Curioso, moi curioso o emprego do “carácter técnico” das decisións que tanto Concello como Consellería veñen subliñando nas últimas intervencións respecto da ubicación da depuradora. En primeiro lugar, teremos que recordar que toda decisión técnica faise dentro dun marco político e condicionado por unha ou outra opción. Non pode ser doutro modo porque senón teriamos uns “políticos” que só serverían para inaugurar e botar discursiños. Lembren os mais vellos que ise discurso dos técnicos era moi querido polos membros do Opus que tomaron o Goberno franquista no enésimo crepúsculo das ideoloxías. Pero é que ademaís, CIISA, a empresa que elabora o informe - ¿solución? – do emprazamento recibe directrices da propia alcaldesa como candorosamente recoñecen no seu propio Xornal. Non é certo por tanto que se limite a un encargo a unha “buena ingeniería”. E non podía ser de outra forma, ou acaso decidiu CIISA o ambito da actuación? Loxicamente, a decisión trascendental de resituar o problema a nivel metropolitano, non é unha decisión técnica puramente.
Hai que dicir que, non é malo o enfoque. A verdade é que este problemas deben ter decisións articuladas a diferentes niveis mesmo ata chegar ó planetario, como no caso do Protocolo de Quioto. Agora ben, o presumible espiritu metropolitano de C. Porro e o seu equipo, aparece despois de lle ser negada a ubicación no porto e a a posibilidade de que fora a Xunta que decidise dentro da cidade. E, por se quedaba algunha dúbida, o seu proceso de elaboración, sen consultas co concello máis afectado, demostra que os obxectivos publicitados non son os obxectivos reais.
O estudio que, unha vez máis, coñecemos con máis detalle, a través do depositario de exclusivas Faro de Vigo, ten a etiqueta de previo e non se pode xulgar á lixeira. Sen embargo, parte dun principio moi discutible, que é o caracter centralizado da instalación. Co pretexto de “salvar a ría” – e digo pretexto porque ata o de agora, con competencia e medios, C. Porro fixo ben pouco por salvala- preséntase coma vantaxe a emisión en mar aberto e de aí a súa ubicación en Silleiro. Precisemos, por tanto: na boca da ría. Temos que supoñer que CIISA terá feito un estudo de correntes que aseguren a dispersión cara a fora, porque o que si parece ter claro C. Porro é que o que saia da depuradora vai ser contaminante! Curiosa asociación inducida pola experiencia da EDAR do Lagares: depuradora = mal funcionamento. A estas alturas C. Porro e Chema F. deberían saber que hai depuradoras que funcionan ben.
A centralización de calquer servicio faino moi vulnerable e os impactos das averías multiplicanse. Lembren o debate existente sobre o tratamento do lixo na planta de Cerdeda. Sería interesante saber, tamén, se economicamente a construcción do megatunel ademáis de ser un bo bocado para as empresas, é mais barato que a separación de pluviais e fecais e o control de verquidos industrias, que podería redimensionar as necesidade de depuración.
A verdade é que este asunto cheira a manobra política sen depurar, iso que chaman regate curto, é dicir, a irresponsabilidade ante ós cidadáns. Porque, do que se trata é de fuxir da toma de decisións impopulares e de deseducar os cidadáns que desta maneira poden pensar que a súa merda é problema de outros. Hai que lamentar que neste camiño, a Federación vecinal, máis atenta ós seus propios intereses corporativos, apoie a solución sen máis debate. Tampouco Touriño , nen o Conselleiro de medio ambiente poden escudarse en contestación técnicas. Alguén ten que facer POLITICA e resolver os problemas dos cidadáns.
25N.- Galicia sae á rúa para pedir a fin da "barbarie" machista e as
políticas que a ampara
-
Miles de persoas esixen en Galicia o fin da violencia machista e "que a
vergoña cambie de bando". Reclaman máis recursos e pór freo ao negacionismo
que pon...
27 comentarios:
Fantásticas tus reflexiones amigo Lorenzo.
Y conviene recordar a todos aquellos del 'a mí sí me gusta' y otras lindezas por el estilo, que "toda política que se base en la referencia a cierta particularidad sustancial (étnica, religiosa, sexual, de estilo de vida...) es, por definición, reaccionaria".
Esta última ocurrencia de Corina Porro pone bien de manifiesto su grado de incompetencia. Pasará a la historia como la 'ALCADESA DA MERDA FLORIDA'.
Por tonta del culo y por actuar como si los tontos del culo fuéramos nosotros, he decidido, por "una nimidad" castigar a esa C. Porro a permanecer una semana junto a la desembocadura del Lagares, en la super agredida playa de Samil, en íntimo contacto con el pestazo que emana de las augas del río, al que ni las gaviotas se atreven a acercarse. En este destierro será acompañada por el coñazo de los altavoces de Karina Falagan, empeñada en que nos enteremos de que le gusta Mónica Naranjo y las rancheras, además de en mantener acotada una zona de la playa con los restos de "sus" castillos en la arena, mientras apuestos/as policías/os municipales a lomos de sus "mountain bikes" gozan del paseo cotidiano. ¿No habíamos quedado en que la playa era de todos/as?
PD: Como sugerencia, más política que técnica, propondría emplazar la depuradora en la costa de Vilaboa, con cuyo ayuntamiento supongo que C. Porro tendrá buenas relaciones de vecindad. ¿Eh?
La federación vecinal no se sabe que es lo que defiende.... No es muy clara
A Xosé Manuel:
No te enteras; se trata de que Corina Porro hace una propuesta política sin contar con con los ayuntamientos afectados; se autonombra representante de una entidad ¡"supramunicipal"!.
Las decisiones políticas deben ser democráticas y ésta que eructa Corina Porro no lo es.
La categoría de CILSA tú sabrás. Posiblemente su ingenio y buen hacer consigan llevar toda la mierda al punto que señala Cori sin que se pierda un grumo, pero la 'idea' de llevarla allí tal vez sea un disparate.
A los ingenieros también les vendría bien leer algún tratado de política y pensamiento social.
¡No te enteras!
De tódolos xeitos, Xosé Manuel, podería discutirse ata que punto as consultoras poden amparar as decisións políticas. É dicir, se as coordenadas impostas polos clientes prefiguran unha solución, non deberían facer público o contrato e, desmentir, xa que logo, que se trata dunha solución técnica?. Un lector pode sacar a conclusión seguinte: uns enxeñeiros, analizando o problema da depuración de augas na ría de Vigo ofrecen a súa mellor solución. Pensas que CIISA firmaría iso? e non o fai de feito o deixar que a súa clienta o presente como tal?
Creo que existe unha responsabilidade social no traballo dos técnicos que os debería diferenciar dos mercenarios.
José Manuel ¿cómo se puede —y de hecho ocurre— ser ingeniero sin ingenio? Igual que el vino sin alcohol: lo hay pero no es vino.
Quero deixar claro que eu non teño nada, absolutamente nada que ver nin con CIISA, nin co concello de Vigo, non teño nada que ver co proxecto, é máis, nin sequera estou Galiza. Simplemente pretendo correxir certas crencias, defender o bo nome dunha prefesión e facer un pouco de pedagoxía por se lles serve de algo.
Explícolles educadamente, sen insultos e a quen desexe ler, que CIISA, efectivamente, é unha das moitas boas consultoras de enxeñería de Galiza, e que ten bos profesionais. No entanto, non compete aos enxeñeiros consultores tomar as decisións finais, senón á administración e aos políticos. Os enxeñeiros podemos propor solucións mellores ou peores, pero non podemos facer política e tratamos de aconsellar e ser o máis técnicos que podemos nos nosos informes.
Unha vez que a administración toma a súa decisión, as consultoras externas crean os informes e anteproxectos correspondentes mostrando que o proxecto se pode construir.
Non somos ningúns mercenarios, moitos de nós traballamos duro por un salario humilde, temos familia, moza ou débedas e temos que traballar coma todos para chegar a fin de mes. Simplemente cumplimos as nosas obrigas profesionais o mellor que podemos.
Isto é como cando vostedes lle fan un encargo ao carpinteiro. O carpinteiro poderá aconsellalos pero fará finalmente o que vostedes lle manden, os cartos son seus a fin de contas.
Síntoo se non lles agradou a miña opinión, xamais quixen ofendelos, só orientalos. Un saúdo.
Xosé Manuel:
Puede que te hayamos leído algo mal, puede; puede también que tú no esuvieses muy atinado en tu comentario, bastante probable.
Corima tuvo una 'idea' y una consultoría, según la alcaldesa Corina, la estudia y diseña su solución. Esta idea puede ser un disparate o una gran solución. Después de recibida la solución técnica, Corina la muestra y la defiende diciendo que el carácter de 'técnica' (lo que se entiende por una solución meditada, estudiada...) la hace valiosa y deseable. Pero no es el caso. Corina tiene que señalar un territorio en SU ayuntamiento para que la Xunta cionstruya la depuradora que se necesita urgentemente. Como hay elecciones pronto maquina sacarse el muerto de encima, se le ocurre lo de Faro Silleiro y es entonces que sin consultar a ningún ayuntamiento afectado por su idea, decide gastar nuestros dineros en un estudio para el que ella da las pautas. Es decir, la consultora sólo estudia lo que la mente de Corina proyecta. Y Corina sólo es enfermera y alcaldesa.
En fin, léete otra vez el texto de Lorenzo Pardavila y seguro que entenderás.
Salud.
O problema, Xose Manuel, está na manipulación do argumento de autoridade que se pode facer por parte dos clientes. Está claro que C. Porro non dí que a idea foi súa se non que é unha solución "técnica" tratando de evitar o debate.
É un vello problema: a responsabilidade social dos técnicos ou no caso dos exercitos, a obediencia debida. Imaxina que a Chema Figueroa ou a Fndz. Alvariño dalle por encargar un estudio sobre unha ponte flotante a Cangas. Os enxeñeiros deseñan o artificio cun novidoso sistema de estabilización dinámica e non sei cantas innovacións. Ti dirías que ise é o seu traballo pero afirmaría un profesional serio que esa é a mellor solución? Pois ben, iso é o que sucede neste caso a pesar de que eu dubido moito que CIISA aposte pola macrodepuradora como a SOLUCION para a ria de Vigo.
La federación vecinal y Corina se hacen mutuamente el caldo gordo. A cambio de favores se ponen siempre de su lado. Creo que no son muy democráticos en sus actuaciones ¿en nombre de quién hablan?
Ciudades como Bilbao, San Sebastián, Santander ¿separan las aguas fecales de las de la lluvia? Ellos también tienen lluvias copiosas a veces ¿cómo resuelven el problema de la depuración? No imagino que envien los restos sin más al mar, seguro que van depurados. Y tienen más población que nosotros
¿por qué siempre me parece que nuestro concello improvisa en las cosas fundamentales?
Increible que Baiona no tenga depuradora y lance sus porquerías al mar mediante un emisario......¡¡¡En el siglo XXI!!!
A ver si vos enterades e mirades maís aló, que as ramas das árbores non vos deixan:
Vigo ten unha alcaldesa moi intelixente. Astuta. Corina Porro fixo unha xogada maxistral anunciando o seu proxecto de emprazar a depuradora en Baiona.
O BNG-PSOE quería arrinconar a Corina de cara as próximas eleccións municipais presionándoa a decidir un emprazamento para a depuradora nalgunha parte de Vigo, nalgún barrio: Bouzas, Teis, Coruxo... que se levantaría en contra e xeneraría rechazo ao proxecto. Ter a todo un potente barrio en contra coma Bouzas, Teis, etc. sería o inicio da "tumba municipal" de Corina Porro como alcaldesa, estilo incineradora de Navia con Manuel Soto ou o caso da empacadora de Teis.
Ante esa presión a Corina para que cometera o erro de decidir unha ubicación da depuradora que lle pasara factura electoral nas próximas municipais do 2007, ela con moito tino, decide desviar a "pelota" e manda a ubicación do proxecto da depuradora á Baiona, onde por moito rechazo e polémica que xenere nos veciños de alí, non terá custo en votos nin lle pasará factura electoral nas vindeiras eleccións municipais.
Ademáis, aparte de quitarse un problema de enrriba, lle fai un "regalo" a Almuiña co que él poderá medrar a sua imaxe ante a cidadanía de Baiona e unir a tódolos veciños ante este problema sacando rédito electoral.
E por si fora pouco, de paso, crealle un problema ao goberno da Xunta do PSOE-BNG, pois o proxecto da depuradora municipal de Baiona é tamén en Cabo Silleiro, ubicación escollida por Medio Ambiente, que os veciños de Baredo non reparan nela ata agora e na que se opoñen frontalmente.
Bravo Corina Porro! E nós que pensaramos que eras un "rubia tonta" cando te mercaramos...
¿Por qué el ayuntamiento de Vigo publica el domingo pasado un anuncio de página entera a color en el Faro de Vigo diciendo lo buena que es la idea de Corina Porro de poner una macrodepuradora en Faro Silleiro?
El precio de una página a color impar en día festivo, según tarifa del Faro de Vigo, es de 7.000 euros. Demasiado dinero para propaganda personal de la sra. Corina Porro.
¿Y tenemos que pagar todos esa propaganda partidista? hay mucha indecencia en la política, gastan el dinero en tonterías
No creo que esa idea sea de Corina
Es como si la ciudad de Pontevedra decidiese hacer su depuración en Vigo, sin contar con nosotros. No tiene mucho sentido.
Corina pasó la bola ...pero lo que a nosotros nos interesa es que le problema se solucione ya, no el politiqueo
La opinión de Xan Perillán está bien traída. No tan bien eso de que tenga que ser así, y que los que no lo ven como él anden cegatos y despistados con los árboles. A lo mejor te pasas de listo, un pelín, querido Perillán: la inteligencia es otra cosa. Pero, en fin, la opinión es oportuna.
A mí no me extrañaría nada que, efectivamente, la C. Porro, pretendiese desviar el chaparrón electoral que sospecha que se le vendría encima por lo de la depuradora. Claro que se me hace cuesta arriba pensar que ella es capaz de pensar en eso. Pero, en fin, para eso están los "fontaneros".
En cualquier caso, la idea de una depuradora para toda la margen sur de la ría no me parece descabellada. Técnicos tiene la Administración para valorar la oportunidad (ambiental, económica y social) del asunto, que a mí se me escapa.
Otro caso es que la "idea" sea electoralmente rentable. Si es como dice Xan Perillán, algo más arriba, ello confirmaría la hipótesis de que nuestros nunca bien ponderados responsables municipales son lo suficientemente tontos como para pensar que los tontos somos nosotros, y siguen haciendo política de manual para no iniciados.
Habrá que ver si lo somos cuando nos llamen a votar.
Hai tempo que en Vigoblog vimos dicindo que o exercicio da política do C. Porro&Cia en Vigo é exclusivamente de marketing: (http://vigoblog.blogspot.com/2006/04/
c-porro-ya-tiene-empresa.html) todo está orientado de cara a permanecer no cargo e desviar -e isto é moi importante- a atención sobre as grandes operacións en marcha que conlevan millóns de euros de movemento. Ou sexa, concesións de parkimgs, da ORA, do servizo de grúa (unha e mil veces maqueado para adicante e para atrás, para lograr o obxectivo dunha adxudicación "conveniente"), do mobiliario urbano e, claro, grandes operacións especulativas do PXOM.
Benquerido Xan Perillán, C. Porro non é lista: xoga nun campo doado, o do oportunismo. A cousa é facil: partamos de que nos dá igoal o de cómo e de que maneira se depuren as augas residuais. En lugar de buscar unha alternativa tecnicamente adecuada, busquemos unha alternativa "politicamente" adecuada: ata a ti (que "admiras" a listura de C. Porro) se che ocorrería o de Cabo Silleiro. Dá igoal que sexa un derroche inaceptable pechar varias depuradoras que funcionan e que foron financiadas (moi caras, por certo) por fondos de cohesión europeos; que dá igoal que posiblemente nesto da depuración sexa moito máis eficiente un tratamento en unidades menores cunha reducción significativa do volume a tratar mediante a separativa de pluviais e fecais; dá igoal que haxa que montar un novo colector principal (de 40 kilómetros) que se veña a sumar aos de marxe de ría e do Lagares, executados tamén con fondos europeos; dá igoal que o impacto sexa brutal nunha zona de especial valor paisaxístico.... Se todo isto se tivera en conta, o problema a resolver sería para xente intelixente... pero como se trata dun mero engano todo é máis doado: unha consultora que estea a man (CIISA estáo) e unha morea de caradura.
Dito isto, direiche que estou de acordo que a xogada de trilera está ben pensada dentro dos cánones da indecencia política que por todas partes é a norma (os da Xunta tampouco se salvan, claro): a propposta de Cabo Silleiro non hai dúbida que está falada e requetefalada no partido e coa alcaldes da zona, máxime cando todos saben que é un farol. O de Baiona, efectivamente, queda ben diante dos seus coa pancarta na cabeza, o de Nigrán (dios mío, o de Nigrán!) vai de enterado e templa gaitas. C. Porro quere quedar de gran defensora da cidade porribadopartidosefaifalta, pobre sacrificada polos nosos intereses...
E nós, de parvos, vamos e dicimos que a xogada é "intelixente".
A "alternativa" cabosilleirana de C. Porro non é unha celada de xadrez, colega xan perillán, é unha cara trapallada de trilera.
Pues hoy jueves en Radio Vigo anunciaron como la solución de la depuradora de Baiona...¿Quién paga esos anuncios del Concello? ¿No hay cosas importantes por hacer en la ciudad que nos gastamos el dinero en hacerle la propaganda a la Corina? Tiene más cara que espalda. Si quiere promoción que se la pague y por favor con algo posible no vendiendo fantasias imposibles.
Los vigueses no tenemos que pagar su promoción personal. Ella tiene que seguir las normas, igual que el resto
Corina se queres anunsiarte e promosionarte, pájalo da tua faldriqueira
No creo que la pelota esté en la Xunta, la pelota está en el incompetente Concello de Vigo incapaz de resolver el mayor problema que tiene la ciudad. Pienso que para resolver estos problemas es para lo que cobran
Publicar un comentario