Estou farto xa de escoitar, cada dous por tres, firmes aseveracións da sorte que temos en Vigo de ter unha clase empresarial tan preparada e capaz, a diferencia dunha clase política mediocre e só con espúreos intereses (¿non foi o principinho Felipe o que lles outorgou aos empresarios a interlocución ante o Estado dos intereses da cidade, ante a falla de “peso político” dos representantes elixidos?).
Pois ben, exemplos como o destes días (desgraciadamente bastante máis comúns do que cremos), relativos ás deficientes condicións de seguridade (e en xeral, de condicións ambientais adecuadas) de naves industriais realizadas a maior gloria e beneficios desta magnífica e “desinteresada” clase social, colócannos aos non empresarios (e supoño que tamén aos empresarios socialmente conscientes e responsables, que habelos hainos -o caso é dar con eles-) fronte a fronte diante das nosas responsabilidades como cidadáns.
Temos que obrigar ao cumprimento das leis por parte das empresas, independentemente do número de traballadores que teñan, e da súa capacidade para facer chantaxe social. Pero alguén ten algunha dúbida de por que o Lagares leva anos estando como está?. Hai alguén que non saiba que a depuración de augas en Vigo non vai, entre outras razóns, polos vertidos industriais indiscriminados?. Hai quen dubide de que a permanente desfeita urbanística viguesa ten moito que ver cos intereses “lexítimos” da clase empresarial “atrapadiñeiro” que maiormente reside por estes lares?. Ou hai alguén que afirme seriamente que todas as obras de parkings soterrados responden aos intereses da cidadanía?
Aínda sendo totalmente certo que os nosos representantes políticos teñen un nivel (en calquera das súas facetas) dous ou tres graos por debaixo do nivel ínfimo, empezo a pensar que os realmente perigosos son boa parte dos nosos “intocables” e impresentables empresarios.
O seu respecto polo medio ambiente (por non falar das recentes e moi retrógradas saídas socioeconómicolingüísticas) defíneos como consentidos depredadores sen escrúpulos.
Ten responsabilidade quen, dende a administración pública, consinte esta situación; quen, agora, ante a desfeita, só se preocupa polas compensacións e polos amaños para que pareza que non pasou nada, só un pequeno e desgraciado “accidente” e non unha desastrosa consecuencia dun conxunto de irregularidades que deberían facer actuar á fiscalía, esixindo dunha vez responsabilidades mesmo penais. Pero é hora xa de sinalar a esta caste de infumables empresarios “feitosasimesmos” (e así nos luce), grupito entre os que curiosamente se atopa H. Gómez (aínda non teño ánimo para falar do noso Celtiña), como principais responsables da cada día máis patética situación da cidade.
Outras cidades están mellorando; a nosa estanos chorando.
Soben as pernoctacións en Galicia un 4,8% en outubro mentres que o número
de viaxeiros crece un 5,6%
-
Durante os 10 primeiros meses de 2024 as pernoctaciones incrementáronse un
5,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que as de viaxeiros
resi...
11 comentarios:
Eliminar costes de depuración es una manera de competir
Saltarse la Ley en cualquer campo siempre fue una forma sinmple de obtener beneficios, en realidad, una de las más evidentes
¿porque hai tantas empresas no curso do lagares?pois por que ó lagares é a cloaca ó saneamento que non teñen a maioria delas,é os politicos,TODOS,sin excepcion sabenno,,pero miran para outro lado,por que son uns cadelos lambe cus da clase empresarial barriobaixera que temos,por certo,onde anda a concelleira de medio ambente,a esa importalle mais un penacho de cachotes no quinto carallo que ó lagares;ainda me lembro de aqueles carteles de soto polos 80, que nos pintaban a os vigues comendo,é bailando a beira do rio,VOTO EN BRANCO amigos VOTO EN BRANCO.
A la "calidad" de nuestros empresarios le dedicó Freixanes el pasado domingo su columna en "La Voz", y lo bordó. Especialmente cuando señala: "Eles deberían ser, por tanto, referencia de prácticas sociais, usos e modelos de comportamento, estímulo emprendedor para as novas xeracións, exemplo de ambición estratéxica e capacidade de risco, alimentando economicamente as bases da renovación tecnolóxica e do coñecemento científico, sen os cales resulta impensable unha Galicia posible na sociedade da información e do coñecemento". O cuando agrega: "Menos prácticas especulativas e máis capacidade de risco. Menos proteccionismo e máis estratexias de investimento. Menos fachenda ornamental e máis e mellor xestión de recursos, capital humano, apertura cara aos mercados e competitividade".
Estos srs. estos empresarios que son todos el mismo ente, y todos nacieron y se hicieron a si mismos, normalmente gente de baja condición cultural y formación escasa, pero a que precio y de que formas y maneras, primero se hicieron con el poder financiero a unas condiciones escandalosas(algún día Caixanova tendrá que dar cuentas) e aqui un ejemplo, Caixanova, entre las cajas con más préstamos a sus consejeros
Las cajas de ahorros españolas tenían concedidos casi 180 millones de euros en préstamos a miembros de sus consejos de administración al acabar el año pasado, según datos del Informe de Gobierno Corporativo de estas entidades.
La tercera parte de este importe, que incluye también otras operaciones de crédito, aval o garantía suscritos con familiares o empresas de los consejeros, correspondió a Caja Duero, que contaba con un saldo vivo de 58,6 millones de euros, de los que 47 millones estaban a nombre del consejero Francisco Rubio.
A continuación se situó Caixanova, con algo más de 33 millones de euros, seguida de la Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM), con 15,87 millones, y de Caja España, con 14,3 millones.
Precisamente, el presidente de Caja España, Victorino González, es el dirigente de una caja de ahorros con mayor volumen de créditos concedidos por la entidad que gobierna, 14,16 millones de euros, debido a que le traspasó buena parte de los préstamos contraídos por varias de sus empresas cuando accedió al cargo, en enero de 2004, después de Victorino González destacaba la deuda contraída por el presidente de Caixanova, Guillermo Alonso Jáudenes, con la entidad que dirige, 4,19 millones de euros, aunque el consejero JOSÉ GARCÍA COSTAS le superaba, al disponer de créditos por valor de 10,9 millones.(el segundo mayor de toda Espala y saben a que condiciones y con que avales)
Despues estos srs. con el poder financiero se hacen fuertes que poderoso cabellero es don dinero, pasan politicos y ellos hacen sus cositas como entrar otras ellos hacen sus propios negocios como entrar en el Celta y curiosamente pedir una cantidad grandisima de prestamos sin ningún aval, y despues los politicos son unas marionetas, que vienen y van, mientras tanto se reparten el poder y son la llamadas fuerzas vivas.
Por sus nombres y sus actos los conocereis, ya que tienen mucha historia.
Arde un monte Tomiño e o ano seguinte hai viñas, se o futbol e poder e diñeiro, se monta un equipo directivo de futbol para seguir fogeandose, e cando hai o desfase contable desaparecen o Presidente, o Presidente da Camara de Comercio e demais camaradas, que sa montaremos outro guateque noutra sala, e asi continuamos, co beneplacito das administracións e dos cidadans, e sintoo pola xente desta desgracia das naves, que quedaron no paro, pero e que pareceme lamentable que en Vigo todavía teñamos estas cousas tercermundistas, teriamos que facer unha purga, porque non nos enteramos nin da cuarta parte de metade do quinto trozo do pastel, reflexións.
Patética, patética, a actitude de Abraldes da CIG, que en "tono comedido e comprensivo" SÓ valorou a posible repercusión do incendio no emprego (falaba só de afiliados?, porque era o que lle faltaba), demostrando que cada día máis estes sindicatos son unha parte ESENCIAL do sistema, aínda que del só saquen migallas, a maior gloria e beneficio do capital.
Noxo
Apadrina un promotor, a maior parte das empresas do curso do Lagares, xa hai anos que non verten directamente a el, senon á rede de saneamento, agás episodios (por máis que demasiado frecuentes xa) de vertido directo e clandestino. Verten á rede ilegalmente, dende que a sra. Villarino, hoxe presidenta d parlamento galego e daquela concelleira de Servizos no Concello de Vigo, autorizou alá polo ano, penso, 1995, á brava a conexión, sen o debido cumprimento das ordenanzas que obrigan á declaración de vertidos (cuns límites expresos sobre os cales non se podería verter sen depuración previa). Claro que para que as empresas establecidas á brava en diversos polígonos industriais (ja!)do curso do Lagares poidesen verter legalmente, primeiro terían que ter licencia de actividade, licencia ademais, de especial tramitación pois deben cumprir o RAMINP (Regulamento de Actividades Molestas Insalubres e Perigosas). O Concello permitíu conectar, incumpríu a súa propia ordenanza de medio ambiente ao non controlar nin esixir despois a adaptación á Ordenanza no tempo de transición nela recollido. En VB hai moita información e moi documentada sobre esta actividade "delictiva" do Concello e das industriais ilegais. Dende VB vimos denunciando este feito dende que iniciamos o blog, mantendo que estes residuos tóxicos industriais descontrolados eran parte causante do mal funcionamento da Depuradora, xa que chegaban a unha instalación que só pode traballar con parámetros de augas residuais con carga contaminante controlada. Anos de incompetencia e engaño que acaban de estourar no Gorxal. Os responsables existen e están localizados: se cadra, se a investigación do Gorxal avanzase por onde tiña que facelo, é o momento de que sexan identificados xudicialmente e procesados... ou, se cadra, haberá que esperar a que un novo Gorxal se leve por diante xa non só o río e a ría, senon tamén -xa non lentamente como o de agora- vidas humanas.
¿Cantas veces e durante canto tempo nos veñen contando o rollito do Lagares, das inspeccións, da detección de tubitos (esquecéndose que a merda tóxica circula ilegalmente polas tuberías) canalizados ao río? ¿Cantos concelleiros do PP, BNG e PSOE, comenzaron a súa actividade con esa cantilena para ilusos?
Pero, polo que se ve, esta cidade estupidizada, atura de todo.
Os peixes gordos teñen o seu caron unha chea de peces pequenos , nas institucions, no concello, na xunta, ...., que os fan intocabeis e resbaladizos, pero algún dia súa vanidade e falla de preparación vaille sair polas escamas, e iran presentar as disculpas o sr.xefe inspector porque non pediu as licenzas porque nese dia en Industria se atopou co ultimo dia da solicitude da subvencion que explicitamente lle fixeran a sua medida, e entre a apertura e a subvención a carta, deulle por pedila segunda, e cando se deu conta, pasou este infortunio; e nesta entra Jose o inspector coa sanción ao Manolo o do bar”A Rosiña” porque non tiña, non tiña amigos poderosos pero si algunha cucaracha por compaña, e ao flaco inspector de causas descoñecidas deulle por destapar este escandalosa plaga e marcarse un tanto no seu expediente sancionador, e mentres tanto Caixanova non lles da un misero préstamo, porque os ten(como din por ahí) todos o Celta sin aval bancario, e a crise sigue, al menos para algúns, e o sr. xefe inspector, aceptará a sua disculpas porque un erro o ten calquera.
Tiago o noso Celta foi unha sociedade anonima, llevada por una gente, que no seu momento contou co apoio de Caixanova, porque estaba o sr.García Costa como directivo, y mucho dinero y con ningún aval se le concedieron miles de millones para uso y disfrute, y despues de un tiempo se produjo un desfase contable y hubo que vender,a cambio de una recalificación dos terreos de Nigrán(que o final afortunadamente se echo abajo), con la renegociación de las deudas, con...mil y una negociaciones que espero que algún día salgan a a luz, y de esa gente es la que hoy en día se está hablando, y se hablará en mucho tiempo, porque son el parte del poder ecónomico de la ciudad.
Caro anónimo, sonaráche a inxenuidade pero pódoche asegurar que cando eu falo do noso Celtiña non penso en ningún García Costas do carallo, nin Gómez, nin Rodríguez, nin Mouriño, parásitos que infectan ao sentimento do clube de fútbol da miña (sospiro) cidade, aínda que son consciente de que a enfermidade hai tempo que tomou o control do enfermo. Por iso, desparasitación e refundación, e o bicho a facer negocios na Lama.
Saúde
Si para conducir una moto hace falta un cumplidito examen ¿por qué no algo parecido para 'conducir' a un grupo de empleados?
¿Cuándo, de una puñetera vez, se jubila Julio Fernández Gayoso? ¡ya tiene 77 añitos! Caixanova no es su propiedad.
Publicar un comentario