IX ÉPOCA

6.9.08

O Concello de Vigo sancionado por vertidos


Segundo publica hoxe a edición de Galicia de El País, a Consellería de Medio Ambiente amuncia a apertura dun expediente sancionador ao Concello de Vigo polos vertidos directos de augas residuais urbanas ás ría. VB vén denunciando reiteradamente dende o mesmo momento do seu nacemento como blog este grave delito ambiental. Datos, nomes e apelidos dos responsables políticos, fotografías, videos, denuncias de asociacións... de nada teñen servido e, hoxe mesmo, tralas chuvias deste comezo adiantado do outono, os aliviadeiros ilegais do Areal, Náutico, Beiramar, Bouzas, Alcabre ou Samil, seguen a verter masivamente as súas augas residuais directamente á ría, sen ningunha depuración previa.
Coa actuación administrativa da Consellería, outra vez seremos os sufridos cidadáns os que pagaremos cos nosos impostos a irresponsabilidade e a corrupción doutros.
Cando pagarán os auténticos responsables deste desfeita?. Para cando a intervención da fiscalía?

2 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Denunciados por, o "per", vertidos?

Anónimo dixo...

Muy buenas tardes muy muy interesante vuestra pagina con buenos contenidos y seria un honor le agradeceria si pudieramos
realizar un intercambio de enlaces , mis datos a enlazar es Titulo: Depuradoras
Url: http://www.depuradoras.org.es en cuanto al suyo
lo enlazariamos en http://miblogecologico.blogspot.com
si se encuentra de acuerdo espero su
respuesta, de antemano muchas gracias seo@depuradoras.org.es