IX ÉPOCA

21.1.07

Claro que é política, pasmóns.

É verdadeiramente impresentable que políticos profesionais desprestixien a decisión da Consellería de Ordenación denegando a aprobación definitiva do PXOM empregando a palabra política como se fora o peor calificativo do mundo. Tanto a candidata Porro como o candidato Domínguez non atoparon mellores argumentos para defender as súas posicións (febles posicións por tanto).
Polo visto a C. Porro gustaríalle unha decisión técnica, algo así como a súa proposta técnica de depuradora en Silleiro que non dubidou en abandonar a favor da decisión "técnica" de poñer a nova depuradora enriba da vella despois dunha conversa co "técnico" conselleiro Vázquez. Sería interesante que aclarase se humanizar o entorno de Balaidos é tamén unha decisión técnica ou se pensa que o método Figueroa de separar técnicos é, en si mesma, unha decisión técnica.
Conviría que para mellor orientación dos votantes, o candidato Domínguez aclarase se é unha decisión técnica promocionarse xunto con deportistas de elite en vez de, poñamos por caso, aparecer exclusivamente ó lado do deporte base que tan ben coñece, ou si a súa política informativa con espacios pagados pola dirección xeral nas emisoras locais obedece tamén a criterios técnicos. De paso, sería bon que se decatara que técnicamente non está moi de acordo co seu xefe e , lamentablemente, empeza a actuar como refén do mellor (sic) do BNG local lonxe de outras sensibilidades máis razonables.
Sería bon que ambolos dous se aclararán porque , se cadra, sendo consecuentes terían que retirarse da carreira electoral para que o próximo alcalde ou alcaldesa fose seleccionado por oposición (claro que, nese caso, igual non tiñan tantas opcións).
Os nosos vergoñentos políticos Domínguez e Porro empregan a palabra política cun pouso antigo que nos leva a tempos do franquismo con aquel dictador que recomendaba non meterse en política..¡manda carallo!.
Deberían aprender dos técnicos que non teñen problema nengún en facer política "codo con codo" coa alcaldesa como é o caso do xerente Rivas ou ben agachados nun retribuido silencio como Consultora Galega. Pero o máis noxento, o que lle debería facer caer da burra, é que coincidan con ise personaxe tan apólitico chamado Font.
Pois claro que é política, pasmóns. Ordenar e deseñar unha cidade é política porque se trata de establecer criterios para resolver as necesidades dos cidadáns e, para empezar, xa existen diferencias entre o que uns e outros consideramos cidadáns . Porque o desenvolvemento pode ter moitos direccións e ser sostible ou insostible. A política, pois -e vostedes terían que defendelo diante de todos- é esa actividade que consiste en debatir e ganar adhesións para aquelas ideas, formas de organizar, valores e criterios que un defende. Tal e como vostedes fixeron chamando ós seus axentes sociais, buscando os apoios dos medios de comunicación e desprezando ós seus opoñentes. E tal como fixeron outros expresando as súas ideas ou recabando apoios públicos.
Agora, gracias á decisión política da consellería, teremos ocasión de discutir e dar razóns e non só manipulacións. Teremos que discutir por qué se fixeron estimacións tan distorsionados do crecemento da cidade, por qué non hai previsións en infraestructuras básicas, por qué tanta ocupación do solo. Qué cidade defende Sr. Domínguez: a que ideou o Sr. Toba chantando torres polo rural? Que cidade defende Sra. Porro: a que dignifica o centro e deixa sen servizos os barrios?
E non é o momento de presas, Sr. Caballero, gustarianos oir tamén a súa idea de cidade. Queremos un debate serio, con argumentos. Poñan en valor a política e, sobre todo, respecten ós cidadáns que cos seus impostos e os seus votos fan posible que vostedes estean donde están.

53 comentarios:

Anónimo dixo...

A campaña política ten que centrar o seu debate no plan xeral. Penso que é o tema de máis importancia para a nosa cidade. Ainda que moito me temo que Corina preferirá desvia-la atención e falar do AVE e criticar ó governo central.

Anónimo dixo...

Pódese expresar máis alto, pero non máis claro. Gracias Lorenzo por esta lúcida reflexión. Ás veces estes "políticos" de pacotilla de tanto repetir as cousas acaba parecendo que o que din é o normal. Acaban confundindo os seus "intereses laborais" ;-) cos intereses xerais.

Anónimo dixo...

Argumentos en defensa del plan: "Es un plan bueno". "Es un buen plan para la ciudad". "La Xunta sabe que es legal". Me hizo bastante gracia la entrevista que le hacen a Corina en el Faro cuando dice: "Claro, ante el clamor de la ciudad, habla de colaboración".
¿De qué clamor habla? ¿El de las más de 22000 firmas recogidas en contra del plan? ¿O el de los empresarios, promotores y constructores?

Anónimo dixo...

Dos temas que "no podrá utilizar" Corina Porro en su campaña electoral: Touriñán y AVE....
Las dos actuaciones fueron decididas por el PP cuando ya había perdido las elecciones... Así cualquiera promete....
¡Hasta la luna si se lo propone!...

Anónimo dixo...

O Plan é medioambientalmente inaceptable. En primeiro lugar polo desemesurado aumento do índice de impermeabilización como consecuencia da recalificación como urbanizable da práctica totalidade da zona periurbana viguesa que contén aínda elementos "ruralizados" que, no seu conxunto, supoñen un valor ambiental moito maior cás urbanizacións que nos propoñen.
En segundo lugar, porque non se reflexa e, consecuentemente, non se protexe o riquísimo réxime hídrico do termo municipal e, naqueles cursis de auga si reflexados, a marxe de protección recollida é menor cá legal de protección de cauces.
A insostibilidade ambiental do PLan refórzase se temos en conta que o trazado das infraestructuras faise sen recoller de xeito claro o impacto sobre o patrimonio natural e cultural No primeiro estudio de sostibilidade (o que foi coa aprobación inicial) non había absolutamente nada sobre impacto ambiental. Modificárono por completo despois da fase de exposición pública, pero de xeito puramente formal, forzando a adaptación do estudio ás previsións de planeamento previas, e non ao revés, como sería lóxico. POr outra banda, non existe ningún estudio de impacto visual (se temos en conta que a teoría oficial do equipo redactor, logo recollida por Toba e tamén por Núñez Feijó, é que a partir do sétimo piso dá igoal, poruqe non se ve!!!).
O Plan inclúe algunhas actuacións concretas inaceptables dende o punto de vista ambiental. É o caso da previsión dun campo de golf na xunqueira do Vao, poñendo definitivamente en perigo esta zona húmida ao consolidar na clasificación do chan, por unha banda, os terreos ilegalmente recheados por Club de Campo nesa zona (actualmente sen uso, supoñemos que "á espera") e, por outra, ao apoiar a construcción dun campo de golf aí, sen ter en conta o impacto crítico deste tipo de equipamentos (requerimentos de auga, abonos e desaugues) nestas zonas protexidas en toda Europa.
Se finalmente se consolida -cousa que dubido que sexa aceptada pola UE- a opción da ampliación da EDAR na Xunqueira do Lagares, tal decisión suporá a desaparición doutra zona húmida, co que, dunha soa tacada, eliminaremos as dúas existentes en Vigo, convertíndoas en charcas para parrulos.

Non sei se o informe da Xunta recolle estes puntos, pois moito me temo que non entra en detalles e, éstes, sumados van ser moi relevantes para a conservación dos espacios naturais vigueses no futuro próximo.

Claro, isto é política, desa que a Unión Europea recolle en tódolos seus documentos nos que esixe un desenvolvemento sostible. Política desa que esiximos os que crémos que a consigna de que "Outro mundo é posible" comeza a facerse operativa na nosa propia casa.

Anónimo dixo...

O caso do lugar sinalado no PXOM para o Polígono de Matamá-Valladares (a famosa cidade do frío, onde soamente se pretende a reubicación das industrias que queren expulsar, mediante pelotazo, de Beiramar) é de "xulgado de garda". Trátase dun monte con pendentes tan pronunciadas que fará falta un descomunal sistema de terrazas para instalar unha nave alí. O que fixeron no chamado "parque tecnolóxico" é unha broma ao lado do que aquí queren perpetrar. Ademais, parte do terreo é de propiedade comunal.

Anónimo dixo...

¡¡Habemus AVE!!!

Anónimo dixo...

Vigo ha entrado en campaña electoral de lleno...Lo del PXOM y lo del AVE ha puesto a todo el mundo en movimiento...

Anónimo dixo...

Está la ciudad que echa chispas...
Mejor tener un poco de calma, nos vendrá bien a todos

Anónimo dixo...

Que saibades que o PSOE aprobará o PXOM despois das municipais, por moito que vos empalmedes neste blog coa decisión da conselleira.

Anónimo dixo...

Gracias polo aviso. Pero postos non plan de visionario non empalmado tamén debes saber que o BNG vai aprobar modificacións que antes non aceptou e que Corina, facendo un sacrificio por Vigo vai facer o mesmo .

Anónimo dixo...

Los del Bloque podemos cambiar de opinión y no pasa nada.
Aunque Figueroa piense lo contrario.
Más cambiaron ellos de opinión según se comprueba en los papeles.

Anónimo dixo...

Que aclaren que pasará con esa zonas de Vigo que mantienen en tantísimo secreto...
¿Por qué nos ocultan a los ciudadanos los planes? ¿Qué es lo que nos ocultan? ¿por qué?

Anónimo dixo...

¿Y en esos cambios tendrán en cuenta la realidad del crecimiento demográfico en el concello?
Me parece algo fundamental

Anónimo dixo...

Lo que mal empieza, mal acaba...
Un plan mal gestado y mal elaborado
¿De quién es la culpa?
Es una locura aumentar la supeficie del concello en más del 30%

Anónimo dixo...

y lo mismo vale para otros concellos vecinos como Gondomar, Nigrán, Arbo, Cangas, etc...La superficie que crezca lo que se necesite solamente.
El modelo europeo es estupendo
¿Por qué no se adopta aquí?

Pablo Eifonso dixo...

Imos tragar cun plan feito a medida da especulación. Vestido con moita palabrería que oculta o seu auténtico obxectivo. Aquí só hai un consenso: o que estableceron Consultora Galega, APROIN, e os empresarios con Chema Figueroa e Toba Girón. As sumas dos sindicatos e Federación de AAVV, sen tan sequera ter lído o documento, forma parte do Gran Banco de Favores no que perigosamente se está a converter a nosa cidade.
O mellor que podía ocorrer con este Plan era comezar de novo... aínda que moito me temo que tal e como está a correlación de forzas a favor da corrupción, o enxendro sería parecido.
Elric, sabemos o que lle costa ao PSOE a decisión tomada, pero moito me temo que a voracidade de Toba, C.Porro e Figueroa non lle deixaron outra alternativa, pois non cederon (nin van ceder, Lorenzo, nin van ceder porque se xogan algo máis có prestixio) en absolutamente nada para achegar posturas.
Moito me temo que finalmente haberá un aquelado imposible do documento para aprobarse finalmente un monstruo cheo de lagoas polas que entrará calquera a recurrir e gañar. Pero eles, os que aproben isto, estarán xa na "Guayana", por exemplo... e dirán digo onde dixeron Diego mentres se apalpan os bolsillos cun sorriso.
Nós queremos unha auténtica planificación metropolitana, baseada nos principios do desenvolvemento sostible e a solidariedade. Non un plan cuxo mellor modelo sexa a barbaridade física e administrativa de Navia ou do Parque tecnolóxico.

Anónimo dixo...

La OCDE dice que la vivienda en España está sobrevalorada un 30%... y que es peligroso que las familias tengan ese endeudamiento tan enorme...y que si suben los intereses tendremos grandes problemas...
Me parece una irresponsabilidad potenciar y apoyar ese modelo tan absurdo de crecimiento. Solamente acabará por crear enormes problemas en la sociedad
¿Para qué ese aumento tan enorme de construcción nueva si hay tantísimas viviendas vacias en Vigo?
La OCDE aconseja que se potencie el alquiler e incluso dice que sería bueno que el gobierno dejara de subvencionar la compra de vivienda...
En fin que todo parece una absurda maraña...Una red que atrapa a muchos ciudadanos y que al final acabaremos pagando todos...
Los promotores son los que dirigen muchos concellos, eso está claro...Lo comprobamos diariamente en la prensa

Anónimo dixo...

La deuda de las familias en España, alcanza un nuevo record: el 85% del PIB..
El crecimiento de la deuda en las familias crece a un ritmo cuatro veces superior al que experimenta su riqueza financiera...
La OCDE y el Banco de España alertan sobre el problema que esto puede suponer para el país...
Todos endeudados hasta las cejas comprando viviendas sobrevaloradas un 30 % y los promotores disponiendo libremente del suelo del país... para hacer esas viviendas sobrevaloradas, y forrándose a base del trabajo de los ciudadanos...
La riqueza es como un río que va en sentido contrario...de abajo arriba...
¿Hasta cuándo?

Anónimo dixo...

A Figueroa parece que lo tienen un poco en la sombra ultimamente...¿por qué será?

Anónimo dixo...

¿qué habrá hecho? hummmm

Anónimo dixo...

Vemos en las noticias que muchos están acostumbrados a la corrupción...Lo ven una cosa normal pues durante años y años han hecho lo que han querido con el consentimiento y apoyo de muchos políticos...
Constatamos asombrados diariamente como municipales y promotores son acusados por la fiscalía, algunos en la cárcel, otros pendientes de juicio, etc...
Es una vergüenza que se potencie ese tipo de urbanismo especulador que potencia la corrupción ...y que perjudica tantísimo a nuestro medio y a los ciudadanos..
Una decisión de los concellos supone millones para los promotores...por eso vemos lo que vemos...Una tentación enorme para algunos...
El urbanismo no debería estar en manos de los concellos. El modelo europeo es más justo y respetuoso con el medio y con los ciudadanos...
¿Por qué nosotros tenemos que estar preocupados y pendientes de esas cosas tan básicas? Lo estamos porque desconfiamos de muchos de nuestros políticos,no nos fiamos de ellos.. ya hemos visto demasiado. Y eso no debería ser así.
La sociedad debería plantearse seriamente este tema, es un problema de salud social.

Lorenzo Pardavila dixo...

Porro subrayó que "tras estudiar el documento por parte de los técnicos, les pedí un esfuerzo más para que en un mes y medio podamos llevar al pleno municipal y remitir a la consellería el plan reformado, con todo lo que quiere la Xunta que contenga el Plan. Otra cosa es que estemos de acuerdo en el contenido, pero es secundario y lo importante es aprobar el documento".
Comenza a dura etapa de sacrificios pola cidade.. Consultora Galega terá máis choio, meus probes! e a C. Porro xa lle parece secundario ata o contido! Vaia falcatruada!

Anónimo dixo...

¿Cómo aprobar el documento está por encima del contenido en algo tan fundamental? ¿Todo vale? ¿por qué tanta prisa? Si la corrección consigue un buen documento, entonces adelante...Pero si el documento sigue siendo malo....¡a la papelera con él!!!
Las operaciones que tenga apañadas ya la alcaldesa son cosa suya, no de la ciudad

Anónimo dixo...

Ojo a los cambios, que si los hacen el trío Colsultora, Figueroa y Toba aún podemos ver alguna barbaridad más...

Anónimo dixo...

Os cambios son imposibles sen afectar "intereses". Esa é a única razón para que non se fixeran ata agora. O teatral órdago de Porro/Figueroa só pretende enlamar máis a cousa e unha segunda sesión de insultos e mentiras para dentro de dous meses, con coro incluído dos "axentes sociais".

Este PXOM, penso, só ten unha solución razoable: facer outro, aproveitando aqueles documentos xerais menos "comprometidos". Pero moito me temo que a "masa crítica" para tal operación é tirando a escasa. Desde logo non vexo a ningún dos que están agora ou están por vir, nin a ningún dos "axentes sociais" liderando unha reflexión e unha acción planificadora "desinteresada".

A costa de quen "correxirán" os excesos de urbanización. Ese "quen" deixarase?

Anónimo dixo...

Por méritos propios... dificilmente se salvaría de la papelera.

Anónimo dixo...

Dicen que ha bajado el paro en la construcción...

Anónimo dixo...

la actividad económica en Vigo y su área es la más alta en 15 años..No está nada mal...

Anónimo dixo...

La fundación Provigo dice eso teniendo en cuenta los pasajeros y mercancías movidas en Peinador, producción de citroen, consumo de cementos grises y blancos, exportaciones e importaciones, paro, altas en seguridad social, consumo de energía electrica...,
No está nada mal. Estupendo

Anónimo dixo...

¿A alguien le fastidia que estos datos sean tan buenos y preferiría que las cosas fuesen mal en la ciudad?
Que medite tranquilamente ... si esos pensamientos son saludables...y cuál es ralmente la causa de que sean así...

Anónimo dixo...

Y por qué Figueroa aún no nos contó por qué se ausentó, con Pino, de una votación de Urbanismo en el Concello?
Convendría que los ciudadanos supiesemos cual fue la causa...

Anónimo dixo...

¿por qué los "agentes sociales" de esta ciudad se han desquiciado con la paralización del plan?...
Deberían estar contentos y agradecidos ya que se trata de conseguir el mejor plan posible para la ciudad y para los ciudadanos... Ellos son los primeros que deberían exigir a la Xunta que vigilase con lupa el contenido de dicho documento...
Algunos dicen que urge su aprobación porque hay empresas que quieren instalarse en Vigo y se van a ir a otros lugares, etc...pero no nos cuentan que alguno de ellosha sido el primero que, cuando le ha interesado, ha vendido sus empresas a los portugueses... ¿Por qué se escandalizan tanto cuando Pescanova decide implantarse en Portugal?
Creo que no nos podemos fiar demasiado de ellos... Su comportamiento no es muy claro, hay poco coherencia

Anónimo dixo...

la comarca viguesa mantuvo el máximo nivel de actividad económica en 2006 y sin embargo muchos empresarios creen que el clima empresarial de la zona ha empeorado...Pienso que es la forma que tienen algunos de decir que el nuevo plan es vital, que sin él Vigo no se mueve, etc...Pero vemos que no es cierto, que los índices nos dicen que las cosas van bien en todos los sectores. Solamente es que están nerviosos pensando en los pelotazos que se avecinan, o están en la construcción o han invertido en suelo recalificable...
Simpre vemos y oimos a los mismos quejándose...¿por qué será? Otros muchos empresarios se dedican a trabajar y no están todo el día en los medios ...

Anónimo dixo...

Según el director adjunto de Caixanova, en Vigo se construyeron 5.000 viviendas menos que en la Coruña y dejó entrever que la causa era la ausencia de plan en Vigo...¿Ese señor ha tenido en cuenta las que se han construido en Nigrán, Gondomar, Vilaboa, Baiona, etc..y a las que se han ido a vivir ciudadanos vigueses?
Pienso que también deberían entrar en el cómputo. No se puede comparar la construcción en las dos ciudades porque las circunstancias son bien distintas. Muchos vigueses de alto nivel económico se han ido a vivir a esos concellos limítrofes, y no han ido precisamente a buscar vivienda más barata por ausencia de plan...

Anónimo dixo...

A muchas empresas le interesa más en este momento el rendimiento económico que sacarán de esas "traslaciones" que su propio negocio. De ahí ese descontento...

Anónimo dixo...

Escucho en una entrevista a Rubén López, gerente de la Fundación Provigo.
Habló sobre muchas cosas de la ciudad: Peinador, industria, algún comentario muy por encima sobre el plan...
Pero me quedo con lo siguiente: En la comarca ha bajado el paro en la industria y también en los jóvenes que buscan su primer empleo, ha aumentado enormemente la exportación, los resultados del puerto también son los más altos... Los índices industriales positivos están más arriba que nunca...Insistió en que se deberían diversificar los sectores de nuestra industria. También habló de lo importantísimo que es invertir en I+D y en que las empresas puedan beneficiarse de los resultados obtendidos en esas investigaciones, de crear esos puentes...También se refirió a lo importantísimo que es estar en contacto con nuestra Universidad y aprovechar todo lo bueno que ella pueda aportarnos en ese campo...
Me pareció un hombre competente y responsable...Personas así son las que necesita Vigo para mejorar...
Seguro que a él no le preocupa tanto el plan como a otros...

Anónimo dixo...

El Roto:
¡Ya está bien de hacer política con la política! ¡Déjenla para lo que es: para hacer negocios!

Anónimo dixo...

y digo yo ¿por qué habrá aumentado tanto el consumo de cementos grises y blancos?
Curiosos asunto..

Anónimo dixo...

Eso ujido a la bajada del paro en la construcción nos dice que al sector no le va nada mal...
¿Por qué nos cuentan lo contrario?

Anónimo dixo...

desde luego que si hacemos caso a algunos pensaríamos que la ciudad está al borde del colapso económico... Comprobamos que como en otras muchas cosas pretenden tomarnos el pelo. Se mueven por otros intereses...

Anónimo dixo...

Según Corina Porro, el psoe ha parado la ciudad con grandísimas consecuencias económicas...
¿A qué ciudad se refiere? ¿Estarán errados los datos económicos de la Fundación Provigo a la que ella pertenece?
¡menos manipulación señora alcaldesa!

Anónimo dixo...

En Galicia hace falta suelo industrial pero no tanto como los algunos agentes económicos demandan... El número de solicitudes firmadas respaldadas por un proyecto empresarial son menores de lo que algunos reclaman, se supone que con intereses más bien especulativos...

Anónimo dixo...

Y Núñez Feijóo culpa a la Xunta de castigar a Vigo por tener una alcaldesa del pp... y que por eso no hay plan, ni AVE,ni área metropolitana...
Dice que la Xunta solamente busca rentabilidad política...
¿El señor Feijóo recuerda que el pp gobierna en minoría? Habla de Vigo como si todos los ciudadanos estuviésemos de acuerdo con ellos... Parte de un supuesto totalmente falso. Muchos vigueses estamos encantados con que la Xunta actúe así y no queremos que se apruebe ese plan basado en la especulación y que destroza nuestro concello.

Anónimo dixo...

Y el euribor ya esta al 4,06%...
Atención a las hipotecas...

Anónimo dixo...

El señor Feijóo y la señora Corina ¿qué hicieron por el AVE a Vigo cuando el pp estaba en la Xunta y en Madrid? Por qué no nos lo cuentan...
Las hemerotecas están ahí. Que no traten de engatusar a los ciudadanos haciéndose las víctimas.
Y el señor Feijóo estuvo también en contra del pxom ¿Ya se han olvidado?
Son unos manipuladores, tratan de engañarnos.

Anónimo dixo...

El Consello Económico y Social (CES) aconseja suavizar la ley del litoral por su impacto económico..
¿Qué pasa en otras comunidades que sí se respetan esos metros?
Los concellos tienen que cambiar esa mentalidad mercantilista que solo beneficia a unos pocos y destroza nuestro medio.
Ahora en muchos pueblos costeros esa manera de actuar hace que los paisanos no puedan acceder a una vivienda porque se han encarecido tantísimo que les resulta imposible con los medios que disponen... Solamente pueden comprar los que invierten o bien para especular o bien para veranear un mes al año... ¿tiene sentido esto?
¿Esos concellos se preocupan realmente por los ciudadanos a los que representan? Yo creo que no, que están algo enloquecidos con esa posibilidad que tienen de jugar a ser ricos y disponer de todo como si fuera suyo...
Lo que hacen no es un trabajo público pensado para la comunidad que los ha elegido...Están bien confundidos...

Anónimo dixo...

La producción de hormigón en Galicia también ha aumentado: un 5%...
Señal de que se consume

Anónimo dixo...

También las conserveras están teniendo unos buenísimos resultados... Una buena noticia
Las sardinas en lata son sanísimas y están riquísimas...¡¡Hummm!!

Anónimo dixo...

¡¡¡También los mejillones!!!

Anónimo dixo...

La concejala Graña tiene razón. En estos momentos lo que tiene que hacer la señora Corina Porro es darnos las cuentas a los ciudadanos de lo que hizo...No es ahora cuando tiene que decir que va a hacer esto o lo lo otro.. Eso solamente debería hacerlo si gana las elecciones...
No queremos ver en Vigo lo que ocurrió en la Xunta cuando acabó el gobierno de Fraga...Rapidamente empezaron a "atar compromisos" que pasaron a los que venían detrás...Incluso hicieron fijos a los que contrataron a dedo...
Son prácticas más propias de otros tiempos...que no queremos ni recordar.
Mejor practicar todos la transparencia...Y la alcaldesa que nos cuente ..a ver qué es lo que hizo por la ciudad y dependerá de eso si conseguirá o no los votos...
¿No parece esto más democrático?

Anónimo dixo...

No se puede camelar a la gente con falsas promesas...¿alguién sabe el resultado de las elecciones por adelantado?

Anónimo dixo...

Buenas noticias: se van a reforzar las leyes para evitar la corrupción en el urbanismo de los concellos...