar a praia. Eliminado o exercizo da razón que se deriva da defensa dos intereses xerais, aos que debe estar suxeita calquera actuación das administracións públicas, só queda pensar en que hai poderosos intereses privados que alimentan a decisión de Abel Caballero de renunciar, deste xeito, ao comprometido publicamente, aos mandatos do seu propio planeamento urbanístico e aos máis elementais principios de sostibilidade medioambiental.
Descoñecemos, e preferimos aínda non facer caso ás nosas sospeitas, quen alimenta a sorprendente decisión de executar semellante despropósito, máis alá dos concelleiros do grupo de goberno e de calquera vontade de servizo público.

Só nos queda facer un chamamento a parar esta barbarie; primeiro, aos partidos que, en teoría, exercen a oposición actualmente no Concello de Vigo (PP e BNG); pero, tamén, especialmente, a aqueles que aspiran lexitimamente a gobernar no futuro próximo esta cidade: AGE e Podemos e, naturalmente, as asociacións ecoloxistas, foros de opinión e habituais analistas sociais,  que, agás contadas excepcións, non teñen amosado, aínda, a súa opinión.

Queremos, dende aquí, facer un chamamento público á responsabilidade de todas aquelas persoas e entidades para que fagan pública a súa defensa da rexeneración da nosa praia e amosen a súa oposición firme contra o mantemento da concesión do Jonathan e a reurbanización da área deixada libre trala demolición do restaurante As Dornas.

Por parte dos partidos e movementos sociais, é hora non só de poñer en marcha accións reivindicativas e públicas de oposición, senon tamén, de iniciar, antes de que sexa demasiado tarde,  os recursos legais que paren o proceso de concesión e devolvan as cousas ao ámbito do racional e dos intereses xerais.

Non valerá lamentarse logo e chorar, neses exercizo necrófago infelizmente tan repetido polos vigueses, pola cidade que se perdeu.

Pola rexeneración integral da praia de Samil: ¡Demolición do edificio do Jonathan! ¡Gañemos espazo para a praia!¡Non á "humanización" da zona dunar! ¡Área das Dornas para praia e non para "xardín"!

Recolleita de sinaturas en Avaaz-org polo derribo do Jonathan e a rexeneración da praia de Samil

Referencia recomendada sobre Evolución histórica das actuacións en Samil con especial referencia ás previsións sobre a praia no PXOM vixente (arquitecturadevigo.com)

24 comentarios:

Anónimo dixo...

Noraboa pola entrada do blog. Non podemos estar máis dacordo. Salvo erro ou omisión nas hemerotecas, desde Amigos da Terra xa tivemos manifestado e argumentado polo menos en catro ocasións nos últimos dous anos a nosa firme oposición á renovación da concesión do Jonathan, aínda que certamente son contadas as voces que se manifestaron ao respecto. Pero previamente ao derribo de As Dornas os colectivos ecoloxistas estatais xa manifestamos a nosa oposición, de xeito xeral, presentando alegacións conxuntas á nova Lei de Costas (alegacións que foron ignoradas) que lexitima, legaliza e mesmo aumenta a presión urbanística sobre o litoral. O Jonathan e a punta do iceberg do espíritu desa nova Lei. En calqueira caso si que existe unha oposición na cidadanía. De feito, aínda que certamente sin estructurar de xeito formal dita oposición nin artellar medidas concretas para desenvolvela, preguntados polo seu posicionamento ao respecto por parte de Amigos da Terra a Federación Veciñal, Esquerda Unida, Anova e Equo nos manifestaron o seu rexeitamanto á prórroga da concesión do Jonathan.
Un saúdo.

Anónimo dixo...

La verdad, no sé qué parte de "cuando se ejecute el proyecto de derribo del muro el nuevo adjudicatario de Jonathan tendrá que reubicarse detrás del nuevo paseo" no entendéis... Es una cuestión de financiación, competencias y servicios. No se puede dejar la playa sin servicios, y no se debe pagar lo que a uno no le corresponde (como tirar el paseo en As Dornas). Recuerdan que el derribo está avalado por el actual PXOM, aprobado por el actual alcalde Caballero.

Anónimo dixo...

Engadir, por certo, que no primeiro comentario solo citaba algunhas entidades e partidos "extramuros" do Concello, pois intramuros o BNG manifestou tamén a súa oposición e, aínda que dun xeito menos contundente (solicitando unha moratoria e abrir un debate cidadán ou mesmo facer as concesións anuais) o PP tamén se manifestou en contra. Resumindo: a maioría da corporación en contra, a maioría dos partidos non representados no Concello tamén, o movemento veciñal e o conxunto das organizacións de defensa ambiental tamén en contra desa prórroga. Solo o PSOE de Vigo a favor. Democracia? U-la?

Pablo Eifonso dixo...

En primeiro lugar, disculparme por non ter citado as iniciativas de algúns grupos ecoloxistas e as dos grupos municipais da oposición (PP e BNG): faltou un rato máis de busca nas hemerotecas. En todo caso, unha vez publicado o procedemento de concurso, hai que ñasar das declaracións a outro tipo de accións cívicas e mesmo legais, senon será demasiado tarde.

Pablo Eifonso dixo...

En resposta ao segundo anónimo:
A túa frase entreaspas "cuando se ejecute el proyecto de derribo del muro el nuevo adjudicatario de Jonathan tendrá que reubicarse detrás del nuevo paseo" non figura en ningún lugar do prego administrativo publicado polo Concello, que é a base única, xunto coa oferta que presente cada licitador, do contrato de concesión. Podes ilustrarnos sobre onde está recollida esa cláusula?
O que si di o prego é, na súa cláusula quinta é: "A concesión outórgase polo prazo máximo de 30 anos, non prorrogables, a contar dende a data da formalización da concesión, resultando extinguida automaticamente ao remate deste, sen de comunicación ou previo aviso municipal".
A competencia é plenamente do Concello de Vigo, propietario actual do edificio e, consecuentemente, con capacidade plena para derribalo. O muro foi tamén construido polo Concello de Vigo e a súa derriba só deberá contar coa autoriación da Dirección xeral de Costas que, ademais, ten un proxecto que inclue o seu derribo e cuxo financiamento por parte do Estado estivo, no seu momento negociado (e esquecido).
O único servizo de praia imprescindible son os servizos hixiénicos: resulta curioso que a disposición pública destes por parte do adxudicatario, figure no prego de condicións en negriña e subliñado (!). Facer unha concesión (que inclúe a condición de facer importantes obras de investimento no edificio), para habilitar o servizo de baño público, parece un pouco desproporcionado. O resto dos servizos de restauración existen xa nas concesións aínda non recuperadas no Paseo e na propia avenida de Samil.
O principal servizo dunha praia é a súa calidade ambiental e a súa pervivencia, hoxe ameazada gravemente pola dinámica litoral e a inexistencia dunha área dunar de reserva.
En canto aos custos de derribar o muro e a súa asunción polo Concello (que, insisto, estivo negociada no seu día o financiamento por Costas do Estado), non ten maior problema: abonda con que empregue, por poñer só un exemplo, os cuantiosos recursos públicos empregados nun servizo que paga sen ser en absoluto da súa competencia e que, además, supón duplicidade cos que presta a administración competente en Educación, a Xunta de Galicia: as becas en inglés, cun importe anual de case 1 millón de euros.

D nova, na que participou o alcalde Abel Caballero, publicada no Faro de Vigo de 25 de xullo de 2008, extraigo:

"Las obras de demolición del paseo comenzarán desde la playa de La Fuente y se extenderán en varias fases por los cerca de dos kilómetros de largo de los que presume el arenal de Samil. El secretario general del Mar recordó, no obstante, que la intervención requerirá de varios trámites previos como los estudios de impacto ambiental. "Hay una deuda con esta ciudad y esta actuación será un orgullo para los vigueses", enfatizó Juan Carlos Martín Fragueiro.

Las concesiones de restaurantes y kioskos que hay a lo largo del paseo actual no interferirán en el desarrollo de los trabajos de demolición. Caballero aseguró que estos negocios no supondrán un problema. "En la mitad de la playa ya no hay porque han expirado, y los que quedan están a punto de hacerlo", recordó. Por este motivo los técnicos han decidido comenzar el derrumbe del paseo por el extremo que linda con la playa de La Fuente, al ser la zona más "limpia" y haber caducado ya la licencia del restaurante As Dornas, situado en ese extremo del paseo.

Concesiones

El regidor local asegura que el Ayuntamiento tiene actualmente la posibilidad de rescatar todas las concesiones que todavía no han expirado. "Las indemnizaciones no serían muy cuantiosas dado que los plazos en los que caducan son muy reducidos", argumentó."

O momento previsto por Caballero chegou... pero se lles esqueceu... por que?

Pablo Eifonso dixo...

Puxemos en marcha, en Avaaz.org unha iniciativa para recollida de sinaturas pola anulación do concurso, o derribo do Jonathan e o inicio da rexeneración da praia de Samil.

recolleita de sinaturas

Anónimo dixo...

Outra petición de firmas aberta en change dende fai uns meses, ao mellor poderíase facer unha iniciativa mais forte xuntando as duas propostas: http://www.change.org/es/peticiones/abel-caballero-recuperaci%C3%B3n-de-dunas-en-la-playa-de-samil

Pablo Eifonso dixo...

Grazas anónimo polo dato que proporcionas. Descoñeciamos a existencia desa outra petición. Non se nos ocorre como xuntar as dúas propostas; unicamente, promovendo e asinando as dúas...

Fran dixo...

A natureza non para de mandarnos sinais. Adiante coa iniciativa...
Saudos!

Anónimo dixo...

Eso una vez adelante con el no. Vamos a cargarnos los servicios de la playa más visitada por los turistas, los puestos de trabajo y después cuando no venga nadie andaremos comiendo dunas.

Una playa como Samil a la que la gente va masivamente necesita Resturantes, servicios, etc.

Pero sigamos con el NON, y nos cargaremos todos los ingresos de la ciudad

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo último: o que dis NON es ti: NON a evitar que se perda definitivamente a praia pola erosión xa irreversible de non actuar na recuperación da reserva narural de area (se cadra, gústache o modelo Riazor, repoñendo area a cada temporal, extraída da Costa da Vela); NON ao cumprimento do planeamento urbanístico vixente; NON aos estudos da Universidade de Vigo, que urxe que se actúe canto antes na recuperación ambiental; NON á execución do proxecto de rexeneración da Dirección de Costas; NON a devolverlle á cidade unha praia cuns valores naturais e paisaxísticos extraordinarios, un elemento de primeiro orde para o disfrute de valores saudables....
Nós dicimos SI, estás moi trabucado.
O que di NON é o alcalde de Vigo; NON ás súas promesas publicamente expresadas; NON a cumprir as previsións do PXOM aprobado polo seu grupo municipal e loubado dia si e dia non; NON ao que se supón que debe facer o Presidente da Red Española de Ciudades por el Clima, especialmente creada para a concienciación sobre os efectos do cambio climático...
A praia de Samil é un ben de Vigo que nonos podemos permitir perder; é un ben moi valioso que debemos protexer e legar aos nosos fillos e netos.
Non debes preocuparte: a forma de dar servizos do tipo que comentas está inventada e recóllese tanto no Pxom coma no proxecto de Costas... mentres tanto, disfruta do sol e do mar: ese ben que xenerosamente nos deu a natureza e unha das razóns polas que imos a praia... mesmo a aquelas nas que non poidamos, de paso, comer churrasco n súa beira.

E seguiremos dicindo SI cando teñamos que facelo e NON cando nos queiran facer comulgar con rodas de muiño.
Grazas por participar co teu comentario.

Pablo Eifonso dixo...

Grazas Fran polos ánimos!

Pablo Eifonso dixo...

Ah, Fran, e grazas tamén por esa entrada promovendo as sinaturas pola rexeneración de Samil dende o teu blog Voy de izquierda... e que poidamos, algunha vez montar unha onda e ver á fronte as marabillosas dunas dun Samil recuperado!

Fran dixo...

Pablo, iso que comentas seria magnifico. Algunha vez teño surfeado en Samil, ainda que o saborciño que che queda na boca no e moi agradable, ese auga non me convence. En canto as reticencias en recuperar as dunas e a perdida de certos servizos, penso que todo e compatible con certo sentido, non sei, por exemplo o que se fixo no Bao e unha boa mostra de recuperación.
Saudos, e son eu o que agradece o teu traballo.

Anónimo dixo...

Yo creo que en estos tiempos de crisis lo que no nos podemos permitir es tirar edificios y cargarnos infraestructuras que funcionan.

Tirar para qué? El modelo Samil actual funciona, hay turismo, gente, etc y debe haber servicios.

Si algún día se decide -y no sé yo si será lo mejor- retranquear el paseo pues se retranquean también los bares, mientras tanto no hagamos de Samil un lugar sin servicios con la consiguiente pérdida de empleos y de capacidad de atracción.

Y hay que leer mejor el PXOM -las obras de mantenimiento y reforma de los edificios están permitidas-. También la renovación de las concesiones

Pablo Eifonso dixo...

A cuestión é sinxela: o futuro de Samil como praia depende da rexeneración dunar e para que isto ocorra é imprescindible eliminar as edificacións existentes. A outra alternativa son servizos de restauración sobre un dique: Malecón Samil.
A existencia de servizos de restauración non é incompatible coa rexeneración, sempre que se sitúen fóra da área dunar ou se deseñen, unha vez recuperada, de xeito precario e compatible. Quizás unha visita a algunha das grandes praias portuguesas, permitiríache imaxinalo.
Isto sen entrar nas lóxicas consideracións da recuperación paisaxística duna zona que nunca debeu ser alterada.
Ti mesmo o dis: non sabes se é mellor retranquear o muro... Mellor para que?
Respecto ao PXOM, a ordenanza que citas (que non citas) refírese a servizos situados en zona verde. A cuestión é que Samil, de acordo coas previsións do Plan, será unha praia sen servizos ao seu pé, polo que a demolición do Jonathan é un imperativo lóxico e coherente (non sei se legal) co planeamento. Renovar a concesión non, pois implica un sobrecusto previsible á hora de executar as previsións do PXOM, e as administracións publicas están obrigadas a actuar conforme ao principio constitucional de eficiencia.

Anónimo dixo...

PXOM:edificio del Jonathan. Clasificación: Suelo Urbano Consolidado. Calificación: Sistema Genral de espacios libres y zonas verdes. Ordenanza de aplicación: 14. Tipo 3ª, (parques de ciudad), categoría 4ª.

El artículo 9.14.3.3 (estaría bien una lectura al mismo) de las Normas Urbanísticas del PXOM establece que en ese tipo se admite "construcciones existentes cuya concesión podrá renovarse admitiendo obras de mantenimiento y restauración. Puede contener concesiones de uso Terciario General clase recreativo y de reunión categoría 10ª.

Anónimo dixo...

Antes de empezar a decir falsedades carentes de todo rigor sería bueno documentarse... el PXOM permite renovar la concesión.

Por tanto una cosa es discrepar, nos gusta o no, pero decir falsedades no... es como si yo me pongo a decir que igual aquí se están defendiendo intereses privados a los que les interesa reducir los servicios en la playa de Samil para quedarse ellos sólos como único servicio y facturar más. Están aquí defendidendo esos intereses?

Anónimo dixo...

Por tanto un poco de mesura igual es bueno... aquí prefieren dejar la playa de Samil sin servicios... es una opción no la única, otros podemos pensar que en un playa tan turísticas hay que dar servicios y no arriesgarse a perder turistas y puestos de trabajo.

Retranquear el paseo la cláusula 29 del pliego prevé que el Ayuntamiento pueda rescatar la concesión de manera unilateral por razones de interés público -sin necesidad de sobrecoste ya que se puede pactar una nueva concesión en la zona más trasera a cambio de más años- (el Plan especial lo dispondrá).

Así que menos alarmismo y más humildad que no siempre tenemos la razón, y algunos pensamos que no se puede destruir todo lo que aporta Samil (playa, usos lúdicos, restauración, turismo...) por criterios preseuntamente medioambientales, así que Samil siga como está por muchos años... espero

Anónimo dixo...

Decir que Samil quedaría sin servizos hosteleiros, cando no límite da actual avenida existen un cento deles de todo tipo parece un pouco aventurado. A discusión se centra nos establecementos actualmente en primeira liña do areal. Deberíamos diferenciar datos de opinións. Si me permiten a metáfora ven sendo como decidir que facer si saíndo de casa comprobamos que chove. Ante ese dato obxectivo (que chove) podemos actuar de dúas formas: usar o paraugas ou non. Ambas opcións son respetables, pero unha delas parece máis lóxica que outra. Retomando o asunto de Samil. O dato obxectivo (informe da Universidade de Vigo) determina científicamente que a praia desaparece gradualmente, que o proceso, polo incremento exponencial dos factores que inciden na súa desaparición, vai a ser cada vez máis agudo e solo existe unha posibilidade para correxir, ou polo menos reducir, esa desaparición: o retranqueo do muro e das edificacións actualmente en primeira liña de praia. Fronte a ese dato obxectivo debemos tomar a decisión: ou ben tomamos nota e actuamos en consecuencia, ou ben ignoramos ese dato e seguimos actuando como si non pasara nada mirando para outro lado ante as evidencias. Ambas opcións respetables, pero na miña opinión unha delas non é lóxica. Si prefiren outro exemplo donde dixen chover digamos, por exemplo, cambio climático, que ten bastante que ver, por certo, co fráxil futuro de Samil.
Antón Lois.

Pablo Eifonso dixo...

Anónimo dos servizos. Repíto que a concesión é incoherente coas previsións do PXOM, por máis que a ordenanza de zonas verdes -xa o dixen, por favor, non insistas- permita renovar a concesión. E, repito tamén: o prego de condicións é o contrato e en ningunha parte recóllese a obriga de cambiar de ubicación ao executarse o retranqueo e rexeneración previsto no PXOM.
O PXOM non é só un instrumento normativo que remata nas súas ordenanzas. É un documento prospectivo, que, como non podería ser doutra maneira, debe presupoñer a súa coherencia. A aplicación ou non da ordenanza de zonas verdes ao caso concreto do Jonathan non vén derivada do exercizo dun dereito existente por un concesionario, senon da vontade libre do goberno municipal, ao non existir xa concesión. E ese exercizo da vontade é o mesmo utlizado canda cos seus votos se aproba o PXOM que, inequívocamente, plantea a finalización dos servizos hosteleiros e de ocio privado na primeira liña de praia.
Ese, e non outro, é o sentido que dende o principio dámoslle ao do incumprimento do PXOM vixente... aínda que teñamos as nosas dúbidas sobre a legalidade do concurso, especialmente despois da orde de execución de derrubo das Dornas.

Non queremos o rescate futuro da concesión por razón de interese público, porque ese interese xa existe agora e, agora, NON hai concesión.
Para que esa arriscada viaxe?: o de negociar outra ubicación terá como resultado un sí ou non; por que supós que o concesionario que poidese sair do concurso actualmente en marcha, non esixirá unha millonaria indemnización polo rescate en lugar de aceptar seguir co negocio noutro sitio? por que crés que aumentar os anos de concesión non é un sobrecusto?

Por outra banda, a incoherencia descomunal do goberno municipal neste tema é denunciable. As razóns que serviron para derrubar o edificio das Dornas, non valen para o Jonathan?, cal é o interese público que si existía para isto de antes e non existe para isto de agora? Non é lícito pensar que se está traicinando o interese público agora por razóns que descoñecemos?

Non entendo o que queres dicir, anónimo co de "presuntamente medioambientais", agradécese explicación.

Respecto ao tema dos servizos de praia, xa está abondo comentado. Estou de acordo co didáctico razonamento que expón ANTÓN LOIS no seu comentario anterior (grazas Antón por participar!).

Saúdos e grazas por pasarte e comentar.

Jose Jacome dixo...

http://www.noticiasvigo.es/caballero-obstaculiza-recuperacion-da-praia-de-samil/

Pablo Eifonso dixo...

Grazas Jose Jacome polo enlace: "ANOVA impugna o prego de licitación do establecemento hostaleiro Jonathan, situado na praia de Samil en Vigo".
Ben por Anova, parabéns!
Ese é o camiño: utilizar tódolos medios ao noso alcance para paralizar as accións dos que só defenden intereses privados fronte ao interese xeral.
Non abonda con comunicados de prensa ou mocións no Pleno: só a acción legal e a mobilización popular nas súas diversas formas, permitirá pararlle os pes á irracionalidade e á especulación.

Anónimo dixo...

El paseo no es malo.
Lo peor de esto es el dinero que tiramos con tanto hacer y deshacer.
Se debería tomar una decisión por TODOS los partidos políticos y seguirla o mejor un REFERENDUM de todos los Vigueses al respecto, de nada sirve que un partido empiece un proyecto a largo plazo y el siguiente lo deshaga. Este es un proyecto a largo plazo pues hay licencias que tardaran aun décadas en caducar entonces, porque derribar las Dornas, ¿cuanto costo?, no se podía dar una licencia del que finalice el mismo día que la que mas dure (San Remo 2015) y sacarle partido.
Por otro lado no creo que sea un punto importante recuperar UNA playa, tenemos cientos de aberraciones en Vigo para demoler y Samil no es la mas importante.
Tener un par de Kilómetros de costa con cemento si atrae al turismo no esta mal, centrémonos ahora en no destruir nada mas. En el Bao hemos realizado una gran trabajo.
Hay gente que le gusta la naturaleza (yo me incluyo en este grupo) pero hay otra gente que le guasta el asfalto, prefieren una cerveza fría sentados en una silla de plástico a mancharse los pies de arena. Ha este grupo dejémosle Samil.
Y ya puestos y aunque a mi no me gusta, dejemos una playa pequeña para la gente con perros, ellos también tiene derecho a estar a su gusto en la playa. Yo no iría, eso si luego al que lleve su mascota a otra playa una buena multa.
Creo que ha sitio para todos en Vigo, para la gente que le gusta el asfalto, los animales, la música a toda caña, el futbol y los que nos gusta la naturaleza salvaje, por gustar no me gusta ni las papeleras, si traigo algo de casa me lo llevo de vuelta. Eso si luego cuanto esté en la playa oyendo las olas, no quiero oir ni música, ni que me caigan balones encima.