IX ÉPOCA

5.10.06

Arte para todos

O gabinete técnico de Vigoblog, amosando unha vez máis o seu desvelo por atopar propostas constructivas, ven de deseñar unha nova solución para incrementar o nivel cultural da cidade.
Visto que C. Porro bota mán dos cadros do Museo Quiñones de León para a decoración do seu novo despacho,damos por suposto que non haberá inconveniente nengún en que o resto dos cidadáns fagamos democraticamente o mesmo, xa que somos copropietarios destos bens culturais. Dada a limitación dos fondos do Museo imponse unha solución compartida polo que despois de analisar varias opcións (exposición en bares, colgado de cadros nos vitrasa, carpas nos mercadiños, furgonetas-museo) demos coa mellor solución seguindo unha tradición ancestral: os santos portátiles. Desta maneira durante uns dias ó mes poderemos disfrutar, no noso propio salón, dun cadro coa obriga de pasalo ó veciño que figurará nunha lista mecanografada adherida na parte posterior da elegante caixa de madeira.
O programa piloto que ofrecemos podería empezar cun Laxeiro e un Xosé Guillermo que xa temos montado como se pode observar na foto.


Ainda que C. Porro non tomou precaucións nengunhas para garantir a boa conservación dos cadros, as caixas de madeira levarán un equipo acondicionador cun sensor higrométrico e térmico. De momento só se dispon de dúas unidades para que circulen, unha, polas zonas céntricas humanizadas e a outra irá a Vilaboa froito dun convenio. Para as parroquias haberá que agardar a que se modifique o concurso do mobiliario urbano, introducindo estes elementos. Incorporarán un peto electrónico que cobrará a permanencia na casa ,iso si, por minuto. O servizo podería ser gratuito pero, claro, así non sacaríamos nada da empresa que acabamos de constituir: Arte portátil e contratas S.L.

71 comentarios:

Ramón dixo...

Tarifación por minuto? apuntádeme xa que quero darlle caché ao salón (previamente vouno pintar de colores palacegos, como la Cori).

Alberto dixo...

Me consta que en los despachos donde "trabaja" Cori cuentan con los mejores equipos de conservación, de ahi su excelente cutis... Las obras de arte estarán en buenas manos.

Me pido segun pa la caja!!!

ovidio dixo...

No entiendo por qué no puede adornar la alcaldía con cuadros del patrimonio vigués. Otra cosa sería que adornase su casa. De tanto criticar a Porro vais a conseguir que la gente le coja cariño.

Pablo Eifonso dixo...

Explícoche porqe non pode. Os cadros pertencen ao Museo de Castrelos e son bens catalogados sometidos a un determinado réxime de protección que ten por finalidade garantir que se conserven nas mellores condicións e se evite o seu deterioro. Os poderes públicos propietarios -neste caso- dos bens están obrigados legalmente a esta protección. Suponse que o Museo conta cos recursos materiais e humanos específicos para garantir esa conservación e por iso están as obras neles e non nas salitas dos concellais nin na Federación de Asociacións de Veciños. Non só C.Porro comete unha solemne torpeza de alguén que ten perdido o norte perdida nunha estúpida vanidade, senon que, dende o meu punto de vista, comete unha flgrante ilegalidade e debe intervir a Xunta de Galicia para evitar que xogue con bens culturais que por pertencernos a todos está obrigada a protexer.

Anónimo dixo...

E ti como sabes que non seguiu o protocolo necesario para poñelos na rúa Porto? Por qué das por suposto que leva os cadros sen máis porque lle peta? Tes algunha nova ó respecto? Conviría, pois, sabelo. Porro non é santa da miña devoción e o xeito de levar a alcaldía para o anterior Reitorado é discutible, pero falar, xa se sabe, sen ter probas é bastante máis complexo.

ovidio dixo...

O museo municipal fornece de obras de arte a numerosas exposicións tanto na nosa comunidade como no resto do territorio español. Por outra banda as nosas publicacións intercámbianse con preto de 400 museos de todo o mundo.
Por qué no los va a prestar a la alcaldía?

Sancho dixo...

Ovidio:
El museo es de todos, y todos podemos disfrutar de lo que allí se instala. En el despacho de la alcaldesa tan sólo verán esos cuadros 'del museo' muy pocas personas. Además, si se gasta el dinero en muebles ¿por qué no aprovechan la ocasión para comprar nuevas obras de arte? Los artistas son un sector productivo al que también hay que potenciar.

rosalía dixo...

Conviene saber que el gasto en arte por parte (perdón por la rima) de la admnistración está perfectamente regulado. No puede depender de un capricho particular. Sí hay destinado un porcentaje (no recuerdo la cantidad) a la compra de obras de arte cuando se trata de una obra nueva, pero no sé si el arreglo del REctorado entra en esa categoría.
Que los artistas son un sector productivo nadie lo duda, pero que haya que potenciarlos eso es más discutible. En todo caso, no se potencian de esta forma. Además, si no recuerdo mal, en el rectorado tienen unas hermosas vidrieras de Laxeiro que quizá el pueblo vigués pueda disfrutar mejor que cuando el edificio pertenecía a la Universidad.

Anónimo dixo...

¿Y sacarán más cuadros de Castrelos si se monta una sucursal de la Diputación de Louzán en el Concello de Vigo?

Alberto dixo...

Lo siento pero no hay argumentos para defender este nuevo acto de vanidad de nuestra alcaldesa. Aunque existan unos protocolos o reglas de actuación para mover esos cuadros (que en este caso dudo que existan, -disfrute privado-) ¿Qué motivos hay para ponerlos en marcha?, ¿Por qué privar a los ciudadanos de Vigo y de otros lugares disfrutar de esos cuadros?, ¿Habrá horarios de visita a la nueva alcaldia para que el que lo desee pueda ver esas pinturas?, como dice Sancho ¿Por qué no adquirir nuevas obras y potenciar así el arte vigués?

Pablo Eifonso dixo...

"O Museo Municipal fornece de obras de arte a numerosas EXPOSICIÓNS..." [corta-pega da web do Museo]. Resulta obvio que non falo disto.

Non teño nin idea se cumpriron ou non protocolo. A noticia no Faro de Vigo afirmaba estes días que C.Porro estaba elixindo neses momentos persoalmente os cadros -pertencentes ao Museo de Castrelos- nos almacéns do MARCO, para decorar as dependencias da Alcaldía do Areal . Supoño que non lle darían un permiso xenérico: logo o protocolo (se é que existe tal aberración para "decorar" despachos) nono hai. E se o houbese, é para min denunciable o funcionario municipal que o admita sen máis pois contradi o espírito e a letra da Lei, xa que o Museo de Castrelos está declarado Ben de Interese Cultural e os bens que atesoura están sometidos ao grao de protección que determina a lexislación que corresponde.

Pero con independencia de temas legais, penso que utilizar cadros da colección dun Museo para "decorar" unha estancia de uso restrinxido e que non garantice condicións específicas para a súa conservación, é unha barbaridade. Isto non é novo: durante moitos anos, e ata hai ben pouco, as dependencias do Concello na praza do Rei estaban "decoradas" coas obras do legado de Policarpo Sanz (precisamente pertencente ao Museo de Castrelos). Afortunadamente -despois de sufrir graves deterioros- os cadros volveron ao Museo, foron catalogados, penso que restaurados e parcialmente expostos nas salas (por certo, que tampouco reúnen as condicións de climatización esixibles, metres C.Porro se gasta os cartos en acondicionar despachos perfectamente prescindibles). O legado pódese agora admirar tamén(esta vez si en condicións ambientais adecuadas ;-)) na web do Museo Municipal.

E postos a pedir: por que non decorar tódalas sedes instucionais de Concellos e Comunidade Autónoma con cadros dos fondos dos Museos de Galicia? e se non chegan, por que non pedirllos ao Museo do Prado que ten unha manchea deles sen expoñer nos seus almacéns?

Estou de acordo que o correcto sería a adquisición de obra nova que, seguro, é máis barata que algúns dos sillóns sobre os que sentarán as súas reais os visitantes do gabinete electoral... perdón.... da alcaldía do Areal.

De tódalas maneiras, a fórmula "Arte portátil" de Lorenzo Pardavila é un paso de vangarda na difusión e disfrute da arte polo pobo. Ten ademais -como o das comidas dos vellos de Quin- unha fonda tradición en Galiza. C.Porro, tan sensible ao sentir popular debería someter a concesión e conceder sen dúbidas a Arte Portátil e Contratas, S.L. un servicio permanente por, por exemplo, 50 anos, como os aparcamentos... ou 25 como o dos mupis. O Museo fornecería con protocolo aprobado polo Pleno e a autorización da Xunta de Galicia de bo grao á nosa empresa cos seus fondos.

perli dixo...

No se de que os quejais. Igual que Cori se hizo el lifting en el bigotillo, puede hacerle el lifting que quiera si se le estropea un cuadro de esos. Además siempre es mejor que los cuadros los disfruten quienes tienen gusto refinado (como alvariño con sus ricitos) y así darnos lustre cuando visiten la gente bien a Cori en la alcaldía... y no el populacho que seguro que acaba manchando los cuadros de grasa o así.

ovidio dixo...

Vexo que vamos aclarando o panorama. Que vamos sendo máis cautos nas apreciacións. E agradécese. Porque cando un critica debe facelo con todas as da lei porque corremos o risco de facerlle o caldo gordo ó criticado, paradóxicamente.
De todas formas, volvo a ver certos tics prexuizosos sobre a actuación da alcaldesa.
Non entendo por qué na nova alcaldía non vai haber boas condicións de conservación de cadros ou esculturas. Non todos teñen unha fraxilidade extrema e poden soportar as temperaturas tórridas dunha comisión de urbanismo (no vai para aí, parece ser). Critícase que a alcaldesa só os quere para decorar: entón, para qué vale a arte senon para decorar. Ou alguen cre (bueno agora sí) que os artistas traballan para ver os seus cadros nos museos?
EN segundo lugar, por qué vai ser máis gravoso comprar uns sillóns estupendos que unha obra de arte? Ou os cadros o esculturas están libres de sospeita? Podo poñer miles de exemplos de cartos maltirados pola administración en adquisición de supostas masterpieces. Claro que ás veces convén contentar ó bufón ou ó familiar (con carné de artista, por suposto) de turno.
Desde logo, se o que fai a señora alcaldesa está dentro da legalidade non me parece mal. Se incumple as normas establecidas polo Museo, entón non. Pero ter unhas obras de arte na sede da alcaldía non debe ser motivo de escándalo.

Anónimo dixo...

O escándalo é que isto sexa un dos escasos exemplos da relación entre alcaldía e museos.

Anónimo dixo...

Os museos non dan votos. O Arte menos aún

Ramón dixo...

Non, non é asi. A fomulación correcta é: os museos non dan PASTA, a arte, ás veces si (pensemos na nova obsesión por esculturitas urbanas)

Anónimo dixo...

¿Por qué a Corina no le llega el edificio de Concello? Me parece absurdo gastar un dineral en adecuar un lugar nuevo ¿No hay cosas más importantes y necesarias en la ciudad? Y además con unas elecciones tan cercanas.
Me parece un capricho de la alcaldesa que corre a cuenta de la ciudad

Anónimo dixo...

A min tamén paréceme un absurdo gastar cartos en darlle o capricho á señora alcaldesa. Penso que o que ten é suficiente. Ten diante O Castro, vistas á Ría... ¿Qué máis quere?
¿Tódolos do Concello terán que ir cos papeis dun lado para outro?
É totalmente ridículo

Anónimo dixo...

E por qué hai que ir con papeis dun lado para outro? Coas novas tecnoloxías non fará falta moverse de casa e non haberá papeis. Por non haber, non haberá nin alcalde/sa.

Anónimo dixo...

Ela e máis Louzán...man a man

Anónimo dixo...

Non ten sentido ningún iso da alcaldía no Areal ¿Conocedes algún Concello onde o alcalde estea na outra punta da cidade? Por maís que penso non encontro un caso igual. Esta alcaldesa ten ideas pelegrinas... hai que reconocelo...

Anónimo dixo...

Ainda que todo estea texnoloxizado, o asunto non ten pes nin cabeza

Anónimo dixo...

Na outra punta da cidade???????
Se vives na Florida, concédoche, pero se vives en Teis. Cuidado coa xeografía.

Anónimo dixo...

Pero ainda hai unha tiradiña....

Anónimo dixo...

A cuestión é complicar as cousas e encarecer os servicios que ó final pagamos os cidadans ¿Qué criterios foron tidos en conta para facer ese tralado? ¿Quenó pagará ? ¿ë necesario?

Anónimo dixo...

Creo que quitar de ahí el rectorado es un enorme error. Era una manera de unir la ciudad con una universidad tan lejana. Muchas personas utilizábamos ese servicio

Anónimo dixo...

La ciudad estamos a expensas del los caprichos de los políticos de turno. ¿y si el próximo decide llevar la alcaldía al Castro?¿Lo han decidido también el resto de los partidos?

Anónimo dixo...

LO DE CAMBIAR LA ALCALDÍA ES UNA DECISIÓN DEL PP, EN CONTRA DE LOS DEMÁS PARTIDOS....YA SE SABE QUE PARA EL PP LO DE LAS MAYORÍAS NO TIENE IMPORTANCIA...
EN AREAL PODRÁ RECIBIR A QUIEN LE CONVENGA SIN QUE LOS DEMÁS SE ENTEREN....MAAS VALE QUE PONGAN UNOS BUENOS DETECTIVES....

Anónimo dixo...

No me extraña que la democracia sea siempre imperfecta. Si uno es capaz de argumentar estas cosas ("se va la alcaldía al Areal para que los demás no se enteren"), los políticos pueden engañar a cualquiera. Está visto. Si uno está en contra de esa decisión, que lo rebata, pero con estos argumentos Corina debe de estar muriéndose de risa. Si ésa es la oposición...
Y lo dice alguien que no quiere ver a Corina de alcaldesa nunca jamás. Pero como le opongamos esta clase de inteligentes ideas seguro que recunca.

Anónimo dixo...

¿Y no sería más lógico utilizar el rectorado para la sede del parque de las islas Cies, Ons,,etc...o la Agencia de la Pesca o algúna utilidad buena para la ciudad en lugar de malgastar espacio público por un caprichito de la alcaldesa?.Creo que la actual ubicacioón de la alcaldía es suficiente de sobra. No tiene sentido aumentar los gastos públicos sin una causa muy justificada. ¿De dónde sale el dinero que se gasta la alcaldía? Pues eso que no tiren lo que no es suyo

Anónimo dixo...

¿Por qué para ese cambio no se ha tenido en cuenta la opinión de los demás partidos? ¿Para qué sirve la oposición en el Concello?
Muchos ciudadanos no entendemos por qué tiran nuestro dinero en cosas estúpidas. Hay muchas necesidades en la ciudad que están pendientes por falta de fondos ¿este cambio es necesario?
Los caprichos que se los pague cada uno de su bolsillo.
Los edificios públicos deben de utilizarse para mejorar la ciudad no para que esté contenta la alcaldesa

Anónimo dixo...

¿No es más necesaria en Vigo una gran Biblioteca pública? El edificio del rectorado era el lugar ideal. Si estaba en manos de la cultura en ella tendría que haber continuado.
Mucho floripondio y mucho lucimiento pero poca cultura....Eso es lo que trasciende.
No importa tirar dinero en cosas superfluas mientras las necesidades reales de la ciudad siguen al pairo

Anónimo dixo...

Nótase que no Concello hai moitísima burrimia. Os seus intereses o denotan, non o poden disimular

Anónimo dixo...

Los ciudadanos somos los que cargamos al final con la irresponsabilidad de los políticos

john porchaba dixo...

A mí me parece de perlas (y me imagino que a la zona también) que la alcaldía vaya para el edificio, abandonado irreponsablemente por el equipo rectoral anterior en el que figuraba el actual, de la calle Cidade de Porto. Felicitaciones.

Anónimo dixo...

Pues casi que se esparza el concello por todo el municipio y el edificio que ocupan actualmente lo dedicamos a otros menesteres....
Tienen unas ideas totalmente absurdas y muy poco rentables para la comunidad

Anónimo dixo...

¿ y vamos a saber los ciudadanos en cuánto nos sale el asunto? Debería hacerse público lo que nos va a costar el traslado a ese edificio de la alcaldía y el mantenimiento de esa nueva ubicación

Anónimo dixo...

En el edificio del rectorado que pongan la escuela de idiomas. No querrán,aún por encima, darle el gran negocio a Karpin ¿o no?

oporto dixo...

En el edificio del rectorado no cabe nada de nada. El auditorio nació escaso, la cantidad de lugares de paso es muy notable. Vale como edificio de representación y para algunas dependencias, no muchas. Para escuela de idiomas, ni hablar.

oporto dixo...

En el edificio del rectorado no cabe nada de nada. El auditorio nació escaso, la cantidad de lugares de paso es muy notable. Vale como edificio de representación y para algunas dependencias, no muchas. Para escuela de idiomas, ni hablar.

Anónimo dixo...

Pues si no vale para la escuela de idiomas que pongan una biblioteca

Anónimo dixo...

O sea, que solo vale para la alcaldía....

el galán de la calle oporto dixo...

No podemos olvidar que tiene un balcón preciosísimo, donde lucen hermosísimas las banderas, y, sobre todo, un buen conjunto de bares de tapas para el café de media mañana que quita el hipo. He ahí el quid de la cuestión.

Anónimo dixo...

Y me parece que también están en su tímpano el yugo y las flechas....

Anónimo dixo...

Los de los bares serán los únicos que sacarán rendimiento económico al tema...los demás a pagarle los caprichitos a la alcaldesa.
Por otro lado es el barrio de Figueroa ¿sigue teniendo negocios en el mundo de la copa del Arenal? Si es así, esa si que sería una razón de peso....

Anónimo dixo...

dicen que no costará nada el traslado y el acondicionamiento porque lo paga la diputación...¿Pagará Louzán con su dinero o se trata también de dinero público?

Anónimo dixo...

En ese edificio debería establecerse lo de la pesca de la comunidad europea. No tiene ni pies ni cabeza instalar la alcaldía allí. Es un derroche que la ciudad no puede permitirse

Anónimo dixo...

Si solo sirve para representación también me parece que lo de la pesca sería lo que debería ubicarse allí

Anónimo dixo...

¿También pagará Louzán el mantenimiento?

Anónimo dixo...

a

Anónimo dixo...

¿Por qué Louzan se acopla a la alcaldía? ¿No le llega el magnífico edificio de la Diputación de Pontevedra?
Lo único que nos falta ya es que se instale la oficina de la FAES....
Todo el PP atrincherado en el Arenal me parece demasiado. Aquello será como una delegación de la calle Génova

Anónimo dixo...

No entiendo como puede hacer ese cambio en contra de todos los partidos y en vísperas de unas elecciones ¿Por qué tanta prisa?

Anónimo dixo...

Pues si ese sitio es para que se reuna todo el pp mejor que no quiten el yugo y las flechas....

heraclio botana dixo...

Seica Corina ampliou considerablemente o xa grande despacho do anterior Rector. Supoño que Abel Caballero estará encantado.

Anónimo dixo...

Luego va llorando por todos los despachos y protestando porque a Vigo no nos dan suficiente ¿Por qué se permite el lujo de malgastar el dinero de la ciudad? ¿No hay necesidades en Vigo?

Anónimo dixo...

Si no se tirara tantísimo dinero en cosas innecesarias la ciudad iría bastante mejor.Hay cosas importantes que no se hacen por falta de fondos.
¡Organisasao señora alcaldesa!

Anónimo dixo...

Penso que é millor que deixe as cousas como están na praza do rei non vaia a ser cos seguintes queran desfacer o entuerto...

Anónimo dixo...

¿Y tendrán que desplazarse todos los concejales allí o se dignará ella a ir a plaza do rei? Se le pueden caer los anillos...aquello no tiene clase ninguna...

Anónimo dixo...

Hacen bien los otros partidos en no querer ir hasta el Areal...Ya que la alcaldesa hace lo que quiere sin contar con los demás, que tenga todo el terreno para el pp....Allí podrá recibir tranquilamente al alcalde de Tui, al de Nigrán, a Karpi, al presidente del Celta....
Los esclusivos no te van a cualquier parte...

Anónimo dixo...

Siguen diciendo que el traslado, adecuación y mantenimiento, no cuestan nada a la ciudad....La Diputación maneja dinero público, de los ciudadanos, y tendría que invertirlo en cosas útiles no en lastonterías que se le ocurren a la alcaldesa y compañía

Anónimo dixo...

Acabo de ver la foto en el FARO de Corina en su despacho: ¿cómo puede ser tan hortera? Es una auténtica ordinariez. ¡Qué horror!

Anónimo dixo...

Moita xente pensa que o importante é o continente...O contenido xa é outro cantar....

Anónimo dixo...

Piensan que lo importante son las apariencias

Anónimo dixo...

Y pensar que ese edificio costó a la ciudad 2,000.000 de euros... No entiendo como se puede destragar tanto dinero para luego utilizar el edificio en algo tan innecesario ¿Qué tiene el edificio de la Plaza do Rei para que no le sirva a la alcaldesa? ¿No hay necesidades más urgentes en la ciudad para uso de ese edificio?
¿Firmará en esos salones tan lujosos, ahora que se acaba el mandato, convenios que dejarán luego atada a la ciudad?

Anónimo dixo...

El despacho ese con tanto cortinón parece el escenario de un teatro...

Anónimo dixo...

Con lo que necesitamos una buena biblioteca en la ciudad...Ese sí que sería un uso racional del edificio y no el de alcaldía.
Los poderes públicos multiplican los gastos que luego tenemos que pagar los ciudadanos ¿Qué necesidad real hay de llevar allí la alcaldía? ¿Puede Vigo con esos derroches?

Anónimo dixo...

Menuda campaña electoral se va a hacer la Corina....allí aislada de todos los demás partidos...¡La reina del mambo!

Anónimo dixo...

Y o Fijeroa o rei do cha cha cha...na praza do rei...Son a pera un e outra ¿Que facen os outros partidos?

Anónimo dixo...

Supongo que esa "descentralización" , como dice la alcaldesa, traerá consigo un aumento de gasto en desplazamientos de trabajadores públicos. ¿Lo harán en Vitrasa, en taxi o en limusina? ¿pagarán eso de su bolsillo o lo tendremos que pagar los vigueses (aunque sea a través de Louzán...)? ¿Se contabiliza la pérdida de tiempo que supondrá ir de acá para allá?

Anónimo dixo...

Pode que encarguen ós traslados a mesma empresa que contratou o da diputación de Lugo...Elexiu o contrato máis caro...Raro, raro, raro

Anónimo dixo...

Parece ser que le quitan la firma a la alcaldesa ¿para qué nos sirve? Tal como están las cosas creo que nos podemos ahorrar un sueldo...