Non só non se crea o tecido de transporte ferroviario rexional e de proximidade, imprescindible para o desenvolvemento sostible da nosa Comunidade, senon que o pouco que hai se destrúe ao mesmo paso que se constrúe o AVE. Mentres tanto, a forzas políticas de Galicia, onnubiladas pola salmodia da alta velocidade que satura os nosos ouvidos nos últimos anos, permanencen desmobilizadas fronte ao desmantelamento do cativo e inaxeitado -pero polo menos existente- sistema de estacións e apeadeiros "históricos". Non lembro os datos, pero tódolos pasaxeiros do AVE en Galicia dun ano, moveríase en só unha semana nunha rede de proximidade na área metropolitana viguesa contribuíndo a estructurar a mobilidade da man de obra e, consecuentemente, á mellora do tecido productivo, a calidade de vida e a competitividade desta eurorexión.
Por isto estivemos cos manifestantes da plataforma galega na defensa do tren de proximidade "Salva o tren", unha voz no deserto das verdades absolutas do AVE e dos proxectos de carreteras e corredores que eternamente se desdobran (nestes días anúnciase o proxecto para alargar a do Morrazo) detrás dos laios histéricos dos profetas do automóbil.
Mentres a construcción e artellamento de redes intermodais, articuladas sobre o transporte ferroviario de proximidade, vinculadas ao transporte urbano de metro lixeiro ou tranvía, convértese nun indicador de desenvolvemento, calidade de vida e riqueza (admirable o caso de Oporto), Galicia en xeral, e o seu sur en particular, non só non ten fisicamente nin o inicio dun sistema semellante, senon que carece mesmo dos indispensables estudios previos e anteproxectos que sitúen a cuestión no terreo do posible. Moi pola contra, non só non estamos a falar hoxe de tal posibilidade, senon que -nunha mostra máis de subdesenvolvemento-, aínda estamos na fase "dramática" de ter que defender os restos da obsoleta rede que dende hai máis de 100 anos malamente sobrevive.
Un preso trata de agredir sexualmente a unha funcionaria no cárcere da Lama
-
Segundo fontes sindicais, chegou a morderlle na boca.
4 comentarios:
Lembrome que nadie decia hai anos "evidentemente",eú sí, ó dono dun bar chegou a chamarme evidentemente. Agora como tamén está de moda "sostenible", que alguén ó explique. Dado que todo dios engadello a calquer tema.
¿Hace cuántos años dices que nadie decía "evidentemente"?
O sea que eres pionero en lo de emplear "evidentemente". ¿O lo que te pasaba es que eras el primero en repetirlo hasta en la sopa?
Evidentemente, como casi siempre, no importa llegar primero; importa saber llegar, como dice la canción.
Para lo de "sostenible" no tienes más que pasarte por este enlace
De nada.
Benquerido Marcos, fai 25 anos i mais, nón ó repetia varias veces, pouca xente ó decia. Non sou tan lelo, pero hai cousas, que fan gracia. Perdon
Nada que perdonar, hombre. Evidentemente que hay cosas que hacen gracia; a unos unas y a otros otras. Por ejemplo, a mí me hizo gracia que dijeras que nadie usaba esa palabra antes que tú (que no la inventaste, ¿verdad?) y que desconocieras el significado de "sostenible" cuando, además de la wikipedia, sigue habiendo diccionarios, igual que hace 25 años, ¿no crees?
Bueno, por lo menos, este pequeño rifirrafe nos ha servido para pasar un ratito.
Salud, y buen humor para sufrirla.
;-)
Publicar un comentario