IX ÉPOCA

7.2.07

Casiñas de madeira

A fábrica de Casas de madeira prefabricada Las Cinco Jotas de Galicia ten a súa orixe en 1985 cando, poco a poco la carpintería del fundador se va transfomando en la actual factoría de más de 15.000 m². Situada no medio do monte do Chan do Labrador, en Candeán, nunca tivo licencia municipal, nin podía tela por ser incompatible o uso industrial coa calificación urbanística desa área. Unha resolución da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia de 11 de abril de 2001, declaraba ilegalizables neste lugar as obras de construcción das naves, e ordeábase a demolición. Esta resolución foi ratificada por Célula de 4 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, tras un recurso de alzada interposto polo propietario da fábrica ilegal. Naturalmente, Las Cinco Jotas non fixo nin caso, pode que sentíndose apoiada por Amador Fernández, veciño da parroquia e daquela concelleiro de medio ambiente do Concello vigués.
A partir daquel momento, as "forzas vivas" de Candeán adicáronse a "influir" para lograr que o novo PXOM recalificara este monte a "industrial". Tal manobra foi denunciada publicamente en 2002 pola asociación ecoloxista Amigos da Terra, como se recolle na páxina da Organización galega de Comunidades de Montes, porque se trata dunha zona arqueolóxica catalogada, por existiren túmulos funerarios megalíticos.

Polo que agora se vé, o especial "animador" deste trapicheo foi o "independente" do BNG Amador Fernández. Parece que as cousas non lles foron mal, e Consultora Galega, Toba e Figueroa, intentaron, via novo PXOM, recalificar este monte como industrial e así favorecer á Fábrica ilegal e soslaiar as ordes de demolición dictadas no seu día.

Pero a Xunta de Galicia, na recente resolución pola que suspende o PXOM, obriga ao Concello a modificar tal ilegal calificación e poñer as cousas no seu sitio, en defensa da legalidade e do interese xeral de protección do territorio fronte aos intereses especulativos privados.

Novamente Amador Fernández, avisou publicamente na Xerencia de Urbanismo nestes días, que se ía mobilizar a Candeán para evitar o "atropelo" da Xunta de Galicia. E aí os van, dicindo que xa hai monte dabondo na parroquia e que queren ademais, non unha, senon 40 empresas no monte e unha avenida (sic).

Amador Fernández, cando defende a capa e espada unha industria sen licencia, situada nun terreo forestal clasificado como de especial protección da paisaxe, está a dicir que a el isto da legalidade parécelle unha lata, como cando verteu todo o entullo da demolición do cuartel de Barreiro á beira do Lagares para construír un paseíño, ou cando “xestionou” os lodos da depuradora cunha empresa que os verquía ilegalmente en Lugo.

Amador Fernández era entre 1999 a 2003, concelleiro de Medio Ambiente coa corporación presidida por Lois Castrillo. Tiña, pois, durante eses anos, a condición de funcionario público. Un funcionario coñecedor directo da existencia dunha grave ilegalidade nun espacio protexido da súa propia parroquia. Coñecedor da existencia dun expediente de demolición firme en 2002, non só consentíu que tal ilegalidade se producise, senon que tamén incumpríu coa súa obriga de denuncialo.

Finalmente, a “manobrabilidade” do “profesional” Amador atopou outro cravo quente a prol da súa teima: as Consellerías de Vivenda e Industria (ambalas dúas nas mans do BNG no bipartito) decidiron facer “casas de madeira” para adicalas a vivenda protexida, a razón de 120.000 euros a unidade. As obras adxudicaranse a “unha empresa galega”.
¿Alguén lles advertiu da situación de ilegalidade recurrente das “Cinco Jotas”? ¿Trátase de financiar a legalización, vía contrato coa Administración, desa industria no caso de que tivera que “deslocalizarse” de Candeán? ¿Estamos pasándonos de suspicaces?

As fotos ilustran á perfección o porqué da calificación do solo nesta zona e o impacto da fábrica que voluntariosa e ilegalmente foi medrando no medio do monte.

P.S. O amigo Lorenzo apúntanos que as casitas de Las Cinco Jotas fanse case integramente con madeira importada dos países do Leste. Vése que o monte galego sirve máis para solar barato que para producir arborado madeirable.

ACTUALIZACIÓN 9.02.2007

Segundo informa La Voz de Galicia onte, condean a 1 ano de cárcere a un portugués por construir un galpón ilegal e ignorar as ordes de paralización e derribo. O GALPÓN ESTÁ EN CANDEÁN, CASE PEGADO Á FÁBRICA DAS CINCO JOTAS, EN CHAN DA LAGOA, EN TERREOS DE EXACTA CLASIFICACIÓN URBANÍSTICA.

Claro que o portugués é xitano e, para Amador Fernández e algúns veciños de Candeán, nisto de cumprir a lei, aínda hai clases. ¿Que clase de xustiza é ista??????????

9 comentarios:

Marcos Andión dixo...

Hay otras empresas en Galicia dedicadas a fabricar casitas de madera, aunque la de las Jotas parece que reúne los requisitos exigibles de vecindad ideológico-geográfica, necesidad perentoria e idoneidad transformadora (no emplea arboles autóctonos, sino otros deslocalizados de los países del Este, ya que allí parecen menos quisquillosos con eso del patrimonio, la ecología y todas esas zarandajas de los ecologistas de aquí).
Esperemos a ver a quién le cae el momio. Desde luego, si esa "empresa gallega" que dice la Xunta que se encargará de los pisitos "kleenex" de madera es la de las 5 jotas, ¡Joder, Je, Je, Je, Je...!

Anónimo dixo...

Me temo que en otros ámbitos también van a existir problemas... parecidos a los de Candeán...
Todos queremos acercar al ascua nuestra sardina...
No es posible la elaboración de un buen plan partiendo de unas premisas fundamentalmente recalificatorias...

Anónimo dixo...

Ya tenemos a Matamá peleando por sus recalificaciones...
Outros que queren sardiñada...

Tiago Louro dixo...

"Ten sentidiño: monta bloques"
(versión actualizada do antigo -e profundo- lema electoral "Ten sentidiño: vota Bloque").

Anónimo dixo...

¿Y cómo es posible que el concello tenga tan diferentes varas de medir?
¿No está la Ley para aclarar qué es lo legal y qué no?

Anónimo dixo...

Valladares se suma a la protesta...
Mal asunto ese de las recalificaciones...Ha roto la tranquilidad de las gentes ahora todos quieren sacar un buen rendimiento a su leira...

Anónimo dixo...

también Beade...

Anónimo dixo...

Hola,yo mconozco muy bien los trapicheos de las 5 jotas.Nos contruyeron una casa de casi 400m2 q al final fue una ruina y asi la califico un juzgado,ganamos todos los juicios contra ellos y con una sentencia firme desde hace casi 4 años,pasan de todo y aun se rien en nuestra cara despues de haber cobrado una millonada por una casa que hemos tenido que demoler.Tienen mucha cara y se pasan la bola entre hermanos,pero ya les llegara su hora.se creen los dueños de Vigo.

Anónimo dixo...

si si si casi todos los trabajadores que han pasado "como autonomos les ponen dinero a sus nombres para no pagar iba si cuando se enteran te voy adenunciar¡¡les comparan un coche un piso..