Manuel (Pachi) Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, debe espabilar. Agora promete que fará público o nome das empresas que fan vertidos ilegais. Pois non vai dar abasto. Porque segue emperrado en só controlar aquelas que verten os seus residous directamente aos ríos e ao mar (vertidos sobre os que ten conmpetencia directa a Consellería), pero nada di dos vertidos industriais que representan con seguridade o 99% da contaminación que chega ás nosas rías: os que saen (iso si, máis diluiños) polos emisarios submariños procedentes das depuradoras que non funcionan (entre outras causas, pola interferencia deses mesmos vertidos nos procesos biolóxicos de depuración).
Como temos repetido ata a saciedade, para o caso de Vigo, neste blog, o propio concello recoñece que só controla os vertidos á rede de saneamento (ou sexa, a que despois verte na depuradora e logo no emisario á Ría) dun 10% das empresas instaladas no municipio. De nada servirá controlar aos poucos vándalos que verten directamente por un tubo aos ríos e á ría, se non controlamos aos miles de "civilizados" aos que os Concellos deixan verter sen autorización nin declaración de vertido ás súas tuberías.
Aconsellamos a Patxi que analice á luz das ordenanzas municipais que regulan os niveis máximos de substancias contaminantes autorizadas para cada empresa, un efluente sobre o que ten directa competencia (e que moito nos tememos que carce da regulamentaria autorización de vertido!!): o emisario submariño da EDAR do Lagares. Que non todo é ver os coliformes totais, mentres a ría recibe, procedente da rede municipal de saneamento, cantidades perigosas para a saúde de metais pesados e outros contaminantes industriais que ninguén controla.
Menos propaganda e máis efectividade.
A Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras terá ao galego Iván
López como novo presidente
-
A súa elección foi por unanimidade de todos os membros de ICFA, que
representan a asociacións pesqueiras de 24 países de todos os continentes,
e releva no ...
14 comentarios:
O de facer públicos os nomes das empresas ven sendo "afear a súa conducta" para que morran de vergonza? Non sería mellor que lle abrise un expediente sancionador? Ou é que andan despitados estes coitados e non saben o que fan? Espabila, Pachi.
Aquí podemos ollar un exemplo de parcialidade, de diferenza inxustificada de trato e de linguaxe. Contrastar con: http://vigoblog.blogspot.com/2006/06/amador-fernndez-un-poltico-pofesion-en.html
Máis aínda, cando a consellaria ten as competencias e os medios que ten, moitos máis dos que a concellaria.
Teño que dicer que o Pachi é dos que máis me gostan do PSOE no bipartito, fai política, que para iso está, non "xestiona" que é cousa de administrativos. E engadir que herda un país con moitos problemas medioambientais e cunha tradición política na materia case nula.
A vós, insignes membros de XXSS, vese que vos tiran máis outras correntes dese partido. Como a do Mauricio, que mete medo.
Por certo, xa que cheguei ata aquí, agradecería que adiantárades algo -vós que sabedes- sobre o rumor da renuncia do Abel (tanto o pedín, que vou ter que admitir que Deus existe). Eu non a vou votar pero a Espinosa -con todas as pexas que lle vexo- é aposta segura (consello gratis), o do Abel sería funambulismo en treboada, algo así como "aVenturados II", drama serie B moi previsible.
A ver, Anónimo de las narices, ¿la inteligencia o la imaginación no te dan para salirte del rollo ese de las XXSS? A mí, y a la mayoría de los que leen estas cosas (eso creo, que no soy tan listo como tú como para confundir mis elucubraciones con la realidad), nos parece que lo más importante es lo que se dice, aunque no sea irrelevante quién lo dice.
Como eres tan "inteligente", partes de la segurdad de que somos militantes del PSOE y, a continuación, nos pides explicaciones sobre cuestiones internas de ese partido.
Andas con una berza que no te aclaras. De todas formas, te aseguro que de tus ilusiones eres el único responsable. Sigue así, que probablemente conseguirás tu pretensión de desacreditarnos, a mayor gloria de la facción partidaria con la que concuerdas. ¿Estás seguro de eso? Si puedes, que no lo creo, déjate de monsergas y debate (si sabes) sobre los conceptos y las cuestiones planteadas, como hacen los que, no siendo tan "inteligentes" como tú, tienen que contentarse con debatir esas cuestiones.
En cuanto a tu suposición de parcialidad, te aseguro que somos todo lo parciales que podemos, dada nuestra condición de humanos. Para divinos, infalibles y omniscientes creo que ya tenemos suficiente contigo.
De todas formas, gracias por confirmar que nuestras propuestas tienen, al menos, la virtualidad de obligarte a "desenmascararnos". Y, ya que estamos, ¿tanto te cuesta ponerte un nombre cualquiera, para que los debates resulten más claros? ¿O sólo te interesa el refocile en tu "astucia" clarificadora?
Por si tu ego te sigue confundiendo y consideras tu provocación como "la prueba", doy por aclarado el asunto y hasta más ver. Tú sigue por donde te parezca y no dejes de agradecer que haya un sitio donde, por peregrinas que sean, tus calenturas pueden tener cobijo. Si te parece, claro.
A todo esto, ser nacionalista resulta que es lícito y legal; tanto como no serlo. ¿Lo sabías?
Nada, non soltades prenda, nin unha pequena opinión, nin un anaquiño de información privilexiada, eu que agardaba sacar algún detalliño deste fugaz regreso polo vigoblog, un cotilleo insustancial das cousas do Partido valíame, e nada, vai o Andión este e ponse frenético por unha pequena crítica sen importancia, unha nota informativa para visitantes despistados de nada.
Eu estou ben fresquiño, á sombra de Setembro. Grazas por me demostrares tan graficamente que "tus calenturas pueden tener cobijo."
Como as reunións de vellos que dixo o Quin, tocar as pelotas é unha das tradicións seculares deste singular pobo. O tonito faltón engreido do anónimoincapazdesingularizarse, pa min que xa é colleita propia.
Saúde
O Quin ás veces parece de XXSS, verdade?.
Pois eu votarei a Abel, é moito mellor co Caín...
Que les den un plazo razonable a las empresas para que solucionen el tema de los vertidos ya que hasta ahora se consintió. A partir de entonces ¡¡caña al mono a tope!
Onte estiven en Santiago...¿cómo van nos dar cartos nos presupostos si logo todo o diñeiro entérrase nas pirámides de Fraga?
Boa herencia a do PP. O que importa é a apariencia
E ainda non se sabe para que servirán...¿cómo os outros conselleiros deixarón ir adelante ese proxecto? É incomprensible
el Pachi este es con diferencia el tipo más populista de la xunta. Portemeñe 2
tiene buenas ideas. Falta que las veamos en práctica. Otros no tienen ni eso
No sé que sentido tiene enterrar tanto dinero en esa obra faraónica de Santiago. La ciudad de la cultura...¡Y Vigo sin bibliotecas!Empezamos la casa por el tejado y lo hacemos de oro...
El museo de las palabras, la ciudad de la cultura... en un país lleno de analfabetos funcionales ¿Quién decide?
Publicar un comentario