Sumar Galicia completa este sábado o seu proceso constituínte, liderada por
Paulo Carlos López e Verónica Martínez Barbero
-
Á clausura da asemblea, na Facultade de Psicoloxía da USC, está previsto
que asista a vicepresidenta Yolanda Díaz.
IX ÉPOCA
22.8.06
Vamos sin rumbo (nome de barco no morrazo)
¿Alguén de nos podería imaxinarse cando as manis do prestige,unha escena semellante a contemplada en compostela o domingo pasado?
¿Alguén se imaxina unha mani daquelas con deputados do governo autonomico( PP) na cabeceira da manifestación ou destacados parlamentarios do PP no medio da mani?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
15 comentarios:
Atención, atención. A nosa superalcaldesa visita hoxe día 22 de Agosto a central de bombeiros de Teis e o parque de Balaidos.
Que curiosidade sinto por saber o que lles vai dicir os apagalumes
A desaparecida e agora resucitada Nunca Máis, que no seu día foi conscientemente aniquilada polo BNG como partido hexemónico na nosa prometedora e ilusionante, plural e diversa (daquela) Plataforma cívica, comportouse como unha "asociación" (?) pro-gubernamental. Cando denunciabamos a catástrofe do Prestige e a incompetencia e manipulación dos poderes gobernantes na xestión da crise, o berro preferido nas manifestacións, pouco antes de que boa parte dos ilusionados participantes nos cansáramos dos intentos de manipulación de cada manifestación por parte do BNG e adláteres (coa toma das cabeceiras e o monopolio organizado dos símbolos -uso masivo da bandeira coa estrela vermella-), era un absurdo "a culpa de que é: dos que votan ao PP" (obviando e ocultando a loita auténtica contra a voracidade internacional do capital petroleiro, e a creación dunha auténtica conciencia ecolóxica). Agora o berro manipulador repítese na manifestación de apoio ao goberno bipartito: "a culpa de quen é: de 15 anos do PP". Óbviase así novamente a necesidade de crear unha conciencia medioambiental real, coñecedora das causas complexas da catástrofe e con capacidade para xerar unha masa crítica que se poña fronte ás variadas causas dos incendios e contra a manipulación e incompetencia dos nosos gobernantes. Porque a incompetencia (no nivel que se queira e sen comparar nada co caso do Prestige -que non se trata diso) se manifestou gravemente na prevención secundaria e loita contra o lume nestes case dous anos de goberno. Pero con esa incompetencia xa contabamos: é a hora da sociedade civil, de esixir explicacións transparentes, de esixir o cambio real na política forestal, económica e urbanística que levan a esta catástrofe establecida como un carracho no noso territorio e nas nosa feble conciencia.
A loita electoral, para os electoraleiros dun e doutro signo. Que non conten con nós para ir detrais das súas pancartas. Máis conciencia e menos consignas interesadas. Queda un longo camiño por percorrer.
Mágoa daquela Nunca Máis desaparecida case á mesma velocidade que se formou. Morta de morte matada.
Naturalmente, na morte de NM participou máis ás caladiñas o PSOE, pouco interesado en experimentos de democracia directa... o traballo suxo deixóullo ao BNG, no que vén sendo xa un costume político dos últimos anos en Galicia.
No entiendo el papel de la Avendaño en el Celta. Me recuerda lo de Miñancos y sus equipos,lo de un promotor exceltista y lo mismo. Me pregunto ¿qué pasará con los terrenos de Nigrán "recalificados" que compró de aquela maneira el presidente del Celta? Lo de ahora me parece intentar un lavado de cara frente a la opinión pública. No se deberían mezclar churras y merinas...
El futbol no se debería mezclar con los intereses económicos. El deporte es otra cosa
Recollo aquí embaixo un anaco dos comentarios a un post dentro do Foro Burla Negra-Nunca Máis (http://burlanegra.vieiros.com/foro/
read.php?f=1&i=28413&t=28156&lang=gal), que se producía no ano 2003, a un ano da catástrofe do Prestige. Concordo case ao 100% co que dicía sobre NM o meu tocaio pablo:
Autor: pablo
Data: 01-10-03 17:28
Tristán, para min hai dúas NM:
- A NM froito dunha mobilización auténticamente popular, motivada inicialmente polo horror por unha nova catástrofe ecolóxica nas nosas costas, froito da avaricia dos que manexan o petróleo e, pouco a pouco, fondamente democrática, denunciadora da arbitrariedade, mentira e inoperancia do poder, incipientemente consciente do papel de mamporreros do capital que teñen os estados. (chamémoslle a esta, o espírito de NM)
- A NM organización (na que todos e ningún estabamos), formada timidamente a base de unir siglas diversas e na que o grupo político con maior capacidade organizativa e presencia de militancia (o BNG) estableceu a súa hexemonía e o seu freo.
Da primeira NM puido ter saído un auténtico movemento de base, asembleario, de adscrición individual, imprescindible para ir articulando á parte máis consciente da sociedade galega nun proxecto democrático (anticaciquil, txingu), intolerante coas arbitrariedades dos políticos e coas agresións constantes ó medio natural de Galicia. Estou falando dunha asociación cívica, non necesariamente no que convencionalmente chamamos "política", lugar de encontro, de transversalidade e de "producción" de masa crítica.
A segunda NM (ou unha descoñecida superestructura que seguimos sen coñecer) encargouse de "modular" á primeira, desinflala para impedir que xurdise unha ampla organización imposible de controlar cos medios tradicionais que manexan os partidos. A segunda NM tivo un só fracasado obxectivo político: o desgaste do PP de cara ás eleccións municipais (tamén ocorreu así co movemento de Non á guerra). Non é casualidade que o berro máis escoitado nas manifestacións fose "A culpa de quen é: dos que votan ó PP", esquecendo outras consignas cun maior contido verbo da relación do "accidente" cos intereses das multinacionais dos petróleo e sobre a actuación da administración. A segunda NM é hoxe unha especie de superestructura cultural, incapaz de ter a forza suficiente para exercer un control popular das decisións e presupostos que rodearon e rodean ó Prestige.
E queda este foro, no que cada vez que se intervén con posturas críticas ou autocríticas, xorden os gardiáns da orde, que sen entrar nas discusións nin no fondo do que se trata, descalifican sen máis. Co bó que é o falar para facer país...
Unha mágoa, oportunidades como estas tardan moito en repetirse.
Autor: Pacios
Data: 02-10-03 11:32
Asambleário, xa existe, o BNG
Ecoloxista tamén, a patadas.
Pacifistas tamén.....
Sindicalistas
Feministas
NM é un movemento plural e cidadá, contra unha catástrofe medio ambiental e social que se repita periodicamente, as mareas negras, e as causas son diversas, e debe-se aglutinar a meirande cantidade de xente na "accións" que se fagan, e non a merda minoritária que tanto lle gusta ao gudari.
Pretender sacar unha organización política de NM, como se chamaria, que ideoloxia teria, que proxecto para este Pais?
Xa que tanto lle gusta ao chingado, que seria, outro intento de facer HB aquí?, outra FPG?
Autor: pablo
Data: 02-10-03 12:46
Matizarei o que dixen, porque efectivamente penso que se pode interpretar en clave conspirativa (eu non creo que haxa nin nisto nin na política mundial mans negras que o manexan todo, senón xogo e estratexias de defensa de intereses -de clase, sobre todo, e derivados destes, outros máis corporativos-).
Xa o dixen noutras ocasións neste foro, nun "movemento" que emerxe como NM, só os que teñen unha capacidade organizativa alta (neste caso en Galicia o BNG) poden articulalo cara un ou outro lado -especialmente en Galicia onde a "masa crítica" é mínima e o esfarelamento e compromiso persoal das tradicionais organizacións sectoriais, máximo-. Non creo que o BNG se propuxese acabar con NM, senon que a "modulou" (a palabriña está de moda) e instrumentalizou en función non dos intereses xerais -que apuntarían ó maior aglutinamento organizativo posible das persoas (que con graos moi diversos de "conciencia") mobilizadas- senón dos seus propios intereses corporativos (isto non é nada novo, non hai máis que ver a actuación das centrais sindicais dentro do movemento obreiro, o papel de defensa corporativa dos liberados sindicais case vitalicios...) e da súa concepción "substituísta" (clásica na esquerda herdeira do estalinismo) na que existe unha identificación esencialista entre os intereses de clase e os da propia organización [é significativa, neste sentido a resposta de Pacios -dito sexa de paso, para o que "Galicia vai ben"- cando di "asambleario xa existe, o BNG]. É nesta lóxica na que se utiliza NM cun carácter esencialmente eleitoral [convócase mesmo unha nova manifestación de NM en Compostela pouco antes das eleccións, -para obrigar tamén ó desmarque do PSOE- na que asistimos, "incomprensiblemente", moita menos xente cá nas anteriores, cando o problema que suscitou o movemento é igoal ou maior cá no principio], reducindo o problema a que o goberno sexa do PP ou do BNG [no que subxaz de novo o planteamento substituísta].
Non, eu non creo que NM se afundise soa. Si creo que para non afundirse tiña que existir un grupo político con capacidade organizativa suficiente e con visión estratéxica abonda [chameino noutra ocasión "xenerosidade"] como para evitar que se afundise. Obxectivamente ese grupo, nese momento, só podía ser o BNG. Pero a estratexia frontista da UPG é neste sentido nidia (sempre o foi): quen se queira organizar, na fronte. [este é o planteamento inxenuo tamén de moitos militantes do BNG, que cando falas con eles entenden que se tes un determinado grao de conciencia, ou te integras no BNG ou eres un parásito idealista].
Pacios non lé o que poño. Cando falo da NM como movemento con base asamblearia, digo claramente unha asociación CÍVICA, non política [por analoxía, os sindicatos son asociacións cívicas, non políticas] [xa sei que todo é "político", pero se entende], con dous obxectivos básicos:
-a defensa medioambiental de Galicia, dun desenvolvemento sustentable (e isto é definible sen un posicionamento político concreto)
-a defensa democrática da poboación: non arbitrariedade, transparencia, non censura, responsabilidades políticas ós cargos electos...
e organizativamente con adscrición individual, estructura territorial, toma de decisións de abaixo arriba, elección e revocación de delegados...
non sei cal é a experiencia dos que non militades en ningunha organización política, pero a miña é a de ducias de persoas que participaron activamente nas mobilizacións que hoxe están frustradas e desmobilizadas e que cunha NM doutro xeito serían elementos valiosos para contribuíren a estructurar unha oposición "popular" de base ampla ás contínuas arbitrariedades e manexos interesados do poder (anticaciquil, txingu).
Nada que ver, Pacios, con HB ou FPG, que son organizacións políticas [aínda que se cadra si teña máis que ver con outras plataformas populares de carácter asembleario das que si hai tradición en Euskadi, aínda que posiblemente moi condicionadas pola extorsión e pensamento único de ETA].
Autor: Pácios
Data: 02-10-03 19:39
Jaaaaaaaaaaa! que me esmendre-llo!!!
Realmente vivides nos putos mundos de Yupi.
E o BNG funciona así, de xeito asembleário, de abaixo a arriba,..... o que pasa que ledes o Correo, A Coz e o Faro e non vos enteirades de nada.
Ah! non cala, que seguides coa paranoia anti-comunista. Que triste!! nestes tempos...
Autor: pablo
Data: 03-10-03 20:30
Vas despistado, Pácios, tes un universo cativo (Anguita, Ferrín, Llamazares) e referencias demasiado comúns no mundo da UPG (só comúns poden ser pois o acervo cultural e político da UPG é máis ben escaso). Nin Ferrín, nin Anguita nin LLamazares son marxistas (se cadra, igual cós dirixentes da UPG, son todos eles o que se veu chamando comunistas despois da revolución soviética, pero dende logo nada teñen que ver co marxismo máis cá na súa versión máis perversa -dálle o sentido a esta verba, nada que ver con hannibal lecter- e terxiersada). Non me preocuparía demasiado se non fose porque a nugalla intelectual e a subcultura dunha esquerda ancorada no estalinismo máis grosero (adaptado, claro, á necesidade de dar de comer ós seus políticos profesionais en época de "democracia") é un lastre demasiado grande e un ariete demasiado feble para loitar con eficacia contra o capitalismo e contra ese fascismo encuberto no que se están transformando as "democracias", cada vez máis "orgánicas" (ver tema "gobernanza" e tremar) cada vez menos democráticas. Unha incapacidade crítica na militancia de "esquerdas", unha incapacidade comunitativa e de transversalidade, que dá medo.
Mira neno, non fai falta participar nunha asemblea comarcal para ter informacón do que ocorreu -pero debes contalo e respostar ti, se queres e non volver a utilizar a descalificación como resposta-. Eu si falo, si me relaciono, con moita xente (entre elas, algunhas da BNG): escoito, discuto, argumento (mal, ben, regular, moi mal, moi ben, nono sei) ás veces cabréome, ás veces convenzo e ás veces convéncenme: neste momento de incertidumes, tento canto menos non enganarme, tento -no pequeno espacio no que nos movemos- que medre unha opinión en común baseada no rigor, non no sectarismo, nin nun fundamentalismo nin na demagoxia nin no ocultamento da realidade nin no oportunismo estúpido.
Á UPG non lle fai nin lle fixo falta controlar as mentes de ninguén (aínda que o libro dun ex-militante da UPG que citei noutro post, pode ser clarificador de como se pode chegar a onnubilar): sinxelamente contrólase a "fronte" cunha organización disciplinada, organizada conforme ós principios do "centralismo democrático", que compite en condicións de desigualdade con outras menos capacitadas nesas lides. E se hai discrepancias dentro da U (unha denominación familiar que utilizas, eres un clásico), arránxase coa expulsión ou o abandono, depúrase e fortalécese (e esa linguaxe non é miña, é da UPG) dun xeito ou outro. E cando ese control non sexa posible -e eu vaticino que non será a curto prazo posible- rachará o BNG como antes racharon outras experiencias frontistas auspiciadas pola UPG. E outra vez a reconstruír.
Para rematar, como insistes demagoxicamente no da pasividade, vou ser faltón: non hai nada pior nunha organización cá un burro traballador; é moito máis productivo e menos perigoso un intelixente nugallán.
Si nuestros montes tuviesen más especies autóctonas ( carballos, castaños, alcornoques, abedules,...) no habrían ardido así. El eucalipto y las acacias solo sirven para los intereses de unos pocos, además de ser especies invasivas
Tienen derecho a manifestarse.Me parece bien.
Xa empeza o pp a organizar ós alcaldes para sacazr rendimento da desgracia dos incendios....agora empezaremos a mirarle a cara
Yo estuve en la manifestación y cuando vi al nazi de Bieito Lobeira con la pancarta de cabeza pensé que me daba algo.
Era membro de NUNCA MAIS antes de que governara o BNG e ten direito a acudir as manis que lle dea a gana aínda que sexa parlamentario...¿ou non pode ir por ser do BNG?
Como el psoe se organizo con la desgracia de prestige.
Non o lin todo, mais aquí van unhas perliñas do cara dura do Pablo:
"a culpa de quen é: de 15 anos do PP". Óbviase así novamente a necesidade de crear unha conciencia medioambiental real. E como é a consigna a berrar?, un tratado de 500 páxinas?. Por favor, quen queira informarse ten documentación completa sobre o tema elaborada co auspicio da consellaria. Outra cousa é unha consigna de mani, breve e sintética, e neste caso totalmente certa. Eses 15 anos houbo uns responsabeis políticos, que foron os que foron.
Outra trola:
"incompetencia (no nivel que se queira e sen comparar nada co caso do Prestige -que non se trata diso) se manifestou gravemente na prevención secundaria e loita contra o lume nestes case dous anos de goberno."
O de dous anos a que se refire? ao ano case xusto que levaban no intre dos incendios?. (un ano, un, neno que non sabes contar, ou non queres saber == "los números según los manipuladores patológicos de Xuventudes Socialistas").
E da metepatas de Narbona non te acordas?. O da conciencia ecolóxica contádello ao voso Caballero Recheado, que enche Vigo de máis merda.
Ah! tes razón: o dos dous anos refírese a dúas tempadas de incendios...
No do demais, sería francamente difícil que o entenderas se recoñeces que nono lés.
Sobre o de Caballero Recheado, rapaz, desconectache o automático, anda, que non sabes por onde vas: lé máis, que neste mundo -aínda que che parece incríble- haiche máis leira cá propia e a do veciño.
Al que nos echa unas "perliñas". Más bien nos echas unos abalorios de raquítico valor de cambio. Si leyeras... podrías estar de acuerdo o en desacuerdo, pero como no lees... arremetes contra molinos de viento. Vete componiendo otra lanza; ésta se te quebró en el espejismo.
Publicar un comentario