IX ÉPOCA

7.11.07

Un inmenso erro

Propóñolles un xogo. Se tiveran que organizar as saídas dunha macrofesta de fin de ano nun local ateigado de xente ¿que opción escollerian?





Supoño que ter unha unica opción pareceríalles unha tolería porque que pasa se falla a única saída? Non é máis probable ter un fallo nunha porta que telo en catro? Se cadra a opción B é un pouco máis cara pero acaso non compensaría o gasto a certeza de evitar danos irreparables?

De facer unha enquisa a opción B sería votada polo 97% .

Non se extrañen. O 3% restante estaría formado polos responsables da Consellería de Medio ambiente e do Concello de Vigo que seguen, erre que erre, deseñando unha nova macrodepuradora que concentre toda a merda de Vigo nun único punto. Eles farían sair a tódolos asistentes da festa por unha única porta. Eso si, a porta estaría soterrada e funcionaría coa máis avanzada tecnoloxía. Cousas veredes...

4 comentarios:

Pablo Eifonso dixo...

Non debe ser un erro. Soamente unha grave irresponsabilidade. Como cando se planteou a depuradora que agora se cuestiona, os responsables daquela decisión sabían que nunca serían "xulgados" por ela. Lograron sair nos periódicos, lograron poñer en marcha un millonarísimo proceso de contratación, movéronse miles de millóns de pesetas, xerouse riqueza para algúns e desastre medioambiental para tódolos demais. ¿Que pasará dentro de 10 anos cando se reproduzan as situacións actuais ao non haber variado NADA do contexto no que se sitúa o proceso final do tratamento das augas: vertidos industriais sen control á rede de saneamento, existencia dunha rede única de pluviais e fecais, xestión privatizada do ciclo da auga, inexistencia dunha supervisión especializada e profesionalizada do proceso?: nada, os responsables disfrutarán da auga das súas piscinas nos chalecitos cos que rematan a súa carreira política boa parte dos que hoxe administran (por chamalo dalgunha maneira) a cousa pública. Porque ¿onde está Cuíña, responsable político da construcción de ducias de depuradoras por Galicia que non serven para nada?

Non Lorenzo, nada de erros, non poden ser tan burros: coa solución da Macrodepuradora solucionan un problema práctico -para os seus intereses- que peneira sobre eles e cumpren o obxectivo real de poder xustificar o uso masivo dos nosos recursos en grandes e costosísimas obras que preceden a grandes e costosísimas obras no futuro que paliarán os "erros" cometidos por nunca se sabe quen.

Desde este blog especialmente a través dos teus comentarios sabemos que hai outras alternativas racionais. Que resulta absolutamente irracional destruir as instalacións da actual depuradora que costaron moitos millóns de pesetas e que ninguén nos di que non poidan funcionar en condicións de racionalidade de xestión. Que resulta unha barbaridade ambiental destruir aínda máis ese ben precioso que é a marisma do Lagares cando se pode segmentar o proceso de depuración en varias instalacións máis pequenas. Pero a eles tanto lles ten: xa teñen a solución vendida... por un tempo, porque eu, a estas alturas, aínda non me creo que sexan quen de construir o monstro que nos venderon para Coruxo.

Anónimo dixo...

Cuiña, está no muiño (Lalín).O patrimonio, hoxe da familia, é de millones de euros, naves en todo-los poligonos industrias, etc. Construcción nón soio de aluminios, sinon obra civil, en unión temporal de empresas, etc.

Anónimo dixo...

Perdonare pero istos comentarios xa parecen vasco

Anónimo dixo...

¿Sabemos por qué ha fallado desde el principio la depuradora actual?
¿Se han pedido responsabilidades por su ineficacia?
¿Quién asegura que la próxima no tendrá los mismos fallos?
Lo más coherente sería instalar varias pequeñas a lo largo de la ría. ¿Más caro? frecuentemente lo barato sale caro... Tenemos la experiencia de la gran depuradora actual,¿no nos habría salido más barato poner varias más pequeñas entonces?
Ahora no estaríamos dándole vueltas a lo mismo, tendríamos solucionado ese enorme problema que tiene nuestra ría y no tendríamos que invertir ni un euro más en ese tema.
¡¡Vísteme despacio que tengo prisa!!