IX ÉPOCA

3.10.06

Casco Vello (1)

Un novo edificio arde e outro máis se derrumba no Casco Vello. O decaimento social prodúcese xa de xeito expreso. Abandoado á súa sorte dende que no ano 1999 rematara o programa europeo URBAN, a súa rehabilitación componse só de palabras e mentiras.

O único certo é que para o Casco Vello de Vigo non existe ningun Plan de Rexeneración que se poida considerar tal, é dicir, con métodos e obxectivos de integralidade e cos criterios que a Unión Europea quixo exemplificar co seu programa de rexeneración urbana URBAN. Se antes de 1994, ano do comezo do URBAN, o barrio se atopaba no máis absoluto abandono, esta iniciativa, cun orzamento de 13 millóns de euros (dos cales o Concello de Vigo puxo o 30%), supuxo un empuxe importante que non tivo continuidade. Ese soplo europeo, segundo a memoria do programa e o seu Boletín Buguina, permitíu ensaiar o modelo de xestión integrada que promove a UE e rehabilitar boa parte do espacio público do barrio (case 24.000 m2), construir diversos equipamentos hoxe en funcionamento (Casa de Arines, dous Centros comunitarios, o novo Mercado da Pedra, unha Gardería, un Centro de Artesanía, a Casa da Cultura Galega ou o interior da Biblioteca Central), rehabilitar fachadas e realizar accións de fomento económico e do emprego.

Sen posibilidade de acceder a novo financiamento con ese Programa europeo (só 18 cidades europeas das 188 participantes, e ningunha en España, poideron repetir -para novos barrios e de xeito extraordinario- no novo período 2000-2006), o barrio volveu a caer no abandono, sen que o Concello pusexe, ata a creación do Consorcio en 2005, os recursos necesarios nos seus orzamentos para continuar as políticas de rehabilitación integral, nin adoptase programas específicos integrados dende as distintas concellalías encamiñados cara á recuperación socioeconómica e cultural da zona. Todo o contrario, o Programa Operativo Local, verdadeiro sucesor financeiro de URBAN para rexeneración urbana, foi empregado trapalleiramente polo co-goberno de Carlos Príncipe, co apoio do PP de Corina, para facer a inexplicable "Casa das Palabras-Verbum", cun custo de 9.349.728 euros, financiados no seu 70% pola U.E.

A creación no ano 2005 (hai xa máis de un ano) do Consorcio do Casco Vello de Vigo, dotado con 30 millóns de euros aportados pola Consellería de Política Territorial, Consorcio Zona Franca e Concello de Vigo, non só non está a supoñer un freo ao deterioro urbano, económico e social do Casco Vello, senon que semella que ocorre o contrario. Non podía ser doutra maneira pois o Consorcio non ten, nin pode ter, un programa de rehabilitación integral, pois soamente se crea para intervir no mercado da vivenda mediante a compra ou expropiación de vivendas que logo serán vendidas ou colocadas no mercado en réxime de aluguer. Se temos en conta que o propósito expreso do consorcio era a rehabilitación de 400-600 vivendas en 6 anos e que nun ano só foi quen de adquirir (que non rehabilitar) 40, vemos ás claras que a este paso, nin en 20 anos lograrán os seus obxectivos.

Sen liderazgo político, sen un auténtico programa de rehabilitación e sen un instrumento técnico e administrativo específico e adecuado que o leve adiante, o futuro do Casco Vello está -sempre estivo pola inacción municipal- moi claro: espantar aos xa escasos residentes tradicionais que alí quedan, baleirar logo aos residentes ocasionais tan útiles nesta fase (inmigrantes alugados en condicións de precariedade) e convertilo finalmente nun barrio residencial para a clase media-alta que demanda de novo a centralidade, cun xeito de vida de calidade, tranquilo, con historia e cultura. O proceso está nos libros e ten nome: xentrificación. No caso de Vigo, á brava, claro.

Mentres o Concello segue a dar paos de cego (?), a maior parte dos edificios do Casco Vello están xa en mans de avispados promotores que, sen presas, entre incendio e incendio, esperan a que todo estea a punto para maquear o barrio sen os molestos veciños de sempre. Mal lle vexo o negocio das compras aos do Consorcio... xa se adiantaron hai tempo outros.

Pero seguirán contándose mentiras como a de que todo depende da aprobación dun Plan Especial, como se este non fose máis que unha peza do complexo proceso de rehabilitación que ninguén quere ou que ninguén sabe plantear e poñer en marcha ao estilo de ducias de cidades históricas do noso contorno.

Dificilmente a rehabilitación do Casco Vello a vai liderar C.Porro. A estas alturas aínda segue insistindo en que é o seu programa estrella e na mentira de que a situación actual é culpa é dos do BNG que non conseguiron para Vigo o URBAN II (así chegou a afirmar tan pancha nun pleno municipal (ver páxina 80 da Acta de 31.01.2005), que Vigo "debe ser a única cidade de Europa que se perde un programa Uban e non temos o Urban II precisamente por falta de xestión"... e é que non se informa, ou non quere facelo).

Con 30 millóns de euros de orzamento, o Casco Vello váisenos das mans ano tras ano, mentres segue a cantarse a milonga con palabras que quedan inormemente grandes na boca de C. Porro e Ch. Figueroa: rehabilitación, recuperación...

Seguiremos falando do Casco Vello en Vigoblog, sen ir máis lonxe, das 17 vivendas de propiedade pública, construídas para seren ocupadas por xoves en réxime de aluguer, que levan cinco vergonzosos anos baleiras, pola incompetencia de Xunta e Concello... pero será noutro post.

81 comentarios:

mosca cojonera dixo...

yo en mi línea,... los miembros de la corporación municipal a lo suyo,... la Xunta, el ayuntamiento también... especulando. Cobran por currar para nosotros, se supone,y aún así sacando extra...

¿¿Y los otros organismos que pagamos y que se supone que deberían controlar estas cosas donde están??

Anónimo dixo...

Lo del casco vello de Vigo dará mucho que hablar. Ahora están caladiños, aguardando....

Anónimo dixo...

Y por qué no se plantean directamente la demolición del casco antiguo y la creación de uno nuevo, del trinque, a la manera de las fórmulas liberales del siglo XVIII que lograron acabar con murallas, puertas y demás aditamentos medievales?

Pablo Eifonso dixo...

Fran Toareg descoñezo a que "partidas millonarias de los fondos europeos para adecuación general de los inmuebles de toda la zona vieja" deixou escapar Príncipe. Refíreste ás que se cita no post do Programa Operativo Local? a outras? cales? de que Programas?.

O de que os membros da Corporación foron mercando casas no Casco Vello ¿é só unha intuición ou tes datos?

Por certo, a delimitación da área de tanteo e retracto, non é nada novo pois, polo que sei, xa hai bastantes anos que estaba vixente para todo o barrio da Ferrería, penso que con nulos resultados. A min non me parece unha medida desacertada, pero si, como comento no post, serodia e bastante inútil a estas alturas. Evidentemente é legal. Penso que serían moito máis útiles accións tipo "pao e cenoria": procedementos reais para obrigar á propiedade a manter os inmobles en condicións e oferta, á vez, de axudas importantes para a rehabilitación. E se non, multas sucesivas a quen abandone a súa propiedade sexa ou non con propósitos especulativos, ata que non lle sexa rendible a situación de pre-ruina.

Anónimo dixo...

Eso que dice el marqués es lo que le gustaría a algunos del concello. Y pretenderán hacerlo en la medida de sus posibilidades. De ahí el abandono.

Anónimo dixo...

A los del COncello no se les ocurre una cosa así ni jartos de grifa: o ¿tú crees que son ilustrados? ¿No ves que se saca más con los fondos, con las subvenciones, con la matraca de salir todos los días en el telexornal diciendo lo que van a invertir en el casco viejo? SI se tira, se les acaba el chollo.

Pablo Eifonso dixo...

Penso que o "tono" que detectas non existe. Só a curiosidade e certo prurito de co-administrador desta aventura blogueira para que as afirmacións que se volquen aquí teñan a maior credibilidade posible. E tal como isto está conformado (anonimato..) non hai máis garantías para a veracidade de determinado tipo de concrecións como a que ti fas no teu primeiro comentario, que datos aínda máis concretos que poidan ser contrastados(quen e cales edificios, por exemplo). Se non é así -e eu non teño nin idea se membros da corporación mercaron ou non edificios no Casco Vello- o que afirmas trátase para nós lectores, obxectivamente dunha "intuición". Ti me entendes.

Para min as actuacións de Karpin no Casco Vello, forman parte do mesmo proceso que comento no post. Neste caso trátase de actuacións máis explícitas (sabemos -canto menos aparentemente- quen é o promotor e coñecemos -polo menos polos medios de comunicación- en que consisten). Descoñezo se houbo ou non presións en concreto: no meu post falo de "presións" xenéricas e obxectivas pola vía dos feitos, sobre a poboación residente tradicional, envolta nun proceso de degradación non casual que non alcanzan a comprender. Non hai máis que ver, neste sentido, o despiste das asociacións do barrio, sexan de comerciantes ou de veciños, incapaces dunha mínima análise que non sexa a puramente descriptiva. Despiste, hai que dicilo que teñen tamén os membros dos grupos políticos presentes no Concello, aínda que penso tamén que algúns dos seus membros saben perfectamente o que hai.

Penso que as análises que se fagan sobre o tema da área de tanteo e retracto, así como outras cousas vinculadas coa rehabilitación, están moi condicionadas pola constatación de que Vigo, neste tema, optou por activa ou por pasiva, porque o mercado "solucione" o tema, ao contrario doutras cidades que exerceron xa hai máis de unha década as máis tardías -con maior ou menor fortuna- unhas políticas de rexeneración complexas destas zonas de tanta transcendencia urbana e simbólica.

Seguimos, como sempre, sen ningunha acritude, e moi interesado polos teus datos e as túas opinións que enriquecen este foro.

Anónimo dixo...

En uno de los blogs se pedía a los intervinientes un poco de ironía. U-la? Este blog comienza a ser un poco reiterativo y escasamente divertido.

Marcos Andión dixo...

Hay sitio para todo y para todos; unas veces toca ironía, otras sarcasmo, otras algo más adusto y en ocasiones, cualquier otra cosa. Si consiguiéramos todo lo que pretendemos sería la repera: no aspiramos a tanto.
De todas formas, no te preocupes, ya te pondremos en la lista de las capillitas itinerantes del "arte para todos" que preconiza Lorenzo Pardavila por encargo del Gabinete Técnico de este asunto. Paciencia, y barajar. No nos abandones, ni de noche ni de día, que algo iremos sacando entre todos.
Salud.

Anónimo dixo...

Las maneras de Karpin que cuentas me parecen más bien métodos mafiosos ¿Quién hay detrás de todo eso?

Anónimo dixo...

¿Cómo se llamaba aquel de Villagarcía que subvencionaba también a equipos deportivos?
En principio desconfio de esos generosos que luego por detrás hacen lo que hacen.
Interesa tener un buen cartel

Anónimo dixo...

Pues está bien protegido por el Urbanismo de esta ciudad y menudo pelotazo se prepara

Marcos Andión dixo...

Efectivamente, F. Toareg, también pudiera ser que la "madama" del burdel fuera virgen, pero es poco probable, ¿no?
Al "Anónimo" que "no quiere recordar" el nombre del de Vilagarcía: era Sito Miñanco, que se hizo con la presidencia del Juventud de Cambados, aunque no le sirvió de mucho para evitar que lo "entrullaran".
De todas formas, también pudiera ser que las "generosidades" de algunos fueran una forma de involucrarse en el ámbito geográfico donde pretenden hacer sus negocios, aunque no estoy nada seguro de que sea éste el caso...

Anónimo dixo...

Algo cheira a podrido...

Anónimo dixo...

¿Y quienes son esos agentes sociales del Concello que aprovechando esa información privilegiada han invertido en el Casco Vello?
¿No decían que los cargos públicos tendrían a la luz su patrimonio, sueldos, etc...?
El que no corre... vuela!

Anónimo dixo...

¿Y esas compras no aparecen en el registro de la propiedad?

Pablo Eifonso dixo...

E agora vaise a derradeira farmacia: todo está a punto para a rehabilitación. http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?
pNumEjemplar=2774&pIdSeccion=2&pIdNoticia=91734&rand=
1160199357709

Pablo Eifonso dixo...

O QUE OPINA APROIN-MIGUEL FONT

Revista APROIN nº 43 de setembro de 2006:
Desde APROIN hemos mantenido sucesivas veces, la necesidad de diferenciar claramente entre lo que de interesante pueda tener la parte del Casco Vello situada bajo el Paseo de Alfonso XII, de lo que es la parte alta más próxima al Ayuntamiento, que a nuestro juicio carece del más absoluto interés. La dictadura imperante de lo políticamente correcto ha hecho que se trate por igual ambas partes y que con ello y debido a una actitud folclórica de lo más mediocre, Vigo pase a tener un casco histórico de lo más pobre de todo el patrimonio español, sin mayor interés (algo ya mantenido por Antonio Palacios en su momento), pues hay que pensar que el casco vello vigués está a años luz de Pontevedra, Tuy o Rivadavia, y no digamos ya de Santiago, lo que unido a que no tiene el menor interés para la empresa privada, a que está en su gran parte en ruinas, a que cualquier reparación va suponer un Calvario de tramitaciones y a que la política seguida para su recuperación resulta totalmente equivocada pues no ilusiona lo más mínimo para nuevos asentamientos, ni elimina usos indeseados, ni fomenta otros apetecibles, pueden llegar a ser el verdadero final y la ruina de una parte central de la ciudad a la que únicamente le puede dar cierta vida las proyectadas obras en lo que era la Panificadora y el Asilo, obras por otro lado, absolutamente ajenas, afortunadamente, a cualquier política de recuperación de lo que no tiene el menor interés.
De momento, el Casco Vello mantiene sus niveles de inseguridad, droga, prostitución, suciedad, abandono, inaccesibilidad y ruina en aumento, sobre todo en su parte alta. Se dice que la prueba de que las actuaciones de recuperación son las adecuadas, consiste en que los ciudadanos escojan esas zonas como lugares idóneos para que sus hijos se crien en ellas. ¿Hay alguien en Vigo, que pudiendo escoger y queriendo a sus hijos, tenga esa pretensión?. Veremos en que queda todo.
APROIN siempre ha mantenido que resulta absolutamente imprescindible e irrenunciable conservar el patrimonio arquitectónico vigués, sobre todo del ensanche y de principios del siglo pasado, pero no hacer folclore con ello y tratar de conservar aquello cuya conservación no hace más que dar una imagen de esta ciudad de lo más pueblerino y demagógico, generando con ello focos de ruina, marginación e inseguridad en el propio centro de la ciudad, aunque quede muy bonito eso de decir que Vigo tiene un Conjunto Histórico.


Animaliños!

Anónimo dixo...

Sin que sirva de precedente, completamente de acuerdo con APROÍN, pero, dicho esto, que quiten sus sucias manos de lo que quede del casco viejo. Un gigantesco parque verde que ocupe los terrenos que bajan del fuerte de san sebastián hasta Elduayen sería lo fetén.

Pablo Eifonso dixo...

Pois nada, todo o que non sexa "monumento", visto coas curtas miras dos que non teñan visto cidades históricas que están conformadas especialmente polo seu caserío tradicional, hai que arrasalo. No noso Casco Vello, ¿por que circunscribirse para "sanear" só á parte alta de Elduayen?. Desas características arquitectónicas e urbanísticas está Poboadores, rúa Alta, Praza de Pescadores, do Peñasco, Perigos... Formulado como o formula APROIN -e é realmente o que pensan-, do Casco Vello vigués salvaríase unicamente a Praza da Constitución, os arredores da Concatedral e un cachiño da rúa Real.

Pois ese magnífico bello e singular Casco Vello (as árbores do abandono non deixan ver o bosque) é o Vigo burgués, popular e mariñeiro que existía ata hai menos de dous séculos.

Entre tanta deixadez e abandono só hai un aspecto positivo dende o punto de vista da paisaxe e historia urbana e arquitectónica da nosa cidade: paradoxicamente o seu estado de conservación é suficiente como para que unha rehabilitación rigorosa e ben planificada, entramada co ensanche decimonónico o convirta (así, no seu conxunto, con cada casa burguesa, con cada resto barroco, coas pequenas casas populares das súas ruelas, coas edificacións de planta baixa e grandes ménsulas da rúa das Hortas, cos seus pavimentos pétreos e currunchos de sabor popular) nunha referencia única en Galicia.
Contrariamente ao que "pensa" APROIN, o valor da nosa cidade histórica nono da cada monumento considerado individualmente, senon a trama, a cotinuidade e coherencia urbana, producto dun determinado desenvolvemento que identifica (xunta co maltratadísimo Ensanche) ao Vigo histórico. E eu, raro que son, sigo preferindo esta referencia a calquera producto ao uso dos nosos promotores e -salvando as honrosas excepcións- dos nosos arquitectos máis productivos.

Deixemos as caducas teorías hixienistas para os pasados (?) anos do desarrollismo: estamos, aínda que nono pareza, nun século XXI cargado de referencias visitables sobre a valorización e o respecto polo legado patrimonial.

P.S. Cando vaias a Portugal entre bacalhau e bacalhau, bótalle unha ollada ás rúas das vilas que con menor aínda monumentalidade e -no seu día- o mesmo deterioro que o Casco Vello de Vigo, souberon lograr coa súa rehabilitación -"pormenores" incuídos-, que os vigueses sigamos indo e digamos ¡que bonito!.

Anónimo dixo...

¿Y Font dice que la Panificadora carece de todo interés? ¿Y él se siente agente social de la ciudad de Vigo?
Prefiero callarme lo que pienso...

Anónimo dixo...

Yo también pienso que el casco vello tiene muchísimo encanto y que recuperalo debería ser lo primero para la ciudad.
Claro que si a los intereses de los promotores salvajes se une un concello ignorante y desinteresado por lo fundamental de la ciudad , entonces cualquier cosa es posible...

Anónimo dixo...

¿Y no sería mejor un parque verde dónde hoy está el Concello que uniese el Castro con todo el Casco Vello restaurado? Eso sí que sería fantástico.
Eso es lo había antes de colocar ese engendro de edificio y tirar para ello las ruinas del castillo de San Sebastián...
Cada vez que tocan algo lo destrozan... Menudos políticos y agentes sociales ha tenido y tiene nuestra ciudad.... Consideran la ciudad como un gran negocio. Y es una cosa bien distinta...

Anónimo dixo...

Sí, totalmente de acordo. O casco vello merece a súa rehabilitación. O casco vello de Vigo pode ser coma o de Valença, cheo de tendas que venden toalhas e roupas de marcas reconocibles. Ou coma o de Praga, ou coma o de Nova Iorque (porque tamén teñen casco vello en NY). Pode ser o que queira, pero tamén pode non ser rehabilitado. Por qué pensar sempre nestes termos? A mín me gustaría, pero non temos por qué soster algo que ó final non funciona mínimamente. Eu digo que desde que estou vivindo en Vigo (e levo moitos anos) non vexo ningunha mellora no entorno do Casco Vello; mais ben o contrario. E tamén levo escoitado sempre a mesma cantilena sobre a rehabilitación. Entón, teño dereito a pensar que outras solucións máis drásticas poden ser máis útiles. Eu, desde logo, a data de hoxe, non lle vexo arreglo a eso nin de lonxe. Ese Vigo burgués, popular e mariñeiro non existe. E punto. O que existe é un punto de degradación humana que convén arreglar dunha vez. Podemos seguir pensando que así é mellor, que conservamos coma antes os edificios e sobre todo o laberinto de rúas medievais, pero vemos cómo vai caendo paseniño ou van ardendo as casas coa xente dentro.
A rúa Elduayen foi un primeiro intento de abrir o Casco Vello ó xeito liberal. De aí xurdiu a actual praza da porta do Sol e os singulares (monumentais, sen dúbida) edificios que dan a tal praza, a costa de tirar varias mazás do estilo das que aínda vemos pola subida a Placer. Non estou falando de desarrollismo sesentero senon de urbanismo decimonónico, que quizá sexa anacrónico, pero que, polo que vexo neste foro, non é motivo de censura.
Noutro post falouse de xentrificación: salvo na Praza da Constitución, onde viven singles de profesións liberais en estudios de prezos elevadísimos: ónde está a gentry do Casco Vello?

Anónimo dixo...

E despois de todo iso resulta que non vale para a alcaldesa....Cousas veredes

Anónimo dixo...

Pues ahora es el tiempo de recuperarlo. No vamos a pensar que por que otros hicieran dejación de sus obligaciones el barrio está perdido....
Ahora los que han invertido allí, algunos con información privilegiada, pretenderán tirar abajo todo lo que puedan.
Veremos más incendios, al tiempo...

Anónimo dixo...

Me encanta la idea de ese parque que uniese el Castro con toda la zona vieja restaurada...hasta el Berbés

Anónimo dixo...

Tendríamos un Vigo lleno de encanto que haría la vida de los ciudadanos más agradable y la ciudad más atractiva para los turistas.
En cada placita de la zona vieja poner mucho verde y bancos para que la gente se relacione. Necesitamos humanizar la ciudad

Pablo Eifonso dixo...

Non entendo as posicións derrotistas sobre as posibilidades de rexeneración urbana do Casco Vello, a non ser que acepte as mesmas posicións derrotistas para todo o demais e renuncie a calquera planteamento racional sobre a miña cidade. Desde logo que se consideramos o espacio ocupado polo vigo histórico como un gran solar no que se poida construir ex-novo, seguro que teriamos resolto de forma drástica o problema. Da mesma maneira se liberásemos (aínda máis) de protección a zona do Plan especial de edificios a conservar, seguro que teríamos unha inmediata rexeneración do tecido urbano (unha vez que botásemos aos molestos veciños que alí viven agora)... se liberasemos as ladeiras dos montes da protección forestal e as deixasemos como urbanizables, seguro que evitabamos o abandono forestal e os incendios e... así sucesivamente. Se cadra debemos borrar por desesperación tódolos valores de defensa e protección do patrimonio cultural e natural acumulados polas sociedades avanzadas: dende logo quitariamos un molesto problema de enriba.

O urbanismo decimonónico non só supuxo a apertura de Elduayen, senon tamén actuacións importantes no interior da cidade histórica especialmente no contorno da colexiata, tanto no espacio público como na edificación. A ninguén, sen embargo, se lle ocorrería agora outra operación tipo Haussmann no centro de París.

Anónimo dixo...

O que eu quero suliñar que actuacións tímidas ó xeito Haussmann xa as houbo e que polo tanto non se pode dicir alegremente que intervencións drásticas non se poden levar a cabo. E ademáis os resultados, sen que o saiba a xente, poden ser mellores: o que pasa é que coma xa pasou un século xa é patrimonio. As casas racionalistas de Travesía de Vigo xa están en catálogo arquitectónico de Vigo. O casco vello non pode ser inmutable, porque nunca o foi. E o que consideramos patrimonio tamén é mudable. Pero o curioso é que o entorno de Elduayen é o único (ademáis co agravante de que é a rúa que máis tráfico soporta) que aínda mantén vida burguesa, popular tal e como cremos era a do centro de Vigo no século XIX.
As argumentacións de Eifonso soen estar ben pensadas: por eso sorprende esa analoxía coa situación dos montes: non é das mellores.

Anónimo dixo...

Desde luego que es mudable el Patrimonio....Lo estamos padeciendo en Vigo desde hace ya tiempo... ¡Basta ya!

Anónimo dixo...

Efectivamente desde que se instaló por estos lugares el primero con ciertas pretensiones de permanencia. Desde ese momento muda el Patrimonio.

Anónimo dixo...

Mejor virgencita déjame como estoy....

Anónimo dixo...

¿Recordades o asunto do colexio Cluny, cando querían tiralo abaixo e facer alí unhas torres? Pois xa ten un bo uso para a cidade, vai servir para a Escola de Idiomas.
Alégrome moitísimo

Anónimo dixo...

Y esa noticia de la Escuela de Idioma, ¿de dónde viene? Ese edificio no alberga ni a los de ruso. A no ser que quiera venir para ahí, modo Corina, el director y las oficinass. Y mientras tanto en Martínez Garrido siguen los alumnos.
Y, perdona, fran toareg, ¿qué quieres decir?

Anónimo dixo...

Esa noticia é da prensa local. Tamen pode ser un conto,pero eu leinna

Anónimo dixo...

Ironía sí, toda y más. Pero que se entienda. Si no, la ironía no vale para nada. No sé si tendrá o no encanto, pero las viviendas que dan a esa calle están infinitamente mejor que cualquiera del casco, para arriba o para abajo, y ya no digo nada de las de Puerta del Sol, que son extraordinarias. Cuandos las construyeron me imagino el escándalo que supuso: ¡esas torres en medio del casco viejo! Y además esa plaza, tan amplia. Y la ronda de don Bosco, ¡qué horror, dónde iremos a parar! En fin, que el discurso contra la renovación de las ciudades es tan antiguo como las propias ciudades. A la gente (y ya se vio en algún lugar del foro) le va el virgencita que me quede como estoy. En fin. Que vengan los rascacielos y los puentes de Brooklyn a la viguesa.

Anónimo dixo...

Falábase dun túnel baixo a rúa Elduayen que enlazaría co estacionamento da porta do sol, e peatonalizar Elduayen. Que sabedes diso ?

Roi

Anónimo dixo...

Yo también lei en el faro la noticia de la escuela de idiomas.Decían que la otra estaba colapsada y que el edificio de Cluny, ya que tenía que tener un uso educativo, iba a albergar esa ecuela.

Anónimo dixo...

Virgencita que me quede como estoy si el milagro me va a dejar más tarado de lo que estaba....
En esta ciudad más vale poner velas a los santos para que se recupere todo lo bueno que tiene la ciudad, y que se mejore...
Algunos solo piensan en la tajada que le pueden sacar a la ciudad...

Anónimo dixo...

Yo ya sabía que había mucho devoto del cristo de la victoria; no sabía que también confiaban en milagros, velas y en la virgencita. Y luego hablamos de los islamistas.

Anónimo dixo...

Mirando hacia la meca rezo a mahoma por Vigo y por ti. Me molan todos los santos y religiones

Anónimo dixo...

EL edificio de cluny no lo compró Karpin justo cuando se confirmó que no podría tirarse abajo. Es raro ese comportamiento.Me pregunto que hay detrás...

Anónimo dixo...

Perdón quise decir que "Karpin lo compró" y además por un montón de dinero. Sospechoso tema...

Anónimo dixo...

Y tan sospechoso.... Ya va siendo hora que los vigueses sepamos todo lo que oculta....Antes de que pueda meterse de lleno en la tarta...
¿Quién le apoya en el concello?
Quien parte y reparte quiere también un buen trozo del pastel....

Anónimo dixo...

Lo de Cluny es dificil de entender. Tiene que existir una jugada por detrás que desconocemos

Anónimo dixo...

¿Entonces lo de la escuela de Idiomas es un farol?

Anónimo dixo...

No será que querrán hacer una permuta de esas tan de moda ultimamente?

Anónimo dixo...

Debaixo da fariña mírase unha pata bien nejra...

Anónimo dixo...

Non entendo ben o de Cluny. Si é de Karpin o edificio ¿por que no faro dicen que vai ser a escola de idiomas.
Paréceme do máis confuso o tema

Anónimo dixo...

¡e tan confuso!

Anónimo dixo...

En el faro de hoy de nuevo hay noticias sobre el colegio Cluny...El concello querría allí la escuela de idiomas pero claro no tiene dinero para comprárselo a Karpin y pretende que sea la Xunta la que apoquine...
Ya está claro el entuerto....
Karpin tiene algún muy buen amigo y ¿socio? que le va a echar una mano siempre que pueda...
Que no olvide la Xunta que cuando Karpin compró el colegio ya se sabía que no se podría tirar abajo y que su uso sería escolar...
No vaya a ser que entre todos tengamos que ayudar a Karpin a dar un pelotazo
Desde luego a algunos se le ve rapidamente el plumero. Creen que los vigueses somos tontos

Anónimo dixo...

Su uso no es escolar: es dotacional, que es distinto, aunque parecido.

Anónimo dixo...

La escuela de idiomas mejor al edificio del rectorado..

Anónimo dixo...

¿Qué quiere decir que es dotacional?
¿Qué interés puede tener comprar un edificio dotacional?

Anónimo dixo...

A mí me gustaría tener las ideas tan claras como las que asoman en este foro y, sobre todo, decirlas con esa alegría. Y, además, quedarse tan panchos. Debe ser muy tranquilizador. Se acuesta uno más relajado. Pero, ¿de verdad se cree uno todo lo que escribe?

Anónimo dixo...

Digamos en general, en el foro, porque aquí se junta un par de nombres propios, la idea de reformar algo de lo que hay en Vigo y surge la polémica, la disputa, la suspicacia y otras cosas. Si uno tiene claro lo que dice y lo que sostiene, ¿por qué no acude a la comisaría más próxima y lo denuncia? Las cosas que se sueltan aquí son denuncias de delitos y, si lo son y hay pruebas, deben ser llevadas INMEDIATAMENTE al tribunal. SI andamos como en la Inquisición soltando comentarios como si fueran comentarios cuando son denuncias sin denunciante ni tribunal donde exhibirlas estamos cometiendo también un delito: el de difamación.
EN fin, que cada uno pande con lo que dice, pero cuando se pasa al nivel de denuncia, le sugiero que vaya al primer juzgado que encuentre. SI es que presumimos de salud ciudadana; si lo que uno pretende es escandalizar o arruinar la fama de otro, pues, que arrostre con sus infamias.

Anónimo dixo...

Lo que cuentas es terrible. Hay gente con estómago para todo. por conseguir sus intereses no se paran ante nada. Son gentuza y más vale que quede claro para todos antes de nada.
Aunque se pongan harina en las patas sabemos que son lobos....

Anónimo dixo...

Se aprovechan de que la gente tiene ignorancia y miedo ante el poder....
Por eso para algunos no es muy interesante que la gente se ilustre.
¿Para qué las bibliotecas? Mejor que se ignoren los derechos de cada cual.
¡Pobre hombre! Es indignante.Y ¿cuántos más habrán pasado por lo mismo?

Anónimo dixo...

Se aprovechan de que la gente tiene ignorancia y miedo ante el poder....
Por eso para algunos no es muy interesante que la gente se ilustre.
¿Para qué las bibliotecas? Mejor que se ignoren los derechos de cada cual.
¡Pobre hombre! Es indignante.Y ¿cuántos más habrán pasado por lo mismo?

Anónimo dixo...

Si yo no digo que no sean verdad: yo eso no lo discuto. Trato de sostener que, si son ciertas, lo mejor es denunciarlas en el lugar apropiado, no en este foro en forma de comentarios, porque si no estaremos haciendo un flaco favor a los ciudadanos.
Me alegro de que no lo hayan echado, pero que no lo haya denunciado parece, por lo que dices, decisión propia porque considera que de otra forma puede solucionar su problema. No quiere denunciar: está en su derecho, pero entonces nosotros no hagamos lo propio con consideraciones que ni siquiera el interesado quiere alentar por lo que sea.
La explicación que tú mismo das para no denunciar parece muy razonable. Entonces, si no lo haces, estarás dejando pasar una injusticia, tal y como tú lo ves. Comprendo, pues, tu preocupación y tu desasosiego.

Anónimo dixo...

Los ciudadanos debemos denunciar todo lo que nos parece injusto. Callar no nos lleva a ningún lado, solamente da alas a los aprovechados.

Anónimo dixo...

Volviendo al casco viejo: la información de la voz de galicia de hoy:

El 90% de los comercios que se abrieron en el Casco Vello de Vigo acogiéndose a las subvenciones del Plan Urban han acabado cerrando. Este año se han producido tres nuevas clausuras de tiendas a las que se suman otros ceses de negocios más recientes. El goteo de deserciones de la zona antigua de la ciudad continuará la próxima semana con la farmacia de la calle Oliva y una tienda de la calle Triunfo.

Los cierres se deben a muchos factores: algunos comercios tienen que pagar unas rentas muy altas para los ingresos que generan; el despoblamiento de la zona disminuye la clientela y el turismo no resulta suficiente para mantenerse todo el año.

Una de las tiendas que ha cerrado este año ha sido O Adro. Estaba situada frente a la colegiata y vendía productos típicos gallegos de gastronomía. Además, disponía de una barra de bar para degustarlos. Los propietarios quisieron traspasar la tienda a uno de sus proveedores de A Cañiza pero el traspaso se truncó porque el nuevo empresario pretendía ejecutar unas reformas que no le dejaron realizar.

Algunos comerciantes del Casco Vello critican los problemas burocráticos con las licencias a la hora de llevar a cabo reformas. Tardan mucho en obtener permiso si es que finalmente lo logran.

Parálisis urbanística

Henrique Macías, presidente de la Asociación de Vecinos del Casco Vello critica la demora que lleva el Plan Especial de Reforma Interior del Casco Vello. Esta parálisis en la tramitación lleva a un mayor declive del barrio.

Vecinos y empresarios de la zona lamentan el escaso interés por sacar a flote de verdad la zona. Lo último que ha llevado a cabo la Administración ha sido notificar a los vecinos que el Consorcio del Casco Vello hará valer sus derechos de tanteo y retracto sobre los inmuebles.

Anónimo dixo...

Dentro do marabilloso casco vello atópase o mercado da pedra, construido mesmo polas autoridades hai pouco para acoller a venta, entre outras mercancías, de roupas de marca (coñecida e recoñecida, quero dicir).
Non quero dicir (nada máis lonxe da miña intención) que sexan falsas porque de seren así estaría pechado o mercado. Pero, alguén pode explicar qué diaños fai a estas alturas do século XXI un mercado desas características como referencia turística de Vigo. E o entrañable e edificante mercadiño de san vicente, antes da mesma praza da constitución?

Anónimo dixo...

Cuando algunos puedan llevar a cabo sus planes , entonces sí que los permisos irán rapiditos.....

Anónimo dixo...

Antes de arreglar todo el entorno de la alameda, que no estaba tan mal, tendrían que haber arreglado todos esos barrios de Vigo que están abandonados ¿Quién marca las prioridades? La ciudad somos todos los barrios, no solo más ricos

Anónimo dixo...

Ten vostede toda a razón: o mimo coa alameda é inversamente proporcional ó que lle adican a outros barrios. Paso por Teis todos os días e aquelo cada vez da máis pena.

Anónimo dixo...

Este post, que tan amablemente ceden os amigos de vigoblog, podería servir para denunciar o mal estado de zonas concretas da cidade. Seguro que batimos récords mundiales.
Anímense.

Anónimo dixo...

Mi barrio es Bouzas y da pena. A mí me parece que era muy bonito y ahora con tanto relleno le han robado todo el encanto. Además está muy abandonado, me parece que solo importa para hacer negocios, no para los que vivimos allí

Anónimo dixo...

Con las gotitas de agua se ha desplomado la acera de Canceleiro, justo en frente de un edificio de nueva construcción. Sería bueno que la alcaldía aprovechara para adecentar la zona. Además, las velas y flores que recuerdan a la persona que hace un mes fue asesinada al salir de un pub, aportan, tristemente, una nota tétrica al lugar.

Anónimo dixo...

¿por que na estrada da universidade hai unha limitación de velocidade de 50 Km/h se non ten iluminación nin aceras coma unha rúa? ¿Por que hai en ela pasos de cebra que rematan na nada, que levan solo ó terreplén? ¿por que nunha carreteira de 4 vías chea de rotondas, que obrigan xa a ter unha baixa velocidade, hai control por radar?
¿non se tratará dun concello ávido de cartos que en vez de preocuparse da seguridade no tráfico pensa somentes si pode cazar algún despistado a 70?
É incomprensible. Teñen a cabeza naquela parte

Anónimo dixo...

Totalmente dacordo co anterior.
É unha auténtica cacería....poñen as trampas a ver si cae alguén...
¿Quen controla os cartos das multas? ¿Contabiliza no concello ou é un diñeiro negro?

Anónimo dixo...

Es algo inaudito lo que ocurre en esa carretera. Puede ser un buen filón para las arcas del concello...y una manera de pagar más impuestos para los ciudadanos....
¿Qué pasa por ir a 70 por allí? ¿Pone a alguien en peligro? Todo el mundo tiene que ir pisando el freno absurdamente no por seguridad, solo por miedo al retrato...
Este concello realmente tiene ideas peregrinas como alguien decía en el blog. Son unos incompetentes

Anónimo dixo...

Esos pasos de cebra que no llevan a ningún sitio serán para que crucen la carretera las lagartijas, o quizás algún sapillo revoltoso....

Anónimo dixo...

Curiosamente por esa carretera de 4 viales se hacen hasta caravanas...Es imposible adelantar pues ya te pasas de la velocidad exigida y entonces ¡plaf!..el retrato y ...cuartiños para el concello....

Anónimo dixo...

Es cierto, se forman auténticas caravanas de coches frenando... Es algo único del mundo mundial ¿Quién ha decidido semejante tontería?

Anónimo dixo...

La calle Santander, paralela (por decir algo) a Sanjurjo Badía, es uno de los viales más infames de todo Vigo. ¿Cuándo van a hacer algo ahí?

Anónimo dixo...

La cercanía de las elecciones hace que los del concello aceleren el arreglo de calles de varias zonas de la ciudad ¿separarán las aguas pluviales de las fecales esta vez?
Es mejor que hagan menos cosas pero con sentidiño...Que no tapen alcantarillados prehistóricos que hacen aguas por todos los lados...Que piensen en el bien de la ciudad no en los posibles votos solamente. Esa es su responsabilidad

Anónimo dixo...

Hay he ido a la Sobreira y he visto que la limitación de velocidad sigue igual. Parece ser que el concejal de tráfico "filtró al Faro" la noticia de que iban a permitir ir a 70 Km/h por la Estrada á Universidade, pero los carteles de 50 y el anuncio del radar siguen allí...Un poco más de diligencia, por favor...
Supongo que si lo dijo no será por echarse un farol....

Anónimo dixo...

Pues menos faroles y más diligencia...

Anónimo dixo...

tengo un amigo que trabaja por alli y ya le cayeron dos multas por ir a 80. Cada una de 300 euros, por pronto pago quedaron en doscientos y pico...Estaba desesperado pues es una persona muy prudente. Una buena injusticia y un maná para el concello ¿qué hacen con ese dinero? ¿la oposición controla esas entradas?
Tal y como está la vida es un buen cachondeo que aún encima el concello se dedique a joder a los ciudadanos