Aos plataneiros da Doblada, aos álamos de Coia, in memoriam
Adicado ás bestas que están a deixar Vigo sen árbores. Aos/ás miserables que din que lles molestan as ponlas nas fiestras e que serven de coartada para as concelleiras inútiles.
Aos corruptos/as que fan negocio contratando xardineiras e arboriñas que substitúan ás grandes árbores da cidade. Aos reconvertidos da aldea que non soportan unha cidade verde e que non se dan sacudido a bosta dos zapatos.
Ás/aos ignorantes que nunha árbore urbana só ven unha maceta no porche da súa casa de novo/a rico/a, sen saber que as grandes árbores son indispensables para a calidade do espazo urbano e da nosa saúde.
Ao pequeno e cativo alcalde desta cidade, principal responsable das talas sistemáticas e masivas, do terrorismo arbóreo instalado nesta cidade nos últimos anos, posiblemente incapaz de soportar psicoloxicamente un ser vivo máis alto cá el, e autor intelectual da "solución final" para plátanos, arces, acacias, ficus, álamos, chopos, laranxeiras, camelias e demais especies arbóreas con máis de 10 anos de vida, liquidadas sen piedade nas nosas rúas.
A C.Porro que inaugurou a moda da arboriña decorativa no centro de Vigo, á raíña das palmeiriñas do porto, á esquizofrénica das flores, guía espiritual do almirante Caballero no decorativismo urbano. Depositarios todos do gran timonel da peora urbana: añorado Agustín Arca, rei dos volcáns.
Aos/ás que non saben que as grandes cidades sono tamén polo orgullosas que se senten do arborado das súas rúas: Madrid, Oporto, Berlín, París, onde as vellas árbores son patrimonio urbano mimado e defendido polas administracións municipais e veciñanza.
Aos caladiños veciños das rúas afectadas e ao resto dos acomplexados urbanitas que contempla sen inmutarse o exterminio planificado da vida verde na nosa cidade, ofrecémoslle o contraexemplo: os valentes, orgullosos e activos veciños da rúa máis bonita do mundo.
Deus protexa ás poucas alineacións de árbores de porte e frondosas que nos quedan en Vigo: están no punto de mira dos asasinos. E todos somos cómplices.
Edición 30.01.11
Hai vida cidadá en Martínez Garrido!
FOTOS: Lucas Pedruzzi
FOTO TALA: La Voz de Galicia
5 comentarios:
Certamente a 'solución final' é compartida polos dous co-príncipes da cidade. Mentres Abel fulmina as árbores de Coia e Martínez Garrido... Santi planifica con esmero a tala sistemática dos grandes árbores do Castro...
Seica a recuperación do lenzo da muralla do século XVII é prioritaria á sombra e aos cantos dos paxaros!
En breve caerán tamén as árbores de Castrelos para dar paso aos chiringuitos destes Feirantes!
Ogallá os parta un raio!
por onde esta a concellal de medio ambiente, que non nos explica a razon da tala inxustificada???
Hoxe saíu a Abelairas explicando as cousas con moita profundidade.
Seica as raices das árbores están xusto enredadas ás tuberías de abastecemento de augas... e por iso teñen que TALAR as árbores!
Semella que as árbores teñen sede... e por esa regra de tres mellor fora non volver plantar outras árbores... pois seguirán medrando e buscando auga fresca!
A Concelleira Dixit !!!
Hai que ser imbécil e tomarnos por imbeciles a tódolos demais. ¿Coa humanización non cambian as instalacións de abastecemento?
Estúpidas escusas de mal pagador. A única realidade é que teñen decidido eliminar tódalas grandes árbores das rúas de Vigo para substituílas por árbolitos, macetas e demais zarandajas que venden máis e parece que se fan máis cousas. Non queren que, rematada a obra, a imaxe xeral da zona sexa parecida: todo novo, ¡mira cantas cousas fai o alcalde!
A foto da tala produce unha inorme tristura e rábea.
Esta desfeita tenemos que pararla o seremos al final los responsables.
No podemos asistír quietos a que los dos grandes grupos PSOE+BNG o PP, copen el poder en Vigo a su antojo y disparate del último año.El Parque programado en castrelos contra todo sentido común,el despilfarro en promoción y actuación turística o las pavimentaciones del Puerto, pues el PP no tiene otra cosa de momento, nos llenan de verguenza e indignación. No podemos ser tan tontos los vigueses y debemos saltar y optar por un cambio real, cuando menos de dignidad.
Es necesario crear una cuarta fuerza que tenga el equilibrio razonado e independiente de estos grupos y les obligue a actuar con sentido común. nada de voto en blanco que en el fondo les favorece sino apoyo a otros.
nosovigo@gmail.com y ayudadnos.
Como decía L.Pardavila 6000 votos nos separan del cambio real.
Saludos.
Ataturk
Publicar un comentario