A dios lo que es de dios, y al César lo que es del César; ten razón Corina Porro cando afirma, na súa aparición estelar no Faro de Vigo do día 8: "A Caballero le agradezco que haya cogido muchos de mis proyectos para las calles, aunque son una mala copia". Para mostra, un botón: C.Porro iniciou a moda do xardín xaponés nas rúas da cidade con aquela magna obra no inicio de Carral (aireada procazmente días antes da súa posta de largo por Vigoblog o 28.02.2006 -foto enriba-).
Caballero copia agora a mesma estreitez mental, a doméstica horterada, a mentalidade de bonsai capado da súa antecesora, e deléitanos cun delicado xardín oriental en Dr. Cadaval, facéndolle as beiras aos arboriños de Santi na Porta do Sol.
Ou sexa, demostrado: a estupidez é unha das cousas máis copiables.
Pois iso, para todos vostedes, queridos lectores de VB, en primicia, aínda se inaugurar... tachán! o xardín oriental do noso almirante... ¡toma Corina! copia corrixida e aumentada:
¿Que pecado cometimos?
A música e o baile tradicional, camiño de ser declarados BIC
-
A Xunta iniciará este luns a incoación do expediente para a declaración de
Ben de Interese Cultural (BIC) da música e o baile tradicionais galegos.
"Con is...
3 comentarios:
tu no has visto un jardín japones en tu vida... porque ni el de carral lo es, ni mucho menos este.
Posiblemente para ti un xardín xaponés é un que está an xapón. Tranquilo hom!, se estes soubesen facer xardíns xaponeses, estariamos, posiblemente, noutra cidade algo máis vivible... Os anaquiños de espazo axardinado que presentamos aquí en exclusiva, tranquilo, son, sinxelamente, unha horterada: aínda que os seus promotores e deseñadores tentasen facernos sentir nalgún momento zen. Para que te ilustres un pouco máis, nesta cidade houbo un bo xardín de ESTILO xaponés en Montero Ríos, deseñado por un bo paisaxista mal aproveitado: Francisco de Sales. Detras daqueles desaparecidos xadíns había un criterio e un deseño elaborado, no que a inspiracion oriental quedaba patente en detalles solidamente integrados no conxunto. Ou sexa, como nestes.
Espera, espera: agora que o vexo mellor, o "xardín" de Caballero é un sincretismo celta-xaponés!
masan
lucasin tes razón, non é un xardin xapones, e un xardin cen, de todo a cen
Publicar un comentario