Empeza a ser evidente que os avatares ¿finais? do PXOM de Vigo están a afectar xa ás neuronas dalgúns. Só así se pode explicar o artigo de Miguel Font no Faro de hoxe -este ex-aparellador municipal de Vigo, xerente de APROIN e promotor inmobiliario (por certo, curioso destino dalgúns aparelladores municipais deste país) que segue empeñado en escribir cousas sesudas cando está claro que non lle dán os miolos para tanto. Nel -amén das súas teimas habituais antipartidos- transmite o seu nerviosismo coas últimas novas sobre a aprobación ou posible modificacións no Plan.
Tamén só así se pode explicar o artigo de Miguel Barros tratándose de explicar o inexplicable, nun exercicio honesto por analizar en claves políticas -por máis que inintelixibles- o proceso de aprobación do Plan, perdido en tautoloxías e sen ser quen de entrar no realmente importante: no contido do PXOM, nas obxeccións de Mauricio Ruíz, nas miles de alegacións non contestadas e na adecuación legal e técnica do documento.
Para completar o panorama de opinións de hoxe, Ventura Pérez Mariño adica o seu artigo na Voz de Galicia de hoxe, nada menos, que á corrupción nos Concellos... de Gran Canaria. Cándo falará Mariño do Concello de Vigo? Sempre será interesante a opinión do único alcalde desta cidade que, como a muller do César, pareceu honesto... e costoulle o posto.
Quen lles botou droga no seu LSD?
Anova non descarta a unión co BNG e lembra que o seu apoio axudou a Pontón
nos resultados das eleccións galegas
-
Antón Sánchez e os alcaldes de Rianxo e Sada, entre as persoas que
acompañarán a Noriega na dirección de Anova.
3 comentarios:
El artículo de Barros me recuerda aquellas sesiones de cine forum a las que asistiamos en la universidad...palabrería rimbombante....Realmente ahí si hay LDS...deformaciones de la realidad...
Sí, recuerdo películas dificilísimas que no entendíamos pero que nadie se atrevía a confesarlo....
Eso, que Pérez Mariño nos cuente lo que ocurre en nuestro Concello. Si todo es tan legal supongo que a nadie le importará que lo sepamos quienes los mantenemos
Publicar un comentario