Á vista da absoluta falta de criterios, programas e ideas da que fan gala o goberno e a oposición municipal en Vigo, en relación coa rehabilitación integral do Casco Vello, e antes de que permaneza en abandono durante máis anos, ou sexa ocupado por oficinillas municipais, propoñemos un uso digno, rexenerador e inmediato do Edificio Cambón, situado entre as rúas Palma e Oliva: a rehabilitación para o seu uso como vivendas sociais ou de aluguer para xoves. O edificio terá uns 1.200 m2 (?) en dous andares, o que nos pode dar case 20 vivendas de 60 metros cadrados. O que lle fai falta ao Casco Vello non son máis equipamentos públicos baleiros de contido (senon dinamizar os existentes), nin novas sedes institucionais, que pouco o nada van significar no proceso de rexeneración social necesario. Fai falta vida. E a vida dána as persoas que residen permanentemente e fan propio o espacio.
Devólvase o edificio á Xunta e entréguese ao IGVS para que de xeito inmediato rehabilite, constrúa, sortee e entregue vivendas e vida ao esmorecente barrio histórico vigués.
A teima institucional de ocupar edificios singulares de especial interese arquitectónico ou urbano, exclusivamente como equipamentos é o certificado de defunción de moitos deles que se arruinan esperando un contido e un financiamento que, as máis das veces, nunca chega ou chega moi tarde.
Copiemos, por exemplo, da recuperación do histórico Convento de Santa Catalina en Baeza, coa construcción de 25 vivendas para xóvenes, ou do Palacio de Villareal nesta mesma cidade andaluza, con 12 vivendas sociais de 100 m2 cada unha, ou do antigo Cuartel de Caballería en Utrera, do século XVI rehabilitado para 14 vivendas.
Seguiremos falando do Casco Vello...
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
6 comentarios:
Baeza, Utrera. Os pobos do interior de Andalucía, especialmente os renacentistas de Jaén (Úbeda, Baeza) son admirables na súa preocupación pola limpeza, o desenvolvemente sostible, a política de vivenda... Falamos sempre do Norte de España, pero estes pobos de impronta renacentista e barroca son maravillosos.
Compararlos con Vigo parece temeridad.
Os exemplos son para os que poidan non concebir utilizar MONUMENTOS como "sinxelas" vivendas.
Comparar case calquera cousa con Vigo é, de feito, unha temeridade... sobre todo se falamos de cascos históricos e respecto polo patrimonio.
No Casco vello de Vigo non hai "política de vivenda", senon moitos millóns de euros que deron en máis de un ano para mercar só 4000 ou 6000 m2 edificables... se cadra son todos os que non están mercados aínda por Karpin e outros promotores que agardan a que non quede nin un só residente, a que se suavicen as normas de protección á vista da ruina provocada e poder "traballar" sobre territorio liberado. Mentres o Concello anda a velas vir coas aburridas declaracións de intencións de sempre.
NO entiendo por qué quitasteis lo del pxom vigués. Era de lo más instructivo y divertido ¿Por qué no lo poneis de nuevo? Daba mucho juego
Abundando en el comentario de pablo eidefonso, resulta inútil hacer propuestas a un organismo de gobierno que no tiene la más mínima intención ni contempla el objetivo de dinamizar una zona (germen de Vigo para los que somos de aquí) que está vendida de antemano. Nuestra alcaldesa, experta en maquillaje, no sólo el propio sino el político, es un pelele que está expoliando Vigo no menos que sus antecesores. Lo triste es la resignación del vigués medio, si es que existe tal especie de animal. Ya que ausente de proyectos e identidad cultural una ciudad se desvanece y sus ciudadanos pasan a ser meros habitantes. Pero claro quién quiere ciudadanos que posiblemente comiencen a opinar en lo que no conviene.
Anónimo, non se retirou ningún post. Pulsa ádereita nos arquivos de outubro 2006.
El otro día en el faro aparecía "la villa de París", edificio situado en donde ahora tenemos seguros Ocaso, en la Puerta del Sol...¡qué pérdidas tan enormes las que ha sufrido esta ciudad!
El edificio actual es un pastiche que estropea la visión de la plaza. Otro atentado
Publicar un comentario