Coas pertinentes disculpas pola discontinuidade na redacción de crónicas deportivas celestes (motivada por razóns técnicas e humanas, funcionando a medida do propio club de referencia -agora si, agora non-), quero retomar “ao meu xeito” a faena de cronista deportivo e facer unha chamada solemne desde aquí para que Fernando Vázquez dimita, “de seu”, de inmediato, de finitivamente.
¡Cómo pode agora manter a dignidade, ser segundo prato, despois de saber que pode seguir porque Clemente non aceptou!. Isto polo menos é o que dín os medios serbios (non confundir, polas posibles consecuencias, cos medio-serbios); os dianteiros serbios, xa se sabe, non din nada con Clemente ...
Xa que logo, esto está mal de carallo, mesmo fatal. Incluso nos poñen no mesmo prato informativo que ao Madrid e a Capello: “se van, se quedan, los hechan, los quieren ...”. Os sofridores celestes non merecemos tanto castigo.
Na redacción de Vigoblog, ademais de non entender cómo non fixen no seu día (indispoñibilidades que ten ún) a crónica do partido Palermo-Celta, segundo Joseba probablemente un dos mellores que xogou o Celta iste ano (e iso que empatamos), respírase unha certa unanimidade no referente ao amplo marxe de sufrimento que aínda posuímos os vigueses, e eu entendo que non só están a falar de fútbol e do Celta, pero neste caso non hai dúbida.
Polo visto, mentras teñamos de adestrador do club a F. Vázquez, o sufrimento está garantizado.
E non digo o que toca mentras teñamos de lideres locais a C. Porros, Arcaballeros e Santis.comdoscojones-im-pre-sio-nan-te-pá-xi-na-web.
Besteiro reclama a "dixitalización" de todos os documentos que custodia o
Arquivo Militar de Ferrol
-
O Ministerio de Defensa confirmou recentemente que permanecerán na cidade
naval e non se marchará a Madrid
3 comentarios:
¿e Mouriño qué?..de rositas
Rositas, rositas, o que se dí rositas, creo que non quedan moitas en casa Celta. Mouriño está aos seus negocios (o seu fillo é man dereita do novo e contestado presidente mexicano, e iso debe de dar bastante "xogo"), e iste choio do que falamos, dende que chegou il, non parece moito negocio. Agora que o penso, sospeitosa si que é a coincidencia ...
Pues como te digo una cosa te digo la otra.
Entre Clemente y Capello prefiero quedarme con o pelexo que temos.
Publicar un comentario