IX ÉPOCA

16.5.09

Unha ollada non nacionalista sobre a lingoa

Existen outras olladas sobre o noso idioma. As olladas que parten da obxectividade do que en sociolingüística se coñece con conceptos como conflicto lingüístico, lingoas en contacto, diglosia, prexuízo lingüistico, autoxenreira... Unha visión cultural e democrática do conflicto que permita analisar a situación dende perspectivas non sectarias e rexeitadoras do prexuízo lingüístico. Que o galego é a lingoa propia de Galicia é algo que non só está consagrado na lexislación a partir da Constitución Española e o Estatuto, senon da obvia constatación da realidade. Unha realidade que pon de manifesto a violencia historicamente exercida sobre os falantes do galego polo mero feito de non posuiren poder, de seren a negatividade da sociedade capitalista. Esa negación maniféstase lingüisticamente na privación da lingoaxe materna nos ámbitos do poder real e simbólico. Constatar esa situación de violencia e desigoaldade non pode deixar a ninguén que teña un mínimo de conciencia política, indiferente. Obriga a tomar algún partido, agás o da indiferncia ou o do pragmatismo. Non se pode afirmar con rigor que se está a favor da conservación e uso normal e igoal do galego en Galicia, sen asumir que tal obxectivo e tarefa precisa dunha política cultural activa que free a desaparición de falantes e a degradación interna do idioma. 
Nos paises con dúas lingoas en contacto e en situación de desigoaldade que se toman en serio o conflicto, sen sectarismos, demagoxias nin prexuízos, o poder público establece unha expresa e planificada política lingüística que vai moito máis alá da mera e retórica redacción e aprobación de leis e decretos.
Infelizmente, case trinta anos de lexislación pretendidamente compensadora da desigoaldade social do galego, de uso teatral do idioma na política, de ensino en galego a unha importante parte da poboación, non teñen conseguido frear a sangría de falantes e colocan á pervivencia do galego nunha crítica situación para o futuro. Trinta anos nos que os supostos maiores defensores do idioma, os nacionalistas, levan sobre as súas costas a responsabilidade de só haber logrado que se identifique o uso do galego coas súas siglas, e que case non sexa posible o uso activo dese idioma sen ser identificado como membro da secta e rexeitado politica e mesmo socialmente. 
Neste contexto, agradoume que unha das primeiras declaracións que leín de Feijóo, xa presidente, ao falar sobre este tema, fose dicir que en Galicia non existira planificación lingüística. E eu estou radicalmente de acordo con esta afirmación. Hai quen queda satisfeito cun mero decreto sobre o ensino do galego e centra aí o eixe de toda discusión sobre o futuro do noso idioma. Pero a realidade é que a lexislación sectorial foi sempre beneficiosa para o uso do galego e, non embargantes, en ausencia de toda política ou planificación, o que leva e levou é á perda de falantes e á desespranza sobre a normalización do noso idioma. 
Son dos que pensa que a utilización sectaria do galego polo nacionalismo realmente existente é un dos maiores obstáculos para afrontar con rigor plans de normalización, e un auténtico suplicio para os que somos falantes activos non nacionalistas, continuamente traizoados polos que instrumentalizan no seu favor a cuestión lingüística, importándolles ben pouco o que isto significa a medio e longo prazo para a pervivencia da lingoa, independentemente da pervivencia dos partidos e grupos do nacionalismo que hoxe coñecemos.
Se nos fixamos na actuación, por exemplo, do BNG en cuestión lingüística en Vigo, onde gobernaron dende a alcaldía e gobernan hoxe dende a bi-alcaldía, debemos preocuparnos: un uso puramente retórico da cuestión, unha vergonzosa práctica do idioma polos seus dirixentes, un uso habitual do castelán na actuación pública e privada do equipo de asesores de Santiago Domínguez, e a nula actuación para evitar ou denunciar a evidente marcha atrás que na última década ten a normalización lingüística nas institucións da cidade.
Feixó actúa intelixentemente no nomeamento do secretario de política lingüística… pero aínda hai xente tan sectaria que preferiría ver a Gloria Lago, desa marxinal asociación chamada Galicia bilingüe, en tal posto e así durmir tranquilos dicindo ¡¿vés!?, aínda que iso significase unha tremandamente mala noticia para o futuro do idioma.
O galego precisa dunha planificación lingüística que ataque o corazón da perda de falantes, o autododio. Unha planificación que persiga especialmente o prestixio social do idioma, á desectarización na percepción do seu uso por falantes activos, a mellora da competencia lingüistica no sector docente…
Menos decretos, máis planificación con obxectivos expresos e recursos para acadalos.
Non irei á manifestación de mañan -e menos despois de lér as declaracións da Mesa pla Normalización Lingüística-, por máis que me reconcomo por non poder facelo: non quero acabar co mesmo sentimento co que rematei a miña propia historia contra o Prestige, no apoio a Nunca Máis: fundido nun mar de bandeiras partidistas que alguén se empeñaba en dicirme que eran as de Galicia.

14 comentarios:

morgana dixo...

Bueno,muy bueno.
Gracias por el articulo.
Eu tampouco vou.

Anónimo dixo...

¿Consagrado?

Tomas dixo...

Moita xente congregada en Santiago, non sei si foi tan exitosa a celebración en Vigo. O ano pasado foi unha desfeita.

Anónimo dixo...

Estoy deacuerdo plenamente con este articulo, es más, en mi caso no hablo gallego porque:

1º) Fuí criado principalmente en idimoma castellano, y el gallego lo utilizo con los mayores que no entiende mucho el castellano.

2º) Mi ideología no es nacionalista, es mas bien universalista, y el idioma gallego fue tomado por un partido político y por asociaciones naciolistas como un agente diferenciador de ser naciolista o no, incluso de ser gallego o no, algo con lo que no estoy deacuerdo.
Hay muchos gallegos en Galicia y fuera de ella, que son mucho más gallegos que toda esa gente que se cree gallego por hablar gallego.
Para mi, una persona es gallega, independiente de nacer en Galicia o no, por su sentir gallego y su afinidad y respeto a la cultura y costumbres de Galicia, no sólo por hablar gallego.
El idioma gallego es una manifestación de nuestra cultura, y es algo de lo que estoy orgullosisimo de tener y de poder compartir con los demás, pero con lo que no estoy deacuerdo es que se utilice el idioma gallego como arma politica y que digan que soy nacionalista porque hablo gallego, y si no lo hablo entonces dicen que no soy gallego.

3º) Gracias a los que se llaman "nacionalistas" el idioma gallego es utlizado como instrumento de guerra contra el castellano, con cambios en la normativa y palabras gallegas. Como ejemplos citare: Galicia por Galiza y gracias por grazas.
Todo esto fomenta que para hablar correctamente gallego, tengamos que hablar lo que ellos dicen que es gallego, algo que no es cierto, porque el gallego es un idioma que a parte de tener su patrimonio historico y literario amplio, también tiene su evolución linguistica, algo que parace ser inasumible por esta gente mal llamada "nacionlista".

Creo que los idiomas gallego y castellano tiene que respetarse mutuamente.

No estoy en contra de que se aprenda gallego en las escuelas, es más, comparto que sea obligatorio aprenderlo, para poder comunicarse y respetar a la gente que lo habla, y conocer la gran riqueza cultura y literaria de nuestra tierra.

Así mismo, todas las personas deberían poder hablar gallego o castellano, y no por ello sentirse discriminadas, encasilladas como nacionalistas o no, o simplemente ser más o menos gallego.

En las escuelas, en las administraciones y en general, en la vida diaria, todo el mundo debería de tener libertad para hablar gallego o castellano, ese es mi pensar.

Sin más que deciros, os animo a que participeis en esta discusion.

Fdo: Fenix

RUSIÑOL dixo...

Morgana y yo, xa falabamos e loitabamos en galego, cando o tenente Santi ainda non fixera a primeira comunión, logo despois de coñocelo e ata tratalo, empezamos a falar en castelan pra diferenciarnos del. Unha autentica vergonza pra Galicia e os galegos e o propio BNG este elemento agora en descomposición, tras tanta corrupción.

Eu tampouco acudirei cos "loitadores de pacotilla"

Por cierto Comandante Morgana, desde su regreso de la tierra de del hielo, le noto un tanto frió.

A loita continua...

Pero los "SOLDADOS" necesitan que los generales les marquen las directrices en el campo de batalla.

Un beso.

havi dixo...

para Rusiñol:

eu sí estiven na manifestación en Santiago. Tí sí eres un loitador de pacotilla, xa que a túa loita é virtual, non real, amáis de desprezar aos que nos movilizamos.
Non son do BNG, e considero que é unha obriga facer público a miña disconformidade coas maniobras do PP de desmantelar o decreto do galego, sobre todo porque nas escolas é fundamental o ensino do galego. o problema de tantos profesores/as que tiñan que dar a clase en galego e non o fan por non se formar nin ser obrigados a poñerse ao día... qué comodidade que non lles fagan falar o noso idioma!
penso que se non nos mostramos, non saberán cántos somos os que queremos reivindicar o uso do galego.

RUSIÑOL dixo...

Xa cho dixen que o falaba posiblemente cando ti ainda non habias nacido, pero quedei ata os miolos de tanto tal iban fundamenta-lista/o e agora falo como me ven en gana ¿Non sí?

Non che parece mais democrático que cada cal fale como lle peta?

E pra ti serei un loitador virtual, pero non coma ti que eres de fin de seman e ademais de pico.

Pablo Eifonso dixo...

Tamén no tocante ao conflicto lingüístico hai persoas de convicción cultural e democrática feble. Entre os variados casos de autoxenreira está tamén aquel que di que non utiliza nin defende o idioma porque hai outros que o utilizan de xeito "fundamentalista". Non actúan estes casos da variada fauna que dá un país con lingoas en posición A e B nin por razóns funcionais nin como consecuencia dunha reflexión propia: actúan, aolemenos iso din, á contra.
Non embargantes semella máis cá un argumento unha coartada pouco creíble, da mesma orde daqueles que afirman que o falan na intimidade ou que o queren tanto que nono utilizan por medo a lixalo, ou que é un marabilloso idioma par a poesía pero que pra o seu choio non lles serve.
Este tipo de manifestación vénse englobando nos comportamentos baseados no prexuízo lingüistico, abondo estudiado pola sociolingüística. É precisamente, como dicía no artigo, na loita contra ese prexuízo e no logro do máximo prestixio social, onde está un dos elementos críticos para a normalización do galego.
Pois nada Voltaire (por usar un só dos alcumes utilizados en VB), anímate a recuncar na lingoa de Rosalía sen que che importe demasiado o que fagan os demais.

pablo gonzalez dixo...

Estimado Eifonso:

No xogo de politización da língua retroalimentáronse as dúas opcións: mentras un politizaba a lingua e facía exclusivamente súa a loita e a defensa da cultura galega, os outros os apoiaban nesa postura, que, á súa vez satiasfacía ós primeiros, que non o negaban e asentían ante esa falsedade.

Se tiveran rachado ese círculo vicioso, negando selos defensores da lingua, extendendo esa actividade a todolos falantes, quizás tiveran sucedido os acontecementos doutro xeito.

Actuaron como touros embravecidos ante a visión do capote bermello da bandeira española. E agora Feijoo devolveralos ó redil, perdoándolles a vida para voltar a usalos como os tontos utís que foron, mentras convence ó toreiro que xa vendrán outra reses coas que lucirse.

Non é de estrañar que o público sinta vergoña de si mesmos, se son estes os seus representantes.

Jacinto dixo...

Los gestos. Son los gestos, los actos somatizados, los que nos hacen identificables frente al otro. La mirada completa lo observado. Ya Descartes advertía que cuando al abrir la ventana pensaba ver pasar hombres por la calle, cometía una inexactitud. ¿Qué era lo que en rigor veía? Chapeaux et manteaux: rien de plus.
Dura, ciertamente, la cuestión lingüística. Y, sin embargo, mal que bien, unos en gallego otros en castellano... nos entendemos; o nos entendemos igual de mal que hablando en una sola lengua.
Los pueblos tienen hoy una problemática frente a sí que, a mi modesto entender, en nada justifica la intensidad presupuestaria y de debate que está generando la política linguística en este pequeño trozo del planeta Tierra. La lengua es uno de los principales instrumentos de poder. ¿Podemos negar que todo ser humano trata de parecerse, en sus actos (vestirse, divertirse, gesticular...) de modo 'parecido' al que lo hacen sus líderes o 'modelos'? La lengua no escapa a estos mecanismos.
¿Cuántas lenguas, a lo largo de los últimos quinientos años, se han perdido o casi perdido en América del Sur? Dada la situación económica de toda esa vasta geografía ¿podrían, por 'sagradas' razones, dedicarle a su recuperación el esfuerzo presupuestario que aquí en España se le está destinando?
Cuidar, atender, enseñar... no debería confundirse con imponer.
El 'mi' tiene algo de 'barrera' frente al 'nuestro' ¿no les parece?
Difícil la cuestión de estos tres pueblos —¿cuatro, tal vez? pues el bable...— gallego, vasco y catalán; y qué decir del valenciano y mallorquín?
Decían en los años cincuenta por los pueblos de esta península "Menos Franco y más pan blanco".

Pepiño,un de Mos dixo...

Bueno vamos por partes, Pablo, coincido contigo en lo básico, esto es el BNG se cree que esta en posesión de la verdad absoluta y se creen los únicos defensores del gallego y este se pude defender, aunque parezca increíble o incongruente en este castellano en el que escribo. Ahora si hablamos de manipulación, la del PP en la campaña y Galicia bilingüe serán una minoría y marginales pero Perly y Lopez Chaves se mostraton defensores de sus ideas y participaron en su manifesración de Santiago. Uno vuelve a ser concejal, la otra presidenta de la autoridad portuaria. Dejo algunas perlas de Gloria Lago, escuchadas por este que escribe en Televigo: el ya "famoso" el castellano corre peligro de desaparecer en Galicia, hay niños que tienen problemas psicologicos porque su lengua materna es el castellano y reciben la educación en gallego o hay médicos que no pueden recetar porque las recetas estan solo en gallego. En fin y hoy sigue en el "falo": Feijoo recibe presiones para no cambiar la ley y Fraga se equivoco con el decreto de normalización. Insisto esta señora recibió el apoyo explicito de Perly and company. Del resto, claro que el problema radica en el autoodio. El gallego es para muchos el idioma de las clases menos favorecidas, de la gente del campo, de pocos estudios, etc. Todo ello falso claro, porque escuchar a alguno de nuestros politicos hablar castellano da pena, pero esa idea se ha transmitido de generación en generación, ¿cuántas veces no hemos escuchado aquello de el gallego no sirve más alla del Padornelo. Coño la esencia de Galicia es la cultura y el idioma gallego no el lacón con grelos como apuntan algunos. Y si a ello añadimos el infimo nivel cultural de la peña la cosa va a peor, no quisiera poner de ejemplo nuestra querida ciudad pero es lo que hay. No sé creo que la solución es dificil y me huele que se esta ganando tiempo y que se va a cambiar todo para que al final quede más o menos tal cual esta, porque lo de la segregación no se la cree nadie. Es inviable, tanto desde el punto de vista ecomomico como pedagogico.

Marcos Andion dixo...

La falacia del debate es evidente. Aquí de lo único que se trata es de saber si debe pervivir el gallego o no. Lo demás es pura retórica partidista.
Los que se posicionan en contra de la discriminación positiva hacia el gallego se equivocan (por no decir que algunos mienten) al criticar los esfuerzos presupuestarios y la política dirigida a hacer normal su uso, cuando dicen que desean una cordial convivencia de gallego y castellano.
No existe la más mínima posibilidad de que el idioma español llamado gallego sobreviva a la imposición social y cultural del idioma español llamado castellano durante cinco siglos si no se hace un esfuerzo recuperador.
Que algunos de los que defienden la normalización social del gallego hayan escogido un camino virulento para su defensa, patrimonializándolo y recluyéndolo en ambitos partidistas, resulta una equivocación similar.
Pero en este debate no es la libertad lo que está en juego, sino la "autoxenreira" que hacia el idioma que conservaron campesinos y obreros se trasluce en sus manifestaciones y actos.
Negar a estas alturas que los gallego hablantes (aquellos campesinos y obreros) sufrieron todo el retraso derivado de su incomprensión precisa del castellano es sólo fruto de la ignorancia o la mala fe.
Hay que reconducir el debate (interesadamente abierto por quienes desprecian el gallego) y situarlo en sus justos términos: conservar o no el idioma.
Que cada uno se mire para sus adentros; que se explique qué tiene de malo que los niños usen el gallego en las escuelas y se acostumbren a convivir con él y con el castellano, y podremos entendernos más allá de eufemismos interesados sobre la falacia de que la existencia del gallego amenaza la del castellano, o que está en juego la libertad.
¿Hay alguien que haya escogido el idioma en el que se expresa desde la cuna?
El revuelo que ha producido el nombramiento del secretario xeral de política lingüística, en Galicia Bilingüe y Rosa Díez, es el reflejo de la frustración que supone para algunos que la política lingüística de la Xunta pudiera no ir encaminada a arrinconar al gallego en su mero uso litúrgico. Y lo expresan en términos de política partidista, por si quedaran dudas al respecto, sintiéndose "traicionados" por Feijóo.
Libertad, libertad: ¡cuántos desatinos se perpetran en tu nombre!

xos dixo...

Para min é moi sinxelo evitar que o galego se use de forma partidista polo BNG.
Trátase de que o PSG, (xa non me atrevo a dicir o PP) tamén o defenda, nas institucións, e na rúa se fai falta, que non é para tanto. Hoxe en día maniféstanse ata a Igrexa, perdón, igrexa, así en minúscula. Só faltaría, xa sería o colmo, que o nacionalismo non defendera a lingua (algúns destes nin saben colocar os pronomes). Se non queremos que a lingua sexa de militantes nacionalistas, pois que a defendan tamén os demáis, que se impliquen. Se non o fan, quedará como patrimonio nacionalista, pero non será por culpa deles.
Ademáis do campo político, hai outros eidos de traballo, na empresa, na cultura, onde hai xente non militante que traballa polo galego. Só se trata de animarse, con respeto, claro, a todos.
En calquera caso, a xente que fala galego (e por suposto a que fala castelán) é moi diversa social e ideolóxicamente. A proba é este blog, onde moita xente escribe en galego, usuarios e comentaristas, e Santi Domínguez non sae ben parado precisamente. (Na política viguesa nin diola pode saír ben parado actualemte.)

Pablo Eifonso dixo...

Teño claro que un dos principais problemas para a normalización do galego é tamén a posición activa e pasiva do PSOE en Galicia. En moitos casos (Vigo, por exemplo) son máis belixerantes coa normalización do galego có PP. Boa parte dos seus concelleiros levan a autoxenreira a flor de pel, cun grao de desclasamento que roza o esperpento (v.gr. Santos Héctor como epítome)