Hai que ter unha desvergonza raiana coa estupidez, ou considerarnos aos cidadáns como imbéciles redomados, para vendernos a moto de que motu proprio o alcalde e concelleiros con adicación exclusiva no Concello de Vigo, farán o xesto de rebaixarse o salario un 15%.
Claro! o alcalde e o teniente saben perfectamente que, sí ou si, verán rebaixado o soldo cando se publique o decreto do Goberno central polo que se recorta aos funcionarios públicos (eles son a efectos retributivos funcionarios, na súa condición de persoal electo nunha administración pública) unha MEDIA do 5% do seu salario, SEN QUE POIDA SER MAIOR 15%.
Evidentemente, cos xugosos salarios con cargo ao erario público que se concederon os nosos xenerosos munícipes, a eles tocaralles a maior porcentaxe de desconto, ou sexa, o 15% que agora, cun descaro de trileiro trapalleiro, nos venden como un sacrificio voluntario. Amos anda!
O que hai que aturar.
Sociolingüista sobre o caso da influencer Rebeca Stones: "Corrixir ou
criticar constantemente aos neofalantes pode desincentivar o uso do galego"
-
O testemuño viral da *influencer* viguesa Rebeca Stones, que admite sentir
vergoña por falar galego polas críticas recibidas nas redes, abre un debate
so...

2 comentarios:
75% en gastos de mantemento. XXXDDDD
Pues que le bajen el 30%
Publicar un comentario