É difícil atopar palabras para calificar a actuación da Sra. Porro: infantilismo? incapacidade? irresponsabilidade? E por suposto non se trata só dunha persoa senón tamen do partido e da Xunta que a mantén á fronte dunha institución importante cun presuposto notable que está empeñada en malgastar.
Xa sabemos que o seu obxectivo principal é tomar a alcaldía para rematar o proceso de ocupación que o PP ten deseñado e, por tanto, a súa actividad e os recursos do porto se dirixen exclusivamente á promoción da súa candidatura. Sen embargo o único que ven demostrando é a ausencia total dunha visión coherente do que deben facer as institucións da cidade.
Hai uns meses atopou un xoguete en forma de fonte cibernética e logo na nave de redeiros se lle ocorriu facer sete restaurantes . A idea non lle gustou ós hosteleiros da zona e botouse atrás. Despois de ter apoyado un Múseo da batalla de Rande e cando tódolos múseos da cidade esmorecen por falta de contidos e de apoio , unha nova ocorrencia serve para encher periódicos: un múseo do Porto . Pero que sentido de cidade ten esta señora? Non sería lóxico que fose o Múseo de Mar quen se fixera carga dos fondos históricos ou que fose a Autoridade Portuaría quen coproducira unha exposición no múiseo?
Pois non, ela ten que facer o seu múseo para non ser menos que Príncipe ca súa Casa das Palabras ou Dominguez co seu montaxe da Ferrería. Por que non lle damos un videoxogo e que se quede xogando na casa?
Critican á Xunta por non multar aos Franco por inpedir entrar na Casa
Cornide
-
Comisión da Memoria Histórica denuncia "pasividade" ante os Franco.
1 comentario:
...e non será que está afeita a outro tipo de enchufes????....
Publicar un comentario