IX ÉPOCA

15.11.07

Igrexas vagalume vs apagón


Hoxe estamos convocados a realizar un apagón polo planeta. Unha acción simbólica para reiterar a necesidade do aforro de enerxía que inexorablemente teremos que facer nos próximos tempos. Cada día son máis evidentes os sinais de alarma e xa só quedan algúns "primos" que tomán á coña os indicadores.

Eu non sei se no Concello de Vigo -perdón, debo decir- Eu non sei se na vicealcadía de Vigo -visualiza, neno- teñen tamén un "primo" que manexa outras claves ou, se cadra, ainda non completaron o cadro de asesores. O caso é que decidiron convertir Santiago de Vigo nunha igrexa "vagalume". Con focos, disque convenientemente camuflados, van descubrir unha nova dimensión deste edificio, por certo, non moi afortunado esteticamente. Só espero que eses focos nunca iluminen a fachendosa lista do lateral da igrexa.

Teremos, pois, un novo exemplo de despilfarro público para producir un espectáculo que algúns non queremos ver. Seguiremos maleducandonos e ninguén se sorprendera de que enchamos fachadas e rúas de millóns de lámpadas confeccionadas "low cost" en China coa excusa do nadal. A cidade convertida en plató ¿para quen?.

Hai un perigo de contaxio grave. Algúns convirten a política en espectáculo e non paran de escribir capítulos dunha serie que producimos cos nosos impostos. Onte foi unha regata, despois un globo, hoxe unha miniolimpiada, logo vira unha noria e un hotel revirado... Nas próximas eleccións non sería de extrañar que a xente vote acompañada de familia e amigos que, cámara en man, inmortalice ese momento en ducias de fotos que durmirán no disco duro. Democracia espectacular.

Non queremos igrexas "vagalume" que nos fagan ver a cidade escenificada. Apaguen, por favor, esa política.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Luces son las que le faltan a Santi Dominguez y otros muchos, que estan en los gobiernos municipales y demás. Espero sea un éxito el apagon, aúnque tengo mis dudas, pues conozco al personal. Vigo es diferente. Habrá que decirle a Santi, para la iglesia, use energia solar, que tambien existe.

Pablo González dixo...

Es curioso que vayan a iluminar esta iglesia. De la misma época y del mismo arquitecto es la fachada de la capilla del asilo de Pi y Margall, que van a tirar alegremente en aras del "desarrollo".

Anónimo dixo...

Home, é de Karpin.

Anónimo dixo...

¡OH VIGO!

Anónimo dixo...

He estado 12 dias en China y algo que me ha impresionado es la iluminación nocturna de sus edificios, y no hablo de edificios pequeños sino de los grandes rascacielos de Pekín o Shangai (en esa ciudad hay unos 4000 de mas de 50 plantas). Cuando regresé a España el pasado jueves y oi la noticia del apagón... En fin gotas de agua en medio de un inmenso oceano.