¿Como é posible que, segundo informa hoxe Faro de Vigo en relación coa recuperación da concesión e rehabilitación do edificio Montemar (o que albergou durante anos no Castro o Restaurante El Castillo), "el Ayuntamiento renuncia a recuperar la fisonomía anterior del inmueble, pero también a incrementar su edificabilidad"?. As institucións públicas son as primeiras obrigadas a cumprir e facer cumprir a Lei. Os concesionarios deste edificio fixeron -como se pode apreciar na montaxe fotográfica, xa publicada en Vigoblog- de forma irregular nuns casos e ilegal noutros, ampliacións sucesivas do edificio orixinal que chegan mesmo a apoiarse a xeito de chabolo nos paramentos da muralla. O goberno municipal renuncia así, non só a recuperar a visión do inmueble que realmente ten valor histórico, as murallas barrocas do antigo Castelo do Castro, senon que ademais renuncia tamén a reconducir cara á legalidade as actuacións anteriores que aumentaron irregularmente a edificabilidade e a imaxe máis comedida (por máis que a min particularmente me pareza un pastiche sen moito interese) do edificio orixinal.
Colócase así o goberno municipal na mesma posición que calquera privado, tratando de sacarlle a maior tallada posible ao edificio, aínda a costa da salvagarda -á que está obrigado- da debida visibilidade e integridade do Castelo, ben patrimonial catalogado como de interese cultural a ao que lle corresponde legalmente -a el e a o seu contorno- unha protección especial.
Que intereses se defenden, os do futuro concesionario? Novamente o interese xeral sacrifícase en aras dun suposto aforro (será o concesionario o que afronte a malchamada "rehabilitación").
Mágoa desta nova oportunidade perdida para recuperar un espacio histórico tan fondamente deteriorado ao longo dos anos, un parque do Castro, ameazado en tódolas frontes por unha urbanización que nunca debeu ser permitida: Hispanidade, Cronista Álvarez-Blázquez, Marqués de Alcedo e -especialmente co novo PXOM- polas novas edificabilidades na Praza de España, Viveiro municipal e rúa Aríns. Reducido o parque á mínima expresión, aparcamento alternativo, abandonadas as súas ruinas castrexas, non existe por parte do Concello nin a mínima "xenerosidade" de liberar as murallas do seu Castelo dun edificio ilegal que nunca debeu ser construído alí.
Esperemos que a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, á que lle corresponde autorizar en última instancia esta obra, impida que se consolide este desaguisado e defenda, como corresponde, a integridade do Castelo do Castro.
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
4 comentarios:
Que tal si ponemos ahí la alcaldia y se dedica el edifico del Areal - antes rectorado- a Museo de la innovación urbanística (Habría fondos de la UE, fijo!)
¿Al edificio del rectorado le quitarán el yugo y las flechas? ¿Y al antíguo banco de España? ¿Y los caidos de las iglesias? Vigo necesita una limpieza a fondo....
¿Pero no se dijo que los viveros no se iban a privatizar para construir allí?
Es feo de las dos maneras pero mejor el original sin duda
Publicar un comentario