Hai un ano xa avisabamos que isto non "encaixaba". O 22 de xaneiro do ano pasado escribíamos:
Neste asunto das caixas pasa como nos equipos de futbol. De ser institucións pegadas a un territorio cunha relación cercana coa xente pasan ser empresas con accionistas e sistemas de xestión privado
O control político que introduce a nova lei de Feijoo e Guillerme, lonxe de prefigurar a banca nacional coa que soña o segundo, prepara o camiño para colocar xestores afíns que poidan enfocar o inevitable proceso de privatización de acordo cos intereses do Partido Popular. Vaise repetir a historia da Caixa Postal, institución de servizo público, que despois foi Argentaria (con directivos amigos) e acabou no BBVA.
Pois ben una ano despois o proceso de privatización chega a súa recta final. Agora só queda a venda a prezo de saldo dos bancos-caixa. Isto sin dubida vai traer cambios nas cúpulas dirixentes e, agora si, os Gayosos, Pegos e compañía serán relevados das súas funcións por imposición dos "mercados". Pero aínda nos queda un longo periodo donde teremos que aturalos xunto cos Moreda, Paz Andrades e Breas (si Brea forever) mangoneando e cobrando das fundacións.
Nos seguimos na mesma:
Apoiamos
- a destitución dos responsables da desastrosa xestión das caixas empezando por Gayoso e Mendez e seguindo polos seus equipos.
- o mantemento dos postos de traballo sen xubilacións anticipadas
- o cambio da obra social por impostos sobre a actividade financieira que fagan chegar os fondos hoxe xestionados por institucións non democráticas (as caixas) a gobernos e concellos.
- a transparencia, sempre a transparencia
Critican á Xunta por non multar aos Franco por inpedir entrar na Casa
Cornide
-
Comisión da Memoria Histórica denuncia "pasividade" ante os Franco.
2 comentarios:
A defensa beenegá das caixas é a do can cego e furioso fiel a un amo que aínda por riba lle pega. Da merda autocrática que teñen sido as caixas dende xa fai muito tempo non se di nada, e desesperanza bastante para pedir agora unha nacionalización e a conversión nunha entidade pública, social, ética e que revirta posibles beneficios na propia sociedade. Visceralmente peta máis mirar o afundimento, o despece da vella máquina, podre e enferruxada xa, sen adaptación posible, a mans dos seus propios conxéneres, en rito de canibalismo mercantilista. Pode quedar moito ar aberto, novas feras que tardarán algo de tempo en coñecer este cacho de selva, por qué non un tempo apto para virus, bacterias, formigas e outros seres pequenos aos que a vida danos unha oportunidade.
NOCAGA, CAIXANOVA,era antes Caja de Ahorros MUNICIPAL de Vigo. Hasta existía el Teatro García Barbón, ahora Caixa...o lo que será.
Todo esto se veía venír y la galeguidade o la fusión solo han dejado en evidencia dos cosas: la primera que la situación de Caixagalicia era insostenible y la prueba está en la defenestración de J.L.Méndez, claro que antes colocó a toda su parentela, lo mismo de J.Gayoso; la segunda que el dinero es el que manda y que los Consejos domesticados aceptan todo con tal de sobrevivir a sus retribuciones, que por cierto deben conocerse de una vez como entidades públicas que son.
Y una puntualización al bizcocho de la galeguidade que no deja de ser un simple señuelo para incredulos o ignorantes, sino acordaros de Fenosa y todos aquellos que dejaron, en principio sus sedes aquí. Volaron.
Darnos pero con vaselina para que sea más llevadero. De chorar amigos y sabemos quienes nos engañan. Sufridos os galegos.
Saludos.
Ataturk
Publicar un comentario