IX ÉPOCA

15.9.09

Red Bull Air Race en Vigo, ¡compro!

Parece que Vigo acabará posicionándose no mundo. Non cabe dúbida de que xa está situada no mapa... Claro que no de compradores compulsivos de canto evento multimillonario circula por aí á espera dun pringao que morda o anzó. Á vista do currículum vigués non é de estranar que os vendedores, os seus intermediarios locais e proveedores de oportunidades varios, teñan permanentemente na sua axenda á corporación viguesa, sempre disposta a pagar a taxa que sexa -que ronda sempre entre 300.000 e un millón de euros/evento- a costa dos contribuíntes. Só a cambio de "publicitar" Vigo e lograr unha porrada de millóns indirectos para a cidade pola previsible asistencia de -sempre- dun minimo de un millón de visitantes e a cobertura de tódolos medios de comunicación do mundo mundial.
Nos últimos anos fumos mercando, sexa C- Porro, o tenente Domínguez ou o almirante Caballero, eventos variados, vendidos polos Marios Ubiaga e similares proveedores de oportunidades que circulan por aí, independentemente da cór politica que goberne na cidade. Algúns dos productos mercados e que nos colocaron no mapa para sempre e polos que Vigo é hoxe máis rico cá antes de celebralos: Campionatos do mundo de powerboat (levamos dous, un con Corina e outro con Santi), campianato do mundo de catamaráns, (impresionante) saida da Volvo Ocean Race, megaexposición de Igor Mitoraj, Cowparade, Festival aéreo mellor do mundo, exposición "Torres de la Alhambra", Universiada -casi!, Tall Ships Atlantic Challenge. e agora nada máis e nada menos que a Red Bull air race. Esta última promete outra vez millóns de persoas desprazadas dende todo o mundo para gastarse os seus cartos na nosa cidade mentres ven pasar avionetas facendo slalom polo medio duns flotadores.
Claro que o que non contan é que xustamente o 12 e 13 de setembro tivo lugar en Oporto, a hora e media de Vigo esta "competición". Cantos vigueses ou galegos o sabían?  cantos se desprazaron a Oporto para disfrutar deste evento mundial?. E se nono fixeron os vigueses e galegos que está a tiro de pedra, alguén cré que o se desprazaron a gastar tódolos seus aforros na cidade alguén que non fora de Oporto ou área metropolitana ou fora invitado expresamente pola organización?. Cantos se desprazaran á proba que terá lugar en outubro en Barcelona? Pode Vigo permitirse, como Oporto ou Barcelona, estes excesos?

Non quero nin pensar cantas bibliotecas, cantos albergues, cantas garderías infantís, cantos "puntos limpos" nin cantos quilómetros de tuberías de abastecemento e saneamento se poderían ter construído con todo ese diñeiro que pagamos directamente aos organizadores, e todo o diñeiro que pagamos indirectamente ás empresas amigas e demais intermediarios contratados -en xeral ilegalmente- para proxectar, publicitar e realizar supostos servizos imprescindibles para o éxito do evento?

Aínda que, de non sair o evento, sempre nos quedará dar pelotazos co eterno tema da reforma de Balaídos.

2 comentarios:

andres dixo...

A única que posicina a Vigo no mapa, vai ser a Fishing Exhibition e a saída da Vuelta, porque do resto nadiña

Anónimo dixo...

Lean la noticia del Faro de Vigo sobre la visita de Santi al estadio. Pero bueno, como se pueden hacer esas declaraciones, Santidominguez, se hace el nuevo en esto, todos los que vamos a Balaídos sabemos que está muy mal y el también lo sabe. Cuando él era concejal encargó una auditoría y nunca hizo nada, ahora lleva al pobre del Xabier Alonso que es nuevo en este asunto, para que tenga responsabilidad en esto, por si pasa algo, que puede pasar. En fin, tiempo al tiempo, veremos dentro de unos días a quien adjudican las obras. No me extrañaría nada que las adjudicaran a la empresa amiga. Y es que este Santi no da puntada sin hilo, por el bien del nacionalismo y del BNG que este señor se marche para su casa. Ya está bien.