IX ÉPOCA

3.2.08

O Castro: ¿intereses públicos ou privados?


Parece imposible que no Concello de Vigo se impoña a racionalidade, a defensa dos intereses xerais e a cordura. Cando por fin dende as concellarías do BNG dáse unha resposta coherente a un problema, e deféndese o interese público, axiña salta algún listo do propio goberno municipal para voltar as augas ao cauce da defensa dos intereses privados.
Referímonos á "polémica" sobre o edificio Montemar, que ata hai pouco foi unha concesión a unha empresa privada que o explotou como restaurante El Castillo e que dispuxo del sen límite, ata o punto de realizar obras ilegais que afectaron gravemente a elementos patrimoniais protexidos, como a muralla barroca do vello Castelo do Castro.
A proposta de derribo deste bodrio, xa recollida no seu día en Vigoblog, é completamente coherente coa triple consideración do Castro como espacio fundamental (eu diría case xerminal) da cidade: espacio verde axardinado de uso público, espacio histórico, espacio de interese paisaxístico (xardín histórico e miradoiro privilexiado da ría). É sobre estes valores sobre os que se debe deseñar a política de protección deste maltreito espazo. Paréceme ben a proposta do bigoberno-BNG de remitir as actuacións a un Plan Director. Non entendo, sen embargo, as precaucións de Carlos Font, reivindicando para sí a "competencia" para decidir sobre este edificio e abrindo as orellas ás cutres pretensións do sector hosteleiro.

Este edificio debe tirarse, entre outras razóns porque xa no seu tempo foi contruído irregularmente (xa estaban legalmente protexidas as murallas do Castelo) e ilegalmente se lle foron colocando engadidos. Debe tirarse porque afecta gravemente a un ben catalogado e ningún interese privado debería influír na obrigada protección que o Concello debe a este patrimonio cultural da cidade.

Debe saber Carlos Font, segundo de a bordo de Caballero, que, unha vez xa rematada daquela a concesión, a posibilidade de realizar obras de reforma ou adecuación e as propostas de novos usos que se poideran decidir (como a de regalarllo ao sector da hostelería para que monte outro restaurante), deberán contar co informe vinculante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. E de pouco vanll servir entón esas ridículas reivindicacións de "propiedade" exclusiva das que unha vez si e outra tamén, unhas veces uns e outras outros, nos regala este bi-goberno.

O Castro pide a berros unha planificación integral, estructurada ao redor dos seus valores intrínsecos, especialmente o histórico e arqueolóxico. Unha intervención que restañe en algo as brutais agresións que ao longo do tempo sufríu e sofre ante a indiferencia dos vigueses. Para nada necesita continuar na tónica da privatización e ocupación de usos hosteleiros que xa saturan o seu cumio.
O Castro necesita de inmediato unha revitalización e un reecontro coa cidade, que pasa por normalizar a súa accesibilidade cun transporte público habitual á explanada superior, a plena rehabilitación dos seus elementos históricos, o manexo axeitado da cuberta vexetal, a museización dos restos arqueolóxicos e outras intervencións que como a posta en valor das galerías soterradas, por exemplo, atraigan de novo a este privilexiado espazo ás persoas amantes da historia, da natureza, da tranquilidade e dunha paisaxe e vistas únicas sobre a Ría.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Pregunta: ¿Si Carlos Font, segundo de Caballero, ya en el Puerto, haciendo lo que les venia en gana y el pueblo de Vigo, lo sabia, xq no van seguir haciendo lo mismo? Porque esos señores que vinieron a vivir a Vigo, les votaron, querian ser empleados portuarios, municipales, pues eso es lo que pasó hasta ahora con todos; empezando por Soto, por cierto, donde andará este personaje ahora.

Anónimo dixo...

Abaixo con esa merda dunha vez!!

Dunha volta fun-lle ensinar as vistas dende as "rempartes" do Castro a uns amigos franceses e caiu-me a face de vergoña ao ver que enriba do tellado dese restaurante (onde por certo parte duns engadidos tiñan cuberta de "uralita")había, a máis de produtos diversos, unha fregona; UNHA FREGONA!!... Comentamos un chisco de coña como chegaría alí ese artiluxio e engadiron que era unha lástima que non cortasen as silvas e areiras que gaveaban muralla arriba.

saúdos!

Anónimo dixo...

¿Y sus vistas? hay que estirar bien el cuello y aun así la cosa está dificil ¿cómo plantaron esos árboles ahí?
Recuerdo que hace unos años daba gusto ver la ría desde allí.
Los miradores de la ciudad poco a poco van desapareciendo

Anónimo dixo...

Y vuelvo a insistir: Llegaremos a pagar por ver la rìa, y no es coña, tiempo al tiempo. La otra soluciòn que nos quedarà es subirse a lo màs alto del Morrazo.

Anónimo dixo...

Machiños que, cando se dice la verdad, callais todos, no hay nadie del Psoe, que conteste.