Aproveitando unhas cervexas, o amigo enxeñeiro agasállame cun cursiño acelerado de movemento de líquidos. Estes son os apuntes que tomei na socorrida servilleta.
1º principio: A auga nen se crea nen se destrue, só se move.
Asi que, se os dias de choiva o caudal de augas pluviais entra na mesma rede de saneamento vaise sumar co das augas fecais acadando valores considerables.
Corolario: Se unha depuradora ten un límite de tratamento de , poñamos, 1000 litros/seg e o caudal que recibe é de 3000 l/s, necesariamente 2000 l/s terán que ser enviados ós rios ou ó mar sen tratamento.
Solucións: a) Construir depósitos de tormenta que acumulen auga temporalmente ata que pase o chaparrón. En Vigo, polo visto, esquecéronse de facelo, nas recentes obras de humanización e o que había era pequeno. Resultado: saida incontrolada de augas na zona do Nautico como temos informado. Idem no caso da rúa Coruña.
b) Construir unha nova depuradora. Tamén coñecida como solución "escapar cara adiante"
c) Separar a recollida de augas pluviais das fecais. Coñecida como solución intelixente pero , como xa citamos, condenada polos politicos inmediatistas que non desexan enterrar cartos que non den prestancia.
2º principio: A auga non flúe tan libremente como algúns, expertos incluidos, pensan.
Polo que parece, ó chegares ás curvas, tal que si fora Fernando Alonso, a auga vese frenada e provoca un aumento de presión que ven sendo proporcional ó caudal que discurre e, o que parece moi lóxico, ó angulo da curva.
Corolario: Se os colectores se doblán en ángulo recto, como é o caso da rúa Cervantes, o aumento de presión pode ser tan considerable nos momentos de choiva forte que provoca o ascenso das augas polos tubos de desagüe das casas, provocando a súa inundación cunha desgradable mestura de augas pluviais e fecais.
3º principio: Un rio pode ser un colector e unha ría, unha depuradora.... ata uns límites.
Corolario: Se hai unha sentenza que avisa do mal estado das rías quere decir que, dada a proverbial velocidade da xustiza, hai xa tempo que debemos andar perto da capacidade máxima depuradora da ría.
Queda moi bonito evitar que un lagares sexa colector pero non se pode trasladar ó problema á ría.
4º principio: Os coñecementos dos técnicos a estas alturas de século son suficientes.
Perplexidade: ¿Como seguimos sen explicación sobre funcionamento do saneamento na cidade?
Sobre a contaminación da ría: ver tamén o noso post: Dona Lola ten algo que decir. Nós tamén.
Condenado a 14 anos de prisión por abusar sexualmente da neta menor da súa
parella durante seis anos
-
Durante o tempo en que duraron os abusos, desde que contaba con 8 anos ata
preto dos 15, a nena non contou o que lle estaba pasando "porque tiña medo,
sent...
2 comentarios:
Como podemos comprobar por el post anterior, la "imaginación" del tandem Corina-Sherezade Chema-Iznogood se agota en el exterior.
En un carnaval pemanente, sólo saben tapar la cara, bien sea con pantallas textiles que exhiben fotografías que les parecen más "bonitas" que sus verdaderos rostros, bien con granito venezolano para tapar las cacas que circulan bajo nuestros pies.
Nos dijeron que la actual depuradora resolvería los problemas de una ciudad de 400.000 habitantes (igualito que el PXOM), y resulta que no da ni para un chaparrón.
Según esto, podemos formular algunos otros principios de la PPdinámica:
1º principio: se crea el problema, para inventarse una solución a base de más pasta para concesionarios, comisionistas y papanatas.
2º principio: si se tiene el morro suficiente poco importa que me llamen gorrión si me echan trigo.
3º principio: teniendo en cuenta que la peña no sabe, se le dice cualquier cosa, y a otra cosa, mariposa.
3º principio: y si no tragan, pues les endilgamos un informe externo, que dirá algo así como más vale un toma que dos te daré.
Corolario: hay que darse prisa, que las elecciones están a la vuelta de la esquina y puede que no nos dé tiempo a colocar otro pringue, que ya nos fallaron el de Balaídos, el de la ETEA y el de la Ciudad del Agua, y se nos están acabando los recursos para habilitar más paridas.
En todo caso, nos vamos a montar una comisión de investigación, que te cagas, colega, y ya verás cómo nos salimos de rositas de este enmierde.
DEFINITIVAMENTE: Les da igual que no seamos imbéciles; ellos no saben hacer otra cosa.
CONCLUSIÓN NECESARIA: Tranquilos, que de aquí a un año nos habremos olvidado de que nos tomásteis el pelo, y ya os votaremos, ya.
O do colector da rúa Cervantes é gravísimo. Trátase do maior colector de Vigo pois recolle unha das maiores concas (Urzaiz-Gran Vía). Este colector baixaba antes pola rúa Urzaiz e Colón sen ángulos rectos críticos. A rapiña da construcción do parking de Urzaiz, "empeño" de Manolo Pérez continuado con ilusión por Pérez Castrillo obrigou a desviar o colector por Cervantes e Uruguai, nunha manobra absolutamente irresponsable, cuxas consecuencias xa foran advertidas polos técnicos naquel momento... pero a xugosísima operación do parking de Urzaiz nona ía parar un colector de merda e uns técnicos puretas. Máis grave é aínda o feito de que non se aproveitase para separar pluviais de fecais nin nesa obra, nin na posterior de Colón, nin na posterior do resto de Colón e Praza de Compostela. Aínda por riba, para aforrar cartiños cos que decorar a superficie, nesta última obra nin tan sequera se renovou a rede de saneamento -taxeas con máis de 60 anos de antigüidade (obra que estaba contemplada no proxecto aprobado polo Concello)- nin se executou o novo tanque de tormenta que si prevía o proxecto inicial encargado polo concelleiro de Vías e Obras do anterior goberno municipal e que finalmente non foi o licitado.
Pero hai responsables políticos e técnicos desta "masacre", aos que hai que esixirlles primeiro explicacións e logo responsabilidades.
E unha Comisión de investigación sobre o saneamento en Vigo. Queremos saber a verdade, toda a verdade e nada máis cá verdade.
Publicar un comentario