IX ÉPOCA

9.11.07

Máis traineras, menos boats, please

Como se dun pesadelo se tratase, o síndrome Volvo que tan ben co(ñe)ceron C. Porro e Santi (unha cando alcaldesa, o outro cando secretario xeral para o Deporte), volve. Esta vez nunha vella ocorrencia presentada novamente como se dun maná se tratase: outra vez unha proba de motonáutica na ría. A última, celebrada con ocasión daquel evento ING_Mapi_C.Porro chamado VOR, costou (ao parecer pagados por un ING Real Estate) 300.000 euros. Daquela comentabamos en Vigoblog o 17 de maio de 2005:

Non se alteren, o próximo programado neste negocio puramente mediático da
Volvo Ocean Race é unha proba de motonáutica (como se sabe de gran tradición en Galicia) que nos costará 300.000 euros. Infelizmente, non teremos o atractivo que daquela tiñan estas probas, cando Stefano Casiragui xogaba coa morte para tristeza de Princesas soñadas. Teremos que conformarnos cuns minutos de cheiro a gasolina, máis ruido e certa escordadura de pescozo.

Esta vez parece ser que o noso promotor de eventos particular, Santi Oliveira I da Universiada, estudia que o paguemos entre todos.

Outra gran ocasión para publicitar este Anónimo Vigo e mover a pasta: que falta lles fai.

Máis traineras e menos boats, please!.

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Santi Dominguez, en vez de malgastar o tempo, nestas caralladas, si traballase, convocase as xuntanzas que ten pendientes, pra dar solucions, os que pagamos tributos para mantelo. E de coña, peor que con Corina.

Anónimo dixo...

Saben vostedes, que os asuntos serios que nos cumpren a todos, que dependen de Santi Dominguez, están paralizados, pois nón é xestor, soio fai caralladas, iso si gastando os cartos, que non són do seú peto, sinon nosos.

Anónimo dixo...

D. Santiago Dominguez, por favor trabaje, al menos convoque las comisiones y entidades que preside.

Anónimo dixo...

Ing, nada, patrocina, Karpin. Que xa fala galego.

Anónimo dixo...

¿Outra vez Karpín? É omnipresente.

Anónimo dixo...

E xa està en tràmites de nasionalisasiòn.
Eche o demo.

Anónimo dixo...

¿E que vamos facer cona muralla da Laxe?
Xa teño dito muitas veces. Acabaremos sacando do peto pra poder ver o mar.

Anónimo dixo...

Por favor que lo controlen, que nos va a arruinar a base de caralladas

Anónimo dixo...

lo del verde de la cubierta más el anuncio tipo USA, más el hierro mazacote, más el volumen de la criatura, más todo lo que ha rodeado su construcción...SON DE JUZGADO DE GUARDIA

¿Qué pinta Leiro en aquel espacio? Que lo lleven a otro lugar por favor. Esa ubicación es un insulto para el artista

Anónimo dixo...

Han dado permiso al Nautico de Vigo para cubrir la terraza...
¿Puede alterarse ese edificio así como así?
Me parece un auténtico crimen arquitectónico ¿No es un edificio a conservar?, entonces ¿puede alterarse?
Lo único que le faltaba a aquella zona. Un pastiche más

Anónimo dixo...

todas las mesas, sillas y demás mobiliario de época ha desaparecido.
Eran de madera auténtica, tipo marinero. Muebles sólidos e indestructibles...
¿Saben esto los socios?
Hace poco estuve en el Nautico de Bilbao y da gusto ver como conserva su estilo auténtico ¿Qué nos pasa en Vigo que todo lo destrozamos?

Anónimo dixo...

La terraza del náutico ya está cubierta desde su origen. Lo que se autorizó es el cierre acristalado de los laterales para hacerla practicable. Poco impacto pues no se modifica volumen.