Abafados no fume, cabreados e impotentes imos aprendendo, pesía todo.
A escala do tempo. Case tódolos problemas serios teñen causas que se remontan anos e anos. As solucións tamén. Por tanto, de nada valen as políticas de parche e de imaxe. Botamos en falta a reflexión con rigor. Galicia tiña que ter os mellores expertos en cuestións forestais. Material experimental temos dabondo.
As respostas dos nosos responsables evindencian o esquematismo das súas propostas cando eran oposición. Hoxe din, literalmente, o que dixeron os seus antecesores. Mentras tanto, inasequibles ó desalento, insiten, uns e outros, con tozudez , en levar un debate político de baixura alimentado polos forofos de plantilla. Non se trata de ser mellor co outro se todos perdemos.
A escala do espacio. Tamén hai globalización nos incendios. O monte arde porque non vale nada. A madeira chega ós nosos portos a prezos irrisorios desde paises lonxanos. É a mesma madeira dos cayucos. Os aserraderos se deslocalizan. As papeleiras tamén. ¿É posible librarse ó mesmo tempo do cheiro da celulosa e do fume?
A ordenación do territorio. O lume chega ás casas ou as casas foron cara ó lume? Todos levamos un promotor dentro que desexaría convertir cada metro cadrado de terra en solar edificable. Hai que pensar máis os emprazamentos para non pedir , agora! , unha boca de rego en cada casa de cada aldea. Por se non fora pouco, agora tamén o mar, a lámina de auga sube de cotización.
Tamén están as xerarquias. O monte que arde lonxe é menos monte que o que arde ó lado da casa. A alarma é maior porque o lume está nos xardíns das cidades.
A escala de decisión. Nos problemas serios non hai localismos. Hai que articular decisións. Viron como os concellos, a xunta, o propio estado quedan superados nas grandes catastrofes? Non se pode reinvidicar soberanías parciais nun mundo globalizado; non podo decidir a construcción da miña casa no medio do bosque e esixir un bombeiro ó lado; non podo construir milleiros de vivendas e esixir que outros arranxen o transporte; non pode esixir “Nunca mais”, e non cumplir co protocolo de Quioto.
As implicacións ecolóxicas. Onde se meteron os que fan chistes sobre os ecoloxistas? Estamos aprendendo que tódalas decisións teñen repercusións a curto, medio e longo prazo. Desde a rede de transporte ata as alturas dos edificios. Á vista das consecuencias alguén dubida que paga a pena perder un ano para repensar ambientalmente un plan? O deseño dun colector paralelo ó Lagares para conseguir un rio limpo non está no orixe da degradación da ría?
A vulnerabilidade. O monte sempre ardeu e vai seguir ardendo. Pero non sempre se queimou. A nosa relación co territorio fainos cada día máis vulnerables. Pensemos nos elementos básicos –auga, aire, enerxía- e na súa xestión cada vez máis complexa. Estamos a merced de tolos insensatos –nos avións ou en cidades como Beirut- ou de planificadores irresponsabeis como os do camping de Biescas ou os transportistas de fuel do Prestige. Non é unha coña. Pero hai que paralos.
P.S. Tamén temos que falar de nos. Non hai mafia sen complicidade social. Sabemolo ben polo contrabando, polo narcotráfico, polas infraccións urbanísticas. A colaboración cidadán non é fácil.
Sumar Galicia completa este sábado o seu proceso constituínte, liderada por
Paulo Carlos López e Verónica Martínez Barbero
-
Á clausura da asemblea, na Facultade de Psicoloxía da USC, está previsto
que asista a vicepresidenta Yolanda Díaz.
7 comentarios:
Lorenzo:
Fotocopiarei as tuas reflexions e repartireinas pola rua. Graciñas e felicitacions por iste artigo.
¿Dónde vamos? ¿estamos todos locos?
Buenísima reflexión. Lo único malo es que me llena de pesimismo.
Pues habrá que partir de ese pesimismo para frenar la escalada. Habrá que ir dejándo de mirarse al ombligo, de hartarnos de autocomplacencia, de ignorar que el progreso implica ya renunciar a competir con la naturaleza, y empezar a considerar que no es una "boutade" eso de que el aleteo de una mariposa en China puede provocar un terremoto en USA.
En menudo "globo" nos movemos, por muy terráqueo que digan.
Hoteles desde 10€, alojamientos economicos y de alta calidad, casas rurales de ensueño,vuelos econimicos y mas cosas. www.galiciaenpie.com
best regards, nice info california interracial adoption fishing at merimbula wharf Laser tattoo removal redgton Allergy message boqrds interracial sex pictures sex.bigwwworld.com Dirty blowjob puking Blonde petite amateur Gay uncircumsized huge cocks interracial couples pictures Built dishwasher in install contacts order contacts online contact lens accuvue contacts Ambien date rape
Best regards from NY! Bmw 2002 parts golf courses Keva soccer Pdas handheld review Pamela anderson lee nago Council bluffs cosmetic dentistry ebaycom golf dunlop golf clubs resolve www cum filled panties .com xenical aggregatorquerydebug aggregatorcaptiondebug nocache Wisconsin celebrex side effects golf bottle stoppers Invacare 9000xlt wheelchair volvo 610 http://www.dedicated-servers-9.info Golf short sleeve wind jackets big golf grips Port of los angeles world cruise center golf club head cover
Publicar un comentario