IX ÉPOCA

16.11.07

Presupuestos municipales 2008 (I)

Alguien cercano —amistad de la buena por medio— me pasa algunos datos del nuevo presupuesto municipal para 2008 (el dicho alguien me cuenta que fue al ayuntamiento portando un pen drive y un cd para ver si le podían pasar los presupuestos: ¡ni fotocopias! le pusieron delante unos tochos y carpetas varias con cientos de páginas... y le cedieron ¡eso sí! unos folios y bolígrafo, para que anotase lo que necesitase).
Aquí unos primeros datos:

Presupuestos 2008
  • Adquisición bienes culturales.......................... 140.000 euros
  • Bibliotecas de barrio...................................... 125.000
  • Adquisición bienes artísticos........................... 90.000
  • Sustitución hierba sintética campo de fútbol Travesas. 350.000
  • Renovación estética calles comerciales.......... 150.000
  • Obras adaptación 1ª planta ayuntamiento....... 150.000
  • Balaustradas y cartelería parques infantiles...... 210.000
  • Adquisición juegos infantiles........................... 175.000

Otros datos:
  • Total personal municipal ejercicio 2008 ....... 1.413 personas
  • Organismos autónomos: Instituto municipal deportes, Vigozoo, Universidad popular, Xerencia Urbanismo.... 140 personas

Retribución personal:
  • Sueldos funcionarios...................... 10.524.727,43
  • Antigüedad...................................... 1.982.000,58
  • Retribuciones complementarias....... 18.030.752,32
  • Retribuciones personal laboral......... 6.549.165,24
  • Retribuciones personal eventual........ 939.457,50
  • Productividad................................... 406.588,52
  • Gratificaciones............................. 1.700.000,00
  • Retribución miembros corporación..... 958.212,94

¿Por qué no se hacen públicos todos estos datos? Si tienen todo el presupuesto informatizado, tal como el sr. Caballero muestra hoy su pen drive (¡qué pequeñito lo tiene!) con el PXOM ¿por qué no lo cuelgan, Presupuestos y PXON, en internet? Son nuestros datos, nuestros dineros ¿es que no se dan cuenta? El colgar todo ésto cuesta muy poco tiempo, poquísimo. ¿A qué se debe este secretismo?

Esos 1.700.000 euros en gratificaciones ¿no es muchísimo dinero? ¿Cómo y de qué manera se valora el acceso a estos eurillos?
Se me ocurren mil comentarios, preguntas... a estas singulares partidas; en otro momento.

Mientras tanto iré yo ofreciendo esos datos que poco a poco, de entre los cientos de páginas, esa amistad que tengo, me va faciliando con paciencia: Siempre agradecida a ese Alguien, no al ayuntamiento, claro.

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Entendes a partida de retribucions personal, tanto desglose, da para facer moito. ¿Pasará en Vigo, ó mesmo que no concello de Madrid?

andresrguez dixo...

Gratificaciones ? Ahora ya sabemos de dónde salía el dinero que corina destinaba para la volvo y esas cosas.

Gonzalo dixo...

¿Qué significa gratificAcions? Espero que non sexa que eles se gratifican cos cartos.

Anónimo dixo...

Que pena que las voluntades, se puedan comprar con gratificaciones. ¿Alguien, conoce a Moncho, funcionario municipal, apodado el arquitecto, porque no tiene ningún titulo, pero si despacho profesional?

Anónimo dixo...

Pero qué fácil é caer na demagoxia:
- En 2005 o concepto de "Gastos de persoal" que figuraba no presuposto era de 55.873.590,31 €
- De un presuposto de 231 millóns de euros , se presentan primeiro unha serie de gastos menores coidadosamente escollidos e logo os gastos de todo o personal do concello, que ascenden a 41 millóns de euros (o 17,75%). Collendo a calculadora, toca unha media de 26459 € brutos por persoa (como referencia, sería o soldo medio en Cataluña, mentres que en España é de algo máis de 23000 e en Galicia de soamente de 19358!!!).
- O título correcto e completo de gratificacións é "Gratificacións por servicios extraordinarios".
- Os presupostos municipais son sempre PUBLICOS e accesibles pola cidadanía. Ademáis son publicados en boletíns que están accesibles de forma electrónica (sexa o BOP, o DOG ou o BOE).
Pódese estar de acordo ou non, pero é mellor facer crítica constructiva que demagoxia, e últimamente nesta web estou a ver certa carencia do primeiro.

Ramón Barrientos dixo...

Os orzamentos NON son publicados no BOP nin no BOE nin no DOG, nin electrónicos nin en papel (o BOE xa non existe en papel, por certo), soamente se publica o anuncio de que están expostos ao público nunha oficina do Concello (nunha morea de papeis). Anónimo, estás mal informado.
Na web municipal (en xeral moi boa, por certo, dende hai algúns anos, e cada vez mellor) foise publicando o PXOM nas súas diferentes versións. Mágoa que non publicasen tamén os informes sectoriais, os da Consellería de Cultura e os de POlítica Territorial, que deixan moi mal a semellante bodrio de documento. Mágoa que non publiquen tampouco as modificacións que levan fraudulentamente feito dende a aprobación inicial e a exposición ao público.
Os orzamentos municipais deberían publicalos na web e NONO fan. Se cadra, para non asustar aos que pagamos.
Vexo que usas a calculadora, mágoa que non poñas a porcentaxe que se presuposta para "persoal eventual", tamén chamado "de confianza", ese que os tres grupos municipais meten no Concello pola porta de atrás sen que lles sexa esixido nin formación, nin coñecementos nin titulación ningunha e que cobran como se funcionarios de alta dirección fosen. Tampouco pos a porcentaxe nin comentas os "soldos" dos corporativos, auténtico roubo legal aos nosos petos.
Deixo a calculadora e vou á folla de cálculo, para divertimento:
Os membros da Corporación son 27, que representaría (no mellor dos casos, supoñendo que os datos de Raquel do presuposto de persoal abranga tamén ao persoal dos organismos autónomos e xerencia de urbanismo, cousa que dubido) o 1,7% do total do persoal: pero perciben o 2,33% do total de retribucións. Sumadas as retribucións de corporativos e de persoal "eventual" (contratado polos partidos a cargo do orzamento público) suman o 4,62% do total do capítulo de persoal. Por exemplo.
As gratificacións "por servizos extraordinarios" vén sendo as miles de horas extras que se "reparten" para gañar adhesións e pagar favores, ao igoal que a productividade (no CONCELLO!). Representan o 5,13% do total, un pellizquiño. Só o que se levan os corporativos cos seus sueldazos, representa o mesmo que a totalidade dos trienios de tódolos traballadores municipais (4,82%).

Gústame moito que poñas a media aritmética dos soldos, pero esqueces que en estatística interésanos a "desviación típica" e a "varianza". Os soldos do Concello de Vigo non se reparten en xeral en función de criterios obxectivos, senon que son a acumulación histórica de favores e silenzos variados. Lévanse lustros rindo daquelo de "a igoal traballo, igoal salario" e nunca foron quen de facer unha auténtica valoración de postos de traballo, que foi substituída por Corina Porro por un reparto de "productividade" masiva, para logra a adhesión inquebrantable dun máis que sospeitoso comité de empresa, daquela ao "mando" dun coñecido membro da Policía Local, afiliado eventualmente a UGT.

Chegou o bipartito e nada modifica desa caótica (e interesada) situación. Repite o mesmo e aumenta considerablemente o número de carguiños "de confianza".

Menos mal que os cidadáns, os mileuristas e demais pringaos non teñen acceso real a como se reparten os seus impostos!

Finalmente, anónimo, podes dicirno onde atopas a "demagoxia" na información que publica Raquel? tal vez en pedir que se dea acceso xeralizado á información dos orzamentos a través dun medio masivo e accesible como é internet?

Anónimo dixo...

Quedouche claro, deixa ó carnet i a calculadora, sigue de funcionario metido a dedo. Pero non voltes meter a pata, dado que neste foro falase a verdade i ninguen debe favores.

Anónimo dixo...

Gracias RAmón Barrientos, lecións asi són as que hai que dar.

Anónimo dixo...

El arquitecto moncho, a vivir,igual que otros muchos en el concello, en vez de estar en su puesto, nada haciendo gestiones propias de su estudio -en la calle venezuela- y viendo obras, asi como en urbanismo, que no es su departamento, pero si arreglando los chanchullos de sus clientes, que por cierto, son muchos,hombre, claro si tiene empleados, es que el estudio da. Ver para creer y pasa con todos los alcaldes, incluido éste tan .........él. Dios nos coja confesados. Es de pena. Abel, coge la maleta y largate, pero lejos..... con tú amante, que por cierto, la quieres meter en la listas para Madrid, asi claro, os veis más discretamente.

Cardo florido dixo...

Las situaciones del 'cuore' de cada cual no deberían tener espacio en esta ventana. Ésto no es la sucursal del 'tomate'. A los visitantes de este blog, creo, nos interesa la crítica e los asuntos públicos y nada la vida personal y muchísimo menos los amores de cualquier persona; hay otros lugares más apropiados para ventilar faldas y pantalones. Creo yo.

Anónimo dixo...

Bueno, como os orzamentos non son publicados nin no BOP, nin no DOG nin no BOE, isto debe ser unha alucinación: http://www.bop.depontevedra.es/bop.PONTEVEDRA/2007/bop.PONTEVEDRA.20071115.221.pdf
[A partir da paxina 55, presuposto Redondela 2007]
Insisto, os orzamentos son PÚBLICOS, o que non significa que sexan accesibles electrónicamente (ainda que estou de acordo contigo en que SI deberían estar).
A porcentaxe que se presuposta para "persoal eventual" (ti tampouco a puseches por si mesmo): 2,29%. O que non dis é que en moitas ocasións estes eventuáis son contratados porque os funcionarios non a rascan. Prefiro un eventual enchufado que traballe que o máis que típico funcionario vago (posiblemente tamén enchufado, que todos sabemos como son as oposicións nos concellos...)
A mim non me parece abusivo o 2,33% para os membros da corporación, se non roubases e se comportasen dignamente (¿canto crees que representa nunha empresa os soldos dos directivos respecto os do total??).
As gratificación representan: 1.700.000 * 100 / 41.090.904,53 = 4,14 % ( e non o 5,13%, hay que aprender a usar esa folla de cálculo).
Se houberas prestado atención as clases de estadística (para min e os demáis Telecos, Caracterización de Sinais Aleatorias), saberías que a desviación típica é a raíz cuadrada da varianza, e polo tanto soamente precisas unha das dúas medidas. Ademáis dubido moito de que se alonxen da desviación típica para o cálculo do salario medio nunha comunidade autónoma.

Sobre os pagos de productividade, a idea en si non é mala, se non fose porque os que os responsables que firman non se queren complicar a vida e convértese nunha barra libre para todos (xa sabes, hoxe estou eu arriba pero mañan outro terá que firmarme a min a productividade...) .

Penso que o cidadán realmente non lle interesan os presupostos, se non os resultados, e dubido moito da cantidade de xente que os consultaría se estivesen nunha web (o cal non xustifica que non estean).
O que facemos todos os que nos interesa mínimamente é consultar varias fontes para ter unha visión global dos mesmos (periódicos, sindicatos, grupos políticos, etc...).

Por certo, non estou afiliado a ningún partido, nin son nin teño ningún familiar próximo funcionario, e normalmente sintonizo bastante con visións publicadas neste blog, pero a exposición feita por Raquel paréceme demagóxica por que omite información como que son os orzamentos máis altos que nunca tivemos, por como xoga pondo gastos menores pero de sensibilidade especial (bens culturais, bibliotecas, xogos infantís) en contraposición da retribución de personal, para que cause unha maior indignación, e cando realmente a retribución do persoal apenas se modificou respecto ó pasado.

Houbera sido moito mellor unha crítica constructiva, comparándo con anteriores, e deixando o descuberto posibles carencias.

Ramón Barrientos dixo...

Os orzamentos do Concello de Vigo NON se publican nos boletíns oficiais: Redondela está algo máis ao norte.
O 5,3 % é a suma de gratificacións + productividade (que tanto monta) e nese sentido ía no comentario.
Os salarios dos Concelleiros son desmesurados, desproporcionados e, en boa parte dos casos, inxustificados. Máis se os poñemos en relación co que (os que teñen unha profesión fóra) gañan na rúa ou coa súa dedicación real ao Concello. Non se reparten en función do trabalo desenvolvido, senón a partir dun reparto do botín entre os grupos municipais.
Os cidadáns, claro, están para votar, pagar e aplaudir ou abroncar os "resultados": tanto lle ten cómo se reparta o diñeiro dos seus impostos. Como nono exercen moito, ao parecer, tampouco teñen dereito a ser obxectivamente informados e a participar activamente nos asuntos públicos: iso queda para os que fan demagoxia buscando información onde non deben.
¿De onde sacas, anónimo, que un "eventual" ou "cargo de confianza" traballe máis e mellor cá un funcionario?: boa parte carecen de experiencia e titulación adecuada e son "seleccionados" polo famoso obxectivo principio da fidelidade ao seu "xefe"; naturalmente nada que ver con ese caduco procedemento baseado nos principios constitucionais de igoaldade, mérito e capacidade. Pois a min que me parece que temos máis garantías de imparcialidade nun funcionario...
A única FONTE de información neste caso é o documento dos presupostos aprobado no Pleno da Corporación municipal e agora agochado nunha non moi accesible oficina municipal. Prensa, partidos, sindicatos poderían servir, en todo caso, para formarse unha opinión máis completa (...arranque de optimismo, tal e como esta a cousa) á vista dos DATOS que son os que son e xa somos maiorciños para poder coñecelos e opinar por nós mesmos.
En calquera caso, moitas grazas por participar neste debate; só espero que noutro ano poidamos falar cos números e conceptos presupostarios pendurados da web, porque o prazo para presentar reclamacións seica está a rematar e nos boletíns e na rede, non vexo Vigo... só vexo Redondela.
Agora acabo de ver que Ana Pinténs coloca uns datos comparativos sobre os soldos Concello-Xunta-Estado... aquí a desviación típica e a varianza sáense (con permiso dos telecos:-))

Saúdos