IX ÉPOCA

1.10.06

Desobediencia civil


Finalmente C. Porro abandona a súa posición de resistencia e lembra que ás señoras de dereitas non lles cae nada ben despeitearse e adicarse a amagos de desobediencia civil como se dunha vulgar okupa se tratase. C. Porro decidíu hoxe informar ao Faro de Vigo que finalmente acatará o disposto na Directiva e na Lei de Avaliación de Plans e Programas e solicitará o suposto de tramitación de excepcionalidade para o PXOM.

Como se dunha hippie reciclada se tratase, afirma que cede a transixir coa legalidade "por el bien de la ciudad". Xa nos parecía a nós que non era porque non lle quedara máis remedio para non apandar coa responsabilidade directa da non tramitación do Plan. Agora, despois da preparada xogadiña trilera de que si que non ¿onde está a boliña?, volverá a quedar de víctima cando o Plan non pase -como é previsible- a peneira da súa adecuación ambiental.

6 comentarios:

Pablo Eifonso dixo...

Figueroa segue o guión establecido:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/
noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=100000106878

De Toba e as súas milongas (agora yencas e sainetes, e é que é como un libro aberto o sr. T. Girón) mellor nin falar.

Anónimo dixo...

Un pouco confuso xa é

Anónimo dixo...

¿Cómo están ustedeesss?.
A cantar todos, como en el autobús:

Hay que buenos son,
los del PP de Perly,
hay que buenos son,
que pidieron la excepción.

Pensando en nosotros,
¡cuanto sacrificio!,
malos son los otros,
les sacan de quicio.

Hay que buenos son,
los del PP de Perly,
hay que buenos son,
que pidieron la excepción.

Lo del medio ambiente,
es una chorrada:
PXOM “sostenible” y
¡no depura nada!

Hay que buenos son,
los del PP de Perly,
hay que buenos son,
que pidieron la excepción.

(Si tan buenos son,
los del PP de Perly,
si tan buenos son:
¡presenten la dimisión!)

Anónimo dixo...

Quén é capaz de explicar en qué consiste a excepción?. A lei de avaliación de plans e programas entrou en vigor o 30 de abril e a terá que cumprir todo aquel plan que teña un efecto significativo no medio ambiente. Non o ten a construcción de 120.000 innecesarias vivendas?

Anónimo dixo...

Recollido dun comentario de Pablo Eifonso noutro post:
A excepcionalidade (que debe estar ben motivadiña, por certo) non implica a aceptación do Plan, senon a non obigatoriedade de comezar o proceso dende cero.Terán agora os da Xunta que analizar se coa documentación actual pode cumprir. E a min dáme que -ou fan encaixe de palillos (que todo pode ser, claro)- non. A ver como xustifican as previsións demográficas, por poñer só un exemplo...

Anónimo dixo...

Desde luego la Xunta tiene ante sí un trabajo complicado. Que no se deje amedrentar y que lo realice a conciencia.
Los vigueses necesitamos un plan seguro que respete nuestro medio ambiente