IX ÉPOCA

3.12.08

Un bebé ferido grave pola irresponsabilidade municipal

En Vigoblog levámolo advertindo dende hai tempo. A irresponsabilidade e ilegalidade da instalación de todo tipo de elementos publicitarios (tamén o é o alumeado navideño) enganchado a calquera sitio, acabará provocando un accidente. As ordenanzas municipais prohiben expresamente a colocación de calquera elemento estrano en elementos do mobiliario urbano (báculos) ou no arborado. Esta prohibición, lonxe dun capricho do lexislador, ten que ver coa necesidade de garantir a seguridade das persoas e os bens, pois, como diciamos recentemente referíndonos ao pendurado xeralizado de todo tipo de bandeirolas nos báculos de alumeado público, o fabricante non pode garantir a seguridade cando á farola se lle enganchan pesos e tensións non previstas no seu uso e condicións normais de funcionamento.

Tamén advertiamos en Vigoblog o maltrato ao arborado da Alameda ao pendurar del todo tipo de cables, focos, girnaldas e aparatexe diverso e, novamente, o incumprimento irresponsable das ordenanzas de medio ambiente do Concello de Vigo.

E o que tiña que pasar pasou: hoxe, unha cornixa desprendíase e fería gravemente a un bebé na rúa do Príncipe. Non ocorríu nun elemento do mobiliario urbano ou nunha árbore esta vez, pero perfectamente podería ter ocurrido e poderá ocurrir de seguir as cousas como ata o de agora. A iluminación navideña colócase á brava, enganchando cables unha e outra vez das fachadas das edificacións, perforando un ano tras outro con cravos de alpinista paredes pouco fiables e sen nin tan sequera ter o necesario permiso da propiedade. Engánchase a farolas, a outros cables telefónicos ou eléctricos, a balcóns e ao que sexa, seguindo as normas dictadas pola lei da selva, da mala práctica e da arbitrariedade que xa son norma común do noso Concello, dos seus munícipes e dos técnicos e policía local que, por acción ou por omisión, permiten estas barbaridades ilegais que se producen diante do seu narís co seu silenzo cómplice.

No desprendemento da cornixa de hoxe non estamos diante dun desgraciado accidente, senon da consecuencia necesaria dunha neglixencia grave, non só da empresa instaladora contratada, senon, sobre todo, dos responsables políticos que alentan imprudentemente e contratan estas obras ilegais e mesmo, ese día grande que tanto lles gusta, inauguran premendo dun botonciño e apertando a un meniño no seu colo.

Estes responsables teñen nomes e apelidos e deben pagar por isto. Deben, ademais, volver á orde establecida pola propia Administración á que se deben, e paralizar e replantear a colocación ilegal da decoración navideña, eliminar inmediatamente tódalas bandeirolas existentes nos báculos de alumeado público e facer desaparecer das árbores da cidade tódolos variados trebellos que, colocados pola propia Administración, permanecen meses pendurados delas, procándolles graves danos e, consecuentemente, aumentando os perigos de desprendementos.

A colocación do alumeado navideño debe ser unha acción planificada, controlada e executada con estricto respecto á legalidade, ás boas prácticas en instalacións ao aire libre e non un exercizo de irresponsable prepotencia que xamais se permitiría a un probo administrado.

Despois do incidente de hoxe, podémolo dicir con firmeza: estes señores, coa súa acción ilegal e irresponsable, xogan cada día coa súa credibilidade e coa nosa seguridade.

Dende VB non queremos unha investigación sobre a empresa instaladora, como agora anuncia cinicamente o tenente Domínguez, para determinar as causas concretas deste "accidente": diso xa se ocupará o xuiz, que esperamos que chegue ata as últimas consecuencias. Dende VB denunciamos que esta posibilidade de accidente era coñecida sobradamente e sistematicamente obviada polos responsables municipais, que fixeron ouvidos xordos aos que, como nós, levan moito tempo advertíndo do perigo e ilegalidade da práctica "publicitaria" do Concello de Vigo no espazo publico.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

El concejal de Tabernas y Rondallas Santiago Dominguez está imparable,miente como un cinico "politico". Porqué no Reconquista de una vez el BNG la honestidad politica que siempre defendió en la Oposición.
Agora otra vaca vai no millo.
Para cuando una fuerza politica y social de IZQUIERDA en Vigo?

Marcos Andión dixo...

Seguimos con la pregunta ¿quién vigila al vigilante? sin encontrar respuesta. Pero ya, poniéndose la venda antes que la herida, hemos podido asistir al rosario de "yo no fui", empezando por la empresa "instaladora", como dice informar hoy el Faro.
Al final, todos los que están actuando al margen de la ley (todos, del Caballero al Santi) acabarán lanzándose de cabeza a la trinchera abierta por el teniente: "La primera gran preocupación es la salud del bebé". Eso se piensa antes de infringir la ley, buen hombre, y liarse a colocar de todo en los báculos del alumbrado o en las fachadas, sin previsiones de seguridad exigibles en todas las actividades, etc.
Y, por favor, déjese de milongas tipo Toba sobre investigaciones dirigidas sólo a exculparse y comience por pedir perdón, además de, como buen cristiano, hacer propósito de la enmienda y no volver a pecar. Porque están ustedes pecando, señores míos, contra los ciudadanos, a los que siguen empeñados en escamotearles la responsabilidad directa que ustedes tienen.
Como todo esto acabe con que la culpa fue del pobre colocador, no se extrañen de que nadie de los pocos que ya lo hacen les crea.
Y, por favor, repare, señor Domínguez, en que se está inculpando cuando dice que pudo haber sido "el empuje y la tensión a la que se sometió el cable de las estructuras de alumbrado la que causó ayer el desprendimiento de parte de la balaustrada...". ¿Se había preocupado alguien de establecer los límites de las fuerzas ejercidas en la fachada fatídica? ¿Se ha hecho alguna vez un informe de seguridad sobre las actuaciones que vienen haciendo año tras año en los elementos del mobiliario urbano y las estructuras sobre las que se apoyan los cables o lo que sea?
Pues, entonces, menos monsergas, más asunción de responsabilidades y que tu dios nos coja confesados. Lo que pasa es que, como usted, señor Domínguez, sabe, no hay dios que valga, ni providencia divina que nos proteja. Aquí, o se hacen las cosas como se debe, o la cagamos.
Vayamos todos juntos, y ustedes primero, señores munícipes, por la senda de las Ordenanzas Municipales. Que también es para mear y no echar gota eso de que quienes hacen las ordenanzas no se sientan obligados por ellas.
Y conste que aún no me quiero cabrear, ¿eh?

Anónimo dixo...

Mis queridos y respetados Sres. Eifonso y Andión, asumo y comparto todo lo expuesto. Deseo fervientemente que el bebé herido se recupere cuanto antes para alivio de sus apenados padres...
Otrosí, pregunto: Aún desconociendo las fuerzas o tensiones aplicadas a los cables porta-adornos, que los técnicos y autoridades judiciales deberán investigar, ¿no existe algo así como una ITV de edificios y fachadas? Por lo que se ve en las fotos, parece que la causa fue el desprendimiento de un balcón ¿en qué estado se encontraba tal elemento? ¿quien es el responsable de inspeccionar? ¿se hizo o no se hizo tal inspección? Pero claro, se trata de una importante entidad bancaria y no vaya a ser... Mejor lo dejamos aqui.
¡¡Vaya tropa!!

Anónimo dixo...

Tedes toda-la razon do mundo, e iso que o tenente ten dous "asesores" persoais os que lle paga dez millon de pesetas a cada un o ano e un deles vai cobrar agora unha "bufanda" (Gratificación) de 24.000 euros
Pero claro como di o cinico do Teniente-Santi, a culpa será do pringao que tensou de mais a cable... Que soio ahi que ver en que condicios traballan sen apenas seguridade nin pra eles nin pra os cidadan e a destajo pra que o Tenente se poida face-la foto e intentar mellorar un pouquiño a sua degradante imaxe.

Menos mal que parece ser que o Quin xa tomou a decisión de trasladalo de destiño quitandolle o mando en plaza e sustituindono por Mária Mendez, que almenos ela non saie nos videos as altas horas da noite sobindose o coche oficial case que a gatas.

Soio ahi que esperar a despois das autonomicas. Parece ser...

Bembida sea a decisión po-lo ben da saude pública e a imaxe da cidade e do propio BNG.

Marcos Andión dixo...

Hoy, el querido cibercolega Pablo González nos recuerda en su que ustedeslopasenbien, que llueve sobre mojado. La misma empresa "instaladora" ya había mandado hace unos años al quirófano a otra persona por un "accidente" similar, al tensar el cable que se pretendía fijar en otra fachada.
¿Será tenido esto en cuenta en la "investigación"? Ya veremos. Pero, insisto, como todo se quede en hacerle comer el marrón al operario de turno, nuestra ya escasísima confianza en el sistema de administración de justicia va a recibir otra cornisa en la cabeza. De los que hacen política a base de insistir en que sus ocurrencias son fantásticas y útiles ideas, y que sus carencias deben mantenerse ocultas o ser negadas si salen a la luz, ya no sé qué más se puede decir, resulte como resulte la "investigación" y el procedimiento judicial iniciados.