IX ÉPOCA

13.5.10

Gayoso opina que hai que reducirlle o 20% aos funcionarios

Gayoso analiza la situación económica española a modo de aviso a navegantes: "Es pésima. Aunque no nos guste, si no queremos acabar como Grecia, habrá que reducir el 20% los salarios de los funcionarios".
El País Galicia recolle así as palabras de Gayoso ao Comité de Empresa dos "funcionarios" (sen oposición) de Caixanova.

Pola súa banda, o ex-auxiliar de contabilidad da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, comprométese a apretarse o cinto e botar máis esmola no cepillo en misa e conxelarse o seu soldo de 500.000 euros.
Pensionistas, médicos, profesores, mestres, bombeiros, enfermeiras, policías e administrativos vigueses que asisten entusiasmados ao trunfo de Vigo na súa loita coa Coruña, promoven que se dea o nome de El Chino a unha rúa viguesa.
Abel Caballero ri, e aínda non sabe en que tipo de farola investirá o diñeiro que se aforre nas nóminas dos funcionarios municipais. Seica se baixará o soldo e, a pesar de que non son funcionarios, conxelará o salario dos 14 amigos contratados a dedo que pacen e fanlle a ola na alcaldía.
O Comité de persoal do Concello de Vigo, aplaude, un tanto despistados.

E la nave va...

3 comentarios:

xos dixo...

Curioso, porque desde logo, este señor si que é funcionario, o que ten é unha praza fixa a proba de todo. ¿Vaise baixar el o 20%? ¿E canto pensa que gañan a maioría dos funcionarios? Será capaz de pensar que gañan coma el.
¿Por que temos que aturar a esta xente? ¿E Díaz Ferrán, hoxe recibido en Moncloa? Outro que tal baila.
As medidas difíciles e impopulares son mellor entendidas cando veñen acompañadas de xustiza social, pero esa parece a gran ausente agora.

voglio una donna dixo...

Gayoso, sencillamente...un desgraciado. Lo mejor de los tiempos de crisis es que a cada uno se le el plumero, y al pájaro éste, el primero.

Anónimo dixo...

Pois non sei de que se alegran en Vigolandia. A sede social é o único que é importante, porque é o único que non se pode modificar (hai que modificar estatutos via asamblearia, permiso da Xunta, etc), todo o demais vai e ven. Ainda mais, polo menos entanto non acabe o proceso de fusión haberá duas sedes administrativas en todo momento, e estamos a falar a 3 anos vista. Para entón Gayoso (esperemos) xa será historia, e xa verá onde van os despachitos (na Coruña propiamente, os da C.A.G. xa mudaron mesmo de concello varias veces).

A única leitura que hai nesta altura e que Gayosito, envolvido na bandeira do paifoquismo vigués, necesita mais tempo para tapar toda a merda que deixa, é dicir, os libros non están feitos como na caixa mafiosa do norte. A quen lle queden dúbidas, o prazo de prescripcións para delitos fiscais coincide co tempo que Gayosito pedia. Terá que arranxarse con 18 meses. Con certeza que é tempo sobrado para tapar as suas miserias, mais talvez non para tapar as dalguns dos seus beneficiados...

Igual o da farola do teu artigo acaba conseguindo o que leva tanto tempo buscando ("el que la sigue la consigue"): acabar na cadea. Gayosito e Méndez como o de CCM: aqui haxa paz e mais tarde gloria. Amén.