Pois mira que a colleron co fondeo no Parque das Illas Atlánticas! Amezaron coa perda de postos de traballo, pediron negociar e agora como non lle dan o chupete, patalexan e din que se van concentrar. Esta Federación de navegadores de recreo e pescadores deportivos non ten vergonza. Aínda non se enteiraron que a figura do Parque Nacional é a de máxima protección é, por tanto, se supón que se aplica a cousas moi valiosas. Para eles o valioso debe ser só o seu barquiño e os seus 32 000 asociados ( habería que velos) pesan máis que os mil veces 32 000 que virán ano tras ano e xeneración tras xeneración a disfrutar e aprender no Parque. Os seus argumentos son poderosos: "ou pescamos todos ou non pesca ninguén". Recomendolles que visiten algún outro Parque Nacional e vexan como se respetan algúns aproveitamentos tradicionais e se prohiben usos abusivos. En Doñana, por exemplo, poden recoller a coquina nas praias pero os coches non entran no Parque.
As súas solucións de compromiso tamén denotan a súa altura de miras: "deberían proceder a balizar las playas y a partir de ese momento retirar la exigencia de esta documentación". É dicir , que organicen o parking e que nos deixen en paz. E pareceralles razoable. Pois non, os simples usuarios de praias xa estamos fartos de ter diante un espectacúlo tipo Porto Banús machacándonos o horizonte e mesmo poñendo en perigo a nosa integridade con pasadas moi vistosas a poucos metros da beira do mar. Eu non teño porque bañarme nun recuncho balizado para que vostede chegue a praia sen dar un paso. Esixo non 200 senón 1000 m de alonxamento en tódalas praias, e nas Cies, nen con permiso.
Lamentable, por fin, a súa petición de rebaixa das sancións " 6000 euros nos parece exagerado" din, "que se consideren como faltas leves y que se sancionen con una multa simbólica de 60 euros". O fin e o cabo, non din, 60 euros pola viaxe é un custo asumible. Igualiño que coas obras ilegais, pago de multa e via!!
Despois de tantas idas e voltas o Parque debe ter unha protección axeitada e hai que crear unha nova cultura de acceso público e solidario a este tipo de espacios. Imaxinen un centro de interpretación ben situado ( na ETEA , por exemplo) donde o visitante poida aprender en paneis, videos e proxeccións o proceso de formación das rías, as dinámicas da auga que producen tanta riqueza. Imaxinen un sitio donde se rememore o Pollycomander ou a loita contra o Prestige e donde os visitantes saian un pouco máis sensibles. Imaxinen, porque non? , unha tenda donde se merquen camisetas con motivos alusivos e recordos para os abós.Imaxinen que xusto ó lado o visitante poida coller un barco colectivo cheo de xente diversa que se sinte igual polo solo feito de ter sacado un billete. Imaxinen que chegan ás illas e efectivamente son illas e non puntos de amarre. Imaxinen, imaxinen... Pero de momento só imaxinasons.
7 comentarios:
O que ten que solicitar, claramente, este singular colectivo de afectados, é que se rebaixe o nivel de protección que conleva a figura de Parque Nacional, que volva ser Parque Natural (ou Merendero General, nunha degradación máis patente, tipo Aloia). O que ningunha mente sensata pode pretender é que a nova figura de protección non supoña cambio ningún na xestión do seu contorno. E máis nun aspecto tan básico nun espazo natural marítimo-terrestre como é o estado e uso da franxa litoral. E máis tendo en conta o nivel de conciencia ambiental e simple limpeza hixiénica dunha boa parte dos nosos "navegantes" (esta ridícula polémica é unha proba evidente desto, tipo os veciños de Touriñan pedindo traballo para escarallar o contorno).
País
Y ya que la foto es de Cabo Home...¡Por favor, que no destruyan aquella maravilla! Que el Concello de Cangas se informe bien y que se meta en la cabeza que su mejor tesoro está es sus paisajes, que los respete y conseguirá tener un turismo bueno que le dejará mejores rendimientos... además de poder disfrutar los cangueses de lo suyo....
Y que saquen de una vez esa caracola de la Costa de la Vela. Aquel lugar no necesita de artificios. Su mayor encanto es la naturaleza tal cual es
De acuerdo totalmente
Esa caracola está fuera de sitio, no pega ni con cola
Las Cies necesitan protección. Deberían cerrar el camping y limitar el número de visitas al día. ¿Se depuran los restos? pues eso
No es Cabo Home que son las Cíes pero estoy totalmente de acuerdo con todo lo demás que dices.
Publicar un comentario