IX ÉPOCA

13.2.08

Non á demolición do Mercado do Bolhao

Ós que amamos Porto non só pola súa marabillosa monumentalidade senon, sobre todo, pola súa pervivencia como cidade viva, cun activo comercio tradicional, non podemos menos que traer a estas páxinas a denuncia contra o proxecto de demolición do histórico e tradicional Mercado do Bolhao, que, se non se evita coa mobilización popular, será aprobado definitivamente dentro duns días.
Este sábado poidemos estar xunta cos nosos amigos portugueses na concentración e recollida de sinaturas contra o proxecto da multinacional holandesa TramCorNe-Promoções e Projectos Imobiliários (outra vez unha inmobiliaria holandesesa untando cos seus megaproxectos!) de crear outro centro comercial sobre as ruinas dos postos de productos tradicionais e o incríble atractivo do mercado actual, a pesar do lamentable estado de abandono que sofre.

Unha vez máis, tanto ten Galicia ou Portugal, Porto ou Vigo, quérese impoñer a forza do diñeiro fronte á racionalidade e a conservación do patrimonio herdado. Unha vez máis, o proxecto de rehabilitación encargado e premiado polo Concello de Porto en 1999 redactado polo estudio Joaquim Massena Arquitectos, que incidía na conservación e revitalización dos valores patrimoniais e sociais do Bolhao, é substituído, sen máis razón có diñeiro, por un proxecto especulativo que tenta gañar, a costa do patrimonio monumental, a máxima edificabilidade para o seu negocio.

Outra vez -como xa fixeran hai anos para salvar o Coliseum de Porto- os portuenses mobilízanse e piden o apoio de turistas e visitantes para salvar o tesouro da rapiña das multinacionais e dos intereses particulares dos corporativos. Agora pídenos que escribamos, opoñéndonos ao proxecto de demolición e defendendo a rehabilitación integral do Mercado tradicional, a:

Presidente da Cámara Municipal do POrto
Rui Rio
Praça General Humberto Delgado
4049-001 Porto-Portugal
ou enviando un correo electrónico a geral@cm-porto.pt

Sinaturas en liña aquí
Máis información aquí

Video

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Los holandeses se siguen comportando como colonialistas. Pretenden hacer en Oporto lo que nunca podrían hacer en Amsterdam ni en otras ciudades holandesas.Ya está bien de destrozar por destrozar el patrimonio de nuestras ciudades

Anónimo dixo...

lo malo es si empiezan a repartir euros como ocurrió en Vigo con el centro comercial de ing...
Algunos por un millón y medio de euros se saltan las leyes, permiten la dempolición de edificios de gran valor o lo que sea ¿en qué manos estamos?

Anónimo dixo...

http://www.manifestobolhao.blogspot.com/


Paremos outra desfeita máis!

Anónimo dixo...

Neste enderezo hai un vídeo de 10 mi. sobre o mercado que parece intesante:
http://www.youtube.com/watch?v=gBPHkN2PxNk&eurl=http://zerovacas.blogspot.com/
Disfrutádeo

pablo gonzalez dixo...

estimado amigo,

qué envidia me dan siempre los portugueses, revolviéndose como gatos panza arriba en defensa de su patrimonio¡ y seguro que ni siquiera los firmantes iban a comprar allí¡ y le piden a los turistas que les ayuden a defender un edificio viejo en lugar de llevarlos al Carrefour¡ y no les preocupa que les llamen antiprogresistas, inmovilistas y que por si ellos fuera seguríamos todos vistiendo con pieles¡

ahora lo entiendo: son unos atrasados que tienen menos dinero que nosotros.

Pablo Eifonso dixo...

Olá Pablo!
Hai xa máis de dez anos, tiven a oportunidade de chegar a Porto xusto no momento para ver tamén unha concentración en defensa do carácter público do Coliseum. Quedoume gravado o berro firme e convincente, "é nosso", na boca dun par de centenares de portuenses de variada idade e procedencia social. Daquela conseguírono. Pouca xente, mi activa, moi convencida, con capacidade de recoller miles de sinaturas. Faremos algo así nós coa Panificadora, por exemplo?.

Pablo Eifonso dixo...

Ah! alégrome de lérte por aquí! espero que axiña podamos ver outra vez o teu blog en funcionamento... aínda que sexa pouco a pouco... falta nos fai...

pablo gonzalez dixo...

pouco a pouco vai o novo. máis lento, máis "a touro pasado" e aínda por definir. a dirección, como non, "queustedeslopasenbien.blogspot.com"

Anónimo dixo...

Eu penso que en Vigo nós tamén poderíamos facer unha iniciativa coma a de Porto coa Panificadora, a Fábrica de Santa Clara, a Metalúrxica, a Fábrica de Alfageme,... Que envexa me dan os portuenses.