Van no vitrasa. Son prexubilados. Falan de vagar.
- E acordaste que antes mirabanse moitos saltón e mariposas? Agora non se mira nada.
- E aquelas,.. como se chaman?... as miñocas!!! Agora non hai por que caen nun regato e morren.
Estivo vendo na televisión un debate parlamentario. Recostado na barra agarra o chupito e confesa:
- Manolo, a politica....., a politica é unha película entre realidades.
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
8 comentarios:
Van no Vitrasa. Non son prexubilados. Teñen entre quince e quince anos. Falan rápido, voraces.
-Vas o sábado a remache? Van Vane e Jessi. O Rube teno jodido, o pavo.
-E aquelas, ... como se chaman?... as tanguis. Esas non virán. Seguro.
Van no vitrasa. Son dúas amas de casa, entre corenta e corenta e pico que chega ós cincuenta. Falan cansas.
-¿lembras a terneira?
-lembro, sí.
-bueno baixo que é a miña.
-vale.
-nos vemos.
Dous xoves traxeados agárranse ás barras dun Vitrasa ateigado, tentando non mollar ó resto dos pasaxeiros cos seus paraugas pingantes:
- Que che cobren 1 euro por isto é indignante.
- É.
- Pero hai que ser ecoloxistas.
- Seguro que tí e mais eu seguíamos sendo ecoloxistas se a empresa nos pagase o parking...
Súbome ó vitrasa. Falo cun descoñecido -bos días!-. Vexo xente que comparte asentos. Mírase.
Bos días
Isto que é? un promocional de VITRASA?.
Van no Vitrasa e pasa o que pasa.
Otra visión -retrospectiva-:
"Queeee marrón, marrón,
si subes a un vitrasa
pagas y te toman a guasa
y aún encima sudas como un cerdo
La gente ya no se rebota
y asimila lo de ser ganao
vitrasa ten mucho cuidao
pues por menos arde un autobús
Queeee marrón, marrón
si subes a un vitrasa
pagas y te toman a guasa
y aún encima sudas como un cerdo"
Música: Richie Valens, "Come on, Let's go"
Letra: Unión Penosa, grupo evidentemente vigués de principios de los años 90
Pobre Vitrasa, aún encima que está dispuesto a compartir sus calles con Monbús, no le tratan con el cariño que tan digna institución merece.
Publicar un comentario